galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A miña Rosalía
Trátase dunha proposta de traballo persoal de coñecemento, estudo, lectura, análise e comentario da vida e da obra de Rosalía de Castro. Procurando saber que me transmite a min Rosalía.O carácter persoal debe quedar patente na totalidade do traballo porque o obxectivo é realizar un achegamento propio á figura de Rosalía como alumno/a de bacharelato no que se inclúa un coñecemento dos datos máis relevantes da biografía, afondando no posible naqueles aspectos que máis nos chamen á atención. Descubrir como era en realidade Rosalía resulta por veces complexo porque non deixa de ser un mito, podemos caer na mitificación ou nos erros que se teñen sinalado recentemente sobre as diversas visións da autora segundo a época. Por exemplo, a deformación da súa ideoloxía, mesmo do carácter de Rosalía e das súas intencións poéticas que se intentaba trasladar durante o Franquismo nos libros de textos e publicacións realizadas resulta hoxe en día algo bastante evidente. Pero non deixa de haber diversos enfoques á hora de xulgar unha vida e unha obra que nunca poderán cinguirse a unha lectura única, e aínda que se dean comentarios dos seus estudosos unánimes acerca de diversos aspectos da unha ou da outra, Rosalía segue sorprendéndonos polo vigor e relecturas que é capaz de provocar con cada tempo. Unha boa mostra do que dicimos é o número considerable de publicacións, investigacións e comentarios que xerou a recente celebración do 150 aniversario da edición dos Cantares gallegos.

O traballo deberá conter os seguintes apartados:

Título que reflicta e transmita esa nosa visión persoal do mundo rosaliano.

A miña reflexión sobre a vida de Rosalía, o seu carácter e ideoloxía: conceptos que deben aparecer serán ademais dos espazos e as persoas que deixaron a súa pegada na autora ( a súa nai o seu pai, a súa tía paterna, Padrón, Compostela, Aurelio Aguirre, Pondal, Murguía, os fillos de Rosalía ... tradición, oralidade, independencia, feminismo, saudade, visión de Galicia e dos galegos, da nosa lingua...

Hai aspectos que tamén deberían aparecer de xeito ineludible, antes ou despois da nosa reflexión tras ler os dous prólogos o dos Cantares e o de Follas Novas. A partir deles tocaremos a relación de Rosalía coa literatura e/ou coas mulleres literatas. Unha reflexión sobre a orixinalidade ou peculiaridade do seu discurso literario tendo en conta o contexto no que se produce e os distintos traballos e visións que a crítica literaria veu realizando sobre estas obras.

Outro elemento esencial do traballo é a lectura e selección de poemas a recomendar co seu imprescindible comentario a modo de xustificación da elección feita. Os 10 poemas de Cantares que eu escollería, os 10 de Follas novas e un par de comentarios en profundidade de dous deses poemas seleccionados. A selección debe cumprir varios requisitos, incluír temáticas variadas,as máis representativas dos dous libros e encher as espectativas propias que cada quen procure no seu traballo.

Que dirías da prosa de Rosalía?

Finalmente, unha síntese da visión que tiñamos e da temos de Rosalía ao concluír o traballo.

Prazo de entrega en formato dixital ou papel: 7 de maio.

Recomendamos a visualización dun documental sobre Rosalía e a consulta dalgún dos seguintes libros ou enlaces:

- Rosalía de Castro: Cantares Gallegos Edición de Anxo Angueira (Xerais)2013.
- Cantares gallegos, hoxe: Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro de Pilar García Negro (Alvarellos, 2013)

- Cartas de Rosalía online

- Fundación Rosalía

- Manuscritos inéditos de Rosalía
Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 10-04-2014 06:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0