galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A tradición oral e Sarmiento
Imos comezar preguntándonos por que o Padre Sarmiento, a luz dos Séculos Escuros, o Pai das Letras Galegas escribiu en Madrid en 1746 un libriño titulado Coloquio en 1200 coplas galegas ou dos 24 galegos rústicos?

Esta pregunta ten unha primeira e contudente resposta no que vén sendo o encabezamento que a dito traballo filolóxico realizou o frade bieito. Pero precisan estas razóns maiores puntualizacións que teñen que ver coa personalidade e as investigacións que sobre a lingua galega viña realizando o propio Martín Sarmiento.


Procuraremos primeiro respostas nun coñecemento máis preciso da situación na que vivían as nosas letras e a tradición en pleno século XVIII, para logo adentrarnos no mundo erudito deste ilustrado que se considera un adiantado a súa época e polo mesmo precursor e modelo para autores do XIX, dos do Rexurdimento, ese momento fundacional da Liteartura galega contemporánea e, en gran medida, da literatura que se realiza hoxe. Ese é o motivo de que teñamos que proseguir este traballo de investigación indagando na pegada do Coloquio nos séculos posteriores a Sarmiento, quen morreu en Madrid en 1775 sen ver editada esta obra.

A estrutura do traballo sería:

- A modo de introdución: Cal é o contexto no que se escribe este libro?

-Por que escribe Sarmiento este Coloquio das 1200 coplas?

-Que pegada tivo este libro en autores posteriores?
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 23-02-2012 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
o amor un tema universal
O primeiro gran tema das nosas cantigas, que foi e segue a ser tema central na produción de grandes poetas de onte e de hoxe, comezamos por percibir esta temática na tradición oral e veremos como evoluciona dende a Idade Media que xa coñecemos.

De Celso Emilio deixamos aquí esta adaptación musicla de Milladoiro coa voz de Ana Belén cantando en galego.


Comentarios (0) - Categoría: POR QUE ME SAE DE DENTRO - Publicado o 13-02-2012 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0