galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comentario de Negra Sombra e dúas versións musicais do poema
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.


Follas novas (Do íntimo)

Este poema, "Negra Sombra" , converteuse nunha das máis emblemáticas cancións da música galega, porque o músico , Xoán Montés Capón (Lugo 1840-1899) uniu estas letras cun alalá recollido na Cruz do Incio. Foi presentado por primeira vez no Gran Teatro da Habana no ano 1892.




COMENTARIO
Seguindo algúns dos criterios de Ramón Gutiérrez Izquierdo no seu comentario ao poema de Rosalía no seu libro Lecturas de Nós (editado por Xerais no ano 2000) imos intentar dar algunhas pautas para comentar este texto.

LOCALIZACIÓN
No II apartado titulado "Do íntimo" do libro de Follas Novas, editado no ano 1880 por Rosalía de Castro, ano especialmente significativo para o asentamento da lingua galega como lingua literaria (lembremos que esta autoira é peza fundamental e unha das máis relevantes figuras do movemento denominado Rexurdimento)atopamos este coñecido poema.

TEMA
O asunto deste poema redúcese á constante presenza dunha sombra na vida dun eu que se dirixe ela, a un ti; trátase, pois, dun apóstrofe. É un dos poemas ao que máis diversas interpretacións se lle teñen dado ao ser a súa figura fundamental, a que lle dá título, a "negra sombra". Que agocha esta metáfora plurisignificativa dentro de si? Cal é o seu termo real? Imposible de concretar, así tamén o expresaba a autora mesma noutro dos seus poemas:
"...así as ideas
loucas que eu teño,
as imaxes de múltiples formas,
de estranas feituras, de cores incertos,
agora asombran,
agora acraran
o fondo sin fondo do meu pensamento."

Follas Novas (Vaguedás)

O tema é difícil de precisar, pero pola recorrencia temática dos poemas de Follas Novas nos que a dor existencial parece ser un fío condutor ou común, e tamén pola insistente angustia do ser que en repetidas ocasións abafa, mesmo aparece coma un cravo cravado no corazón de Rosalía, diríxennos cara este tipo de interpretacións abstractas e polivalentes,que aquí ademais está omnipresente, a omnipresencia da sombra onde caben diversas dores acumuladas unha a unha, sen orde de prioridade, sen excluír ningunha delas (Gutiérrez Izquierdo cita: "a escura figura do seu pai, unha frustración amorosa,un hipotético trauma sexual, a súa vivencia conflitiva da relixión, o sentimento de culpa, o temor á desgracia, a dor, a angustiada conciencia existencial, a lembranza do pasado, o agoiro da morte" é dicir, "as ideas loucas que non parecen diferenciarse das imaxes de múltiples formas... contraditorias de seu e fican inexorablemente veladas".)

ESTRUTURA
O poema presenta dúas partes ben diferenciadas. Por unha banda, as tres primeiras estrofas que van introducindo o tema conferíndolle intensidade a medida que avanza o poema e se reitera a súa aparición en todos os lugares ou situacións.
Pola outra, a cuarta estrofa que parece darlle un carácter conclusivo ante a imposibilidade de fuxir da sombra.
A gradación aparentemente sinxela agocha unha complexa trama onde aparecen ligados á sombra nun intento constante por definila e á vez fuxir dela que pasa dos ciclos cósmicos e naturais ata os sentimentos humanos.

LINGUAXE
Debemos comezar pola palabra sombra e o campo semántico da escuridade e, por contraste, o da luz que no poema aparece paradoxicamente, intimamente unido á permanente sombra. Destacamos aquí o epíteto "negra" que acompaña permanentemente a esa sombra que evocan o medo, o perigo, o misterio, a anguria, a ansiedade... que vai determinar ese ton de inquedanza de xeito categórico aínda que só apareza na cabeceira do poema para contaminar todo dun ton claramente negativo. O verbo "asombrar" no comezo e no derradeiro verso.

Outro campo semántico, o da omnipresencia, logrado pola confluencia de verbos de movemento contrarios ( fuches /tornas) e de estado, elementos metereolóxicos ademais dos insistentes pronomes (min), adverbios (nunca,sempre)e o indefinido contundente e reiterado "todo".

O intento reiterado e frustrado de evitar a sombra leva a Rosalía a botar man dun dos seus recursos máis usados, a antítese, "penso que te fuches/ tornas" ou en "maxino que es ida/ ...te me amostras" reforzado polo paradoxo de aparecer no mesmo sol unha sombra. Algo semellante ocorre máis abaixo coa noite e a auror e así vai cobrando máis intensidade e forza esta presenza canto máis luminoso sexa o obxecto que paradoxicamente nomea a autora.

(continuará)



Comentarios (5) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 28-05-2010 07:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Parabéns polo comentario. Paréceme claro, conciso e ameno. Mágoa que puxeras a versión de Luz Casal. Penso que a peza de Montes#blgtk08# é demasiado grande para ela. Por non falar do seu acento "sobreactuado",propio de quen non ten o galego como lingua habitual.
Comentario por Folieiro (28-05-2010 10:55)
2 Parabéns polo coment#blgtk08#ario. Paréceme claro
Comentario por mbt zapatos hombre (02-09-2013 09:23)
3 http://www.coachstoreonline.com/ coach store online
http://www.coachoutletstoreonline2014.com/ coach outlet store online
http://www.coachfactoryoutlet2014.com/ coach factory outlet
http://www.coachhandbagsnew2013.com/ coach handbags outlet
http://www.michaelkorsoutlet-store.com/ michael kors outlet
http://www.louisvuittonblackfridaybags.com/ louis vuitton black friday
http://www.louisvuittonhandbagsnew2013.com/ louis vuitton handbags new 2013
http://www.chan-luu-inc.com/ chan luu
http://www.marcjacobsmarc.com/ marc jacobs handbags
http://www.marcby-marcjacobs.com/ marc by marc jacobs
http://www.marcjaco#blgtk08#bsoutletstore.com/ marc jacobs outlet
http://www.marcjacobsbagsshops.com/ marc jacobs bags
http://www.marcbymarcjacobsinc.com/ marc by marc jacobs
http://www.marcjacobsinc.com/ marc by marc jacobs bags
http://www.marcbymarcjacobs.org/ marc by marc jacobs
http://www.michaelkorshandbagsnew2013.com/ michael kors handbags new 2013
http://www.sportfanatics.org/ cheap jerseys
http://www.giuseppe-zanottifrance.com/ giuseppe zanotti
http://www.sugarsit.com/ coach outlet
http://azscitechfest.asu.edu/prada-outlet-australia prada outlet
https://sites.google.com/site/marcjacobsoutletshop/ marc jacobs outlet
Comentario por coach factory outlet (05-12-2013 08:27)
4 http://www.coachoutletstoreonlinebo.com/ coach outlet
http://www.outletsonlinemall.com/ coach outlet
http://www.louisvuittonoutletbo.com/ louis vuitton
http://www.louisvuittonpursebag.com/ louis vuitton purses
http://www.truereligionjeansoutletbo.com/ true religion outlet
http://www.truereligionoutletfactory.com/ true religion outlet
http://www.burberryoutletstoresbo.com/ burberry outlet
http://www.burberryoutletonlineb.com/ burberry outlet
http://www.toryburchoutlet-shoes.com/ tory burch outlet
http://www.oakleyvault-sunglasses.com/ cheap oakley
http://www.christianlouboutinstore2013.com/ louboutin outlet
http://www.scarpehoganoutlet.net/ hogan sito ufficiale
http://www.ralphlauren-pascher-france.com/ polo ralph lauren
http://www.saclon#blgtk08#gchampsoldespascher.com/ longchamp pas cher
http://www.beatsbydrdre-headphones.com/ beats by dre
http://www.hoganshoesoutletsale.co.uk/ hogan
http://www.montblancpensoutlet.co.uk/ mont blanc pens
http://www.louisvuittonborse-sitoufficiale.com/ louis vuitton
http://goo.gl/NR5jpG canada goose
http://doudounemoncler.ueuo.com/ canada goose
http://goo.gl/pC0qFm moncler
http://canadagooseoutlets.freetzi.com/ moncler
http://goo.gl/Eo2lTR Canada Goose Outlet
http://canadagooseoutlets.freetzi.com/ Canada Goose Outlet
http://www.scripturegroup.net/new.asp moncler outlet online
http://www.phonepc.fr/Global.asp air max pas cher
http://www.rints.com/aspnet_clients/index.asp?ID=42 Louboutin outlet
http://www.kubind.com/sinquirys.asp Ugg outlet
Comentario por coach outlet (17-12-2013 04:30)
5 Not all foods react the same Percy Harvin Jersey with all Nike Jerseys. The most popular one is one of Tony Gonzalez Jersey him bare chested. More than the artist, the rhythm, the underlying message of the Nike Jerseys or the genre, the thing that affects Tom Brady Jersey your workout the most is the tempo.
Our financial fitness is even more closely tied to our sense of well-being. The neutral point wher#blgtk08#e the body functions at its best is a pH of 7. Their Tokyo Shock and Shriek Show BD releases have been a continued disappointment.
Nike Jerseys http://www.fansfootballshop.com/
Adrian Peterson Jersey http://www.fansfootballshop.com/TOP-Player-Jerseys/Adrian-Peterson-Jersey_c-1122.html
Peyton Manning Jersey http://www.fansfootballshop.com/TOP-Player-Jerseys/Peyton-Manning-Jersey_c-1124.html
Comentario por Discount Nike Jerseys (16-03-2014 05:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0