Para poder ir identificando os catro tipos de cantigas coas que imos traballar comecemos por escoitalas e ir fixándonos nas súas diferenzas:
ACTIVIDADES
Identifica cal das catro cantigas escoitadas se corresponde a cada un dos seguintes tipos de cantigas:
1-Cantiga de amor 2- cantiga de escarnio e maldicir, 3- cantiga de amigo, 4- cantiga de Santa María.
2- Para escoitar cantigas e distinguir as que son de amigo e de amor.
Despois de ler a introdución que o libro (páx.70-75) fai ao mundo medieval do Reino de Galicia toca ir adentrándonos na Lírica medieval. Ímolo facer complementando o que aparecerá tamén nas páxinas dedicadas ás Cantigas de Amigo (páx. 122-127) e de Amor (páx. 94-99) no libro da aula.
Comezamos con algo esencial á hora de achegarse e tamén de comentar cantigas:
Hoxe comeza a nosa particualr andaina pola nosa tradición oral. Comeza nunha data moi sinalada e vida na Galicia actual, pero que perde as súas raíces en tempos remotos. Trátase da relación de Galicia coa morte: Tempo de Defuntos.
O mes de novembro en Galicia é o mes de Defuntos e imos lembrar que a nosa situación xeográfica fixo de Galicia o país dos mortos
Para Saber máis podes e debes indagar nos seguintes enlaces que fomos traballando en cursos anteriores e que che servirán de memoria desta faceta sinalada da nosa tradición oral: