galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cuestionario sobre os traballos de galego
Como podemos denominar ás raíces da nosa lingua?

Cales son as linguas de substrato do galego?

Que é o indoeuropeo?

A que substrato pertencen as seguintes palabras:

amorodo, lama, beira, barranco, O Grove, bidueiro, Galego,laxe,tona

Que relación ten o latín coa lingua galega? Enumera dúas palabras que saibas deriven do latín.

Explica o superestrato do galego?

Saberías dúas ou tres palabras dos distintos superestratos do galego?

En que século nace o galego? Cando e a causa de que se desenvolve como lingua normalizada?

Cales son as causas políticas e sociais da decadencia do galego?

Como se denomina, despois do esplendor medieval, o período no que a tradición oral é o único soporte da nosa lingua? Durante canto tempo acontece isto?
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 25-10-2013 06:45
# Ligazón permanente a este artigo
Temporalización 2013-14
A temporalización prevista inicialmente para este curso de Lingua e literatura galegas de 1º de Bacharelato será a que segue:

A materia divídese en tres avaliacións seguindo o seguinte cadro para a súa distribución ( os temas do 1 ao 14,correspóndense en gran medida cos do libro de texto do presente curso):

GALEGO

1ª avaliación
LINGUA UNIDADES
0-1-5-6
LITERATURA
8-9-10-11

2ª avaliación
LINGUA UNIDADES
2-7
LITERATURA
12-13-14

3ª avaliación
LINGUA UNIDADES
3-4
LITERATURA
15-16*

* As Unidades 0,15 e 16 son complementarios que non están no libro de texto, relacionados co lema do curso do centro, coas Letras galegas e outro ao período do Rexurdimento e autores das lecturas.)

As propostas mínimas de lectura persoal fóra da aula e que se distribuirán ao longo do curso son:
¿Que me queres, amor? de Manuel Rivas. (Nadal)
A Praia dos afogados, Domingo Villar.(Maio)

Libros a traballar na aula :
Made in Galiza, Séchu Sende.
Poetízate, selección de poemas de Fran Alonso.


Pendente dunha posible dramatización dun texto teatral de autor galego como pode ser: Criaturas de Vidal Bolaño.

PRIMEIRO TRABALLO - EXPOSICIÓN ORAL EN GRUPO:

Dividimos a clase en 5 grupos (de 4 ou 5 compoñentes) que farán unha exposición oral na aula nas clases na semana do 14 ao 18 de outubro, todos sobre o mesmo tema e baseándose nunha presentación power point.
O tema será a Formación do Galego: con 4 ou 5 apartados:
- A Gallaecia prerromana e os substratos do galego.96-97
- A Romanización.98-99
- Os superestratos do galego.100-101
- O nacemento e esplendor do galego medieval. 120-121
- Causas da decadencia e dos Séculos Escuros.142-143

Ademais cada traballo presentará unha serie de preguntas sobre a exposición para realizar aos compañeiros/as a continuación da exposición.
Contidos: tirados do libro de texto páxinas indicadas máis arriba / na antiga web do Centro Historia do galego e outros libros de texto.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-10-2013 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
Unha experiencia coa tradución
O pasado día 26 de setembro era o día Europeo das Linguas e o día 30 foi o Día da Tradución. Este ano no que celebramos o 150 aniversario da publicación dun libro fundamental da Literatura galega moderna, Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, acaba de presentarse unha tradución deste libro ao ruso, toda unha boa nova para a nosa literatura que pode ser lida por milleiros e milleiros de lectores e lectoras que teñen como lingua nai o ruso.

A tradución é polo tanto unha recreación dunha obra, unha nova mirada sobre a obra orixinal. Xa de por si un texto literario ten varias interpretacións, é polisignificativo, pero coa tradución gaña fondura e novas lecturas, actualizacións do seu discurso.

Procuremos nós esa experiencia.
1- Como escribirías en correcto galego normativo as seguintes oracións que reproducimos en castelán?

"Recuerdo que te miró fijamente y se lo dijo de inmediato. No confíes más en esa amiga, te vendió en la primera ocasión. Más tarde cuando ibas por el sendero, la zarza te rompió la camisa. Había llovido, estaba empapada y ella rechazó tu ayuda. Aún así tenía tal mojadura que le recomendaron desnudarse y poner ropa seca. Supiste entonces que le había ocurrido. Siempre te lo habían advertido tus verdaderos amigos."

2- Moitos de vos non usades habitualmente o galego polo que se fai complicado escribir correctamente colocando como corresponde o pronome. Inténtao:
Colleu moi a modiño (o).
Pediu polas boas (a).
Desta forma ves mellor (as).
Axiña vou contar (os).
Recitaba con moito aquel (as).
Dixo el mesmo (o).

3-Coloca agora os nosos te ou che(o que corresponda), no lugar conveniente:

Xa estou cansa de ... dicir... que ese guindastre ... pode... esmagar... se ... pos... aí.
Seica ... dixo... o bispo que ... podías... retirar... cando ... parecese... mellor.
Como ... latexa... o corazón, non ... asustes..., que non é para tanto!
Non ... quixen... magoar..., perdoa.
Non fas máis que ... illar... dos compañeiros, tes que ... sentir... cómodo e ... deixar... levar... polo bo humor.
... vou... quentar... a auga para que ... poidas... bañar... axiña.


4- Traduce un texto que che guste especialmente e que non estea na nosa lingua. Observarás como se transforma e recrea nese proceso que denominamos tradución.

Por exemplo o comezo dunha das novelas máis coñecidas de Gabriel García Márquez, Crónica dunha morte anunciada:

"O día no que o ían matar, Santiago Nasar ergueuse ás 5:30 da mañá para esperar o buque en que chegaba o bispo. Soñara que atravesaba unha fraga de figueróns onde caía unha poalla tenra, e por un instante foi feliz no soño, pero ao espertar sentiuse por completo zarrapicado de cagada de paxaros..."
Comentarios (0) - Categoría: TRADUCIÓNS - Publicado o 03-10-2013 06:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0