Sobre a lírica galaico-portuguesa podemos procurar na rede verdadeiroas marabillas. Conformándonos co sinxelo e valioso deixamos aquí a ligazón a entrada na galipedia trobadorismo que vos permitirá repasar os conceptos que traballamos na clase e no libro de texto.
Na rede tamén podes consultar unha morea de textos das cantigas de amigo ou cantigas de amor.
Máis difícil é lograr datos de todos os xogreres dos que en moitos casos coñecemos os seus nomes e pouco máis, tan só os datos que se poden desprender das composicións conservadas e asinadas por eles.
As cantigas de Santa María, cantigas de carácter relixioso como ben sabedes son outro dos tesouros literarios e documentais da nosa lírica medieval.
As jarchas mozárabes parecen gardar certa relación coas nosas cantigas saberías atopala. Aquí deixamos este vídeo coa adaptacións actual deste tipo de cantigas femininas: