TRISTES GUERRAS é un poema do poeta andaluz Miguel Hernández de onde sacamos esta idea, o texto di:
Tristes guerras
si no es amor la empresa.
Tristes, tristes.
Tristes armas
si no son las palabras.
Tristes, tristes.
Tristes hombres
si no mueren de amores.
Tristes, tristes
Os sentimentos pola paz sonche ben antigos. Un dramaturgo grego exclamaba nunha das súas traxedias : Non hai ninguén tan estúpido que prefira as guerras á Paz e mesmo un poeta latino, Tibulo, na época das cruentas guerras civis na Roma Imperial comezaba un longo poema antibelicista interrogándose:
Quis fuit horrendos primus qui protuli enses?
Quam ferus et ver ferreus ille fuit!
Tum caedes hominum generi, tum proelia nata,
tum brevior dirae mortis aperta via est...
Que quere dicir:
Quen foi o primmeiro que empuñou as horrendas espadas? Qué fero e certamente férreo foi el!
Daquela naceron as batallas e as matanzas do xénero humano, daquela foi aberto un camiño máis curto cara a cruel morte...
Tamén os nosos poetas usan as palabras como armas para cantar á Paz. nos momentos en que a guerra de Vietnam abafaba ao mundo, un poeta galego, Celso Emilio asinaba este poema:
"Digo bomba de fósforo.
Apenas digo nada.
Digo lombriga e larva de carne podrecida.
Digo nenos de napal,
terror de noite e de selva,
fedor de cidade e cloaca.
Fame, suor, aldraxe,
pugas de aceiro, antropofaxia.
Digo guerra bestial,
tremos de terra, crime, lume, lava,
estoupido, verdugo
e mortandade en masa.
Digo Vietnam i está xa dito todo
cunha soa palabra.
Pra abranguer a vergonza do mundo,
digo Vietnam e basta."
Daquela tamén John Lenon compuña "Imagine",unha canción que estaba chamada a convertese nunha cantiga emblemática do movemento pacifista mundial:
Imaxina que non hai ceo
É fácil, se o intentas
Nin inferno debaixo de nós
por riba de nós, tan só o firmamento
Imaxina a toda a xente
Vivindo para o presente.
Imaxina que non hai países
Non é difícil de facer
Nada polo que matar ou morrer
Nin relixión tampouco
Imaxina a toda a xente
Vivindo a vida en paz
Imaxina que non houbera posesións
Pregúntome se poderías
Non habería avaricia nin fame
Unha irmandade de homes
Imaxina a toda a xente
Compartindo todo o mundo
Podes dicir que eu son un soñador
Pero non son o único
Agardo que algún día ti te unas a nós
E todo o mundo vivirá coma un só