galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

COMENTARIO DA CANTIGA DE MEENDINHO
Seríam?eu na ermida de San Simión
e cercáronmi as ondas que grandes son.
Eu atendendo meu amigo,
eu atendendo meu amigo.

Estando na ermida, ant´o altar
e cercáronmi as ondas grandes do mar.
Eu atendendo meu amigo,
eu atendendo meu amigo.

E cercáronmi as ondas que grandes son,
nen ei i barqueiro nen remador.
Eu atendendo meu amigo,
eu atendendo meu amigo.

E cercáronmi as undas do alto mar,
non ei i barqueiro nen sei remar.
Eu atendendo meu amigo,
eu atendendo meu amigo.

Non ei i barqueiro nen remador,
morrerei eu, fremosa, no mar maior.
Eu atendendo meu amigo,
eu atendendo meu amigo.


Nen ei i barqueiro nen sei remar
e morrerei eu, fremosa, no alto mar.
Eu atendendo meu amigo,
eu atendendo meu amigo.

Meendinho (B 852; V 438)

Notas:
Sería : estaría. i: aquí.
Atendendo: esperando alto mar: mar axitado
ei: teño.
O refrán pode presentar noutras versións a interrogante ? e verrá?: e virá

Escoitar a versión musical de Amancio Prada

LOCALIZACIÓN: Esta cantiga que aparece con frecuencia nas antoloxías de lírica medieval europea está composta contra o século XIII-XI e é a única que se nos conserva do seu autor, do que non sabemos máis nada que o seu nome. Trátase dun xograr, ao non asinar co apelido, un diminutivo do nome Mendo, tan estendido na época.
A cantiga pertence ao xénero das cantigas de amigo trata dunha muller na ausencia do seu amigo, e polas referencias ao mar é sen dúbida unha ?mariña ou barcarola? aínda que tamén pode encadrarse no conxunto de cantigas denominadas de ?romaría? pola referencia ao San Simión que podemos identificar coa illa que hoxe leva o nome deste santo.



Comentarios (4) - Categoría: LÍRICA MEDIEVAL - Publicado o 01-02-2009 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
INDICACIÓNS PREVIAS AOS COMENTARIOS DAS CANTIGAS
O tradicional e o trobadoresco na lírica medieval galego-portuguesa En Galicia, o reino medieval máis vello de Europa, temos moitos indicios da existencia dende vello dunha tradición oral popular que crearía cantigas entre elas un tipo de canción feminina de temática amorosa, interpretada polas mesmas mulleres, tradición que, en boa medida, persistiu ata os nosos días a través das cantadeiras.
Pero a literatura escrita en galego-portugués non comezará ata o século XIII coa chegada da moda do Lirismo Provenzal a nosa terra grazas ao Camiño de Santiago que fixo chegar a Compostela en peregrinación cos nobres occitanos as ideas do amor cortés ou trobadorismo e as súas formas.
Deste encontro entre a canción feminina tradicional e a lírica trobadoresca da Provenza comezan a escribirse as nosas cantigas en galego-portugués por autores galegos que tomando como modelos a lírica tradicional oral autóctona e o trobadorismo crearán os xéneros que hoxe coñecemos das cantigas de amigo, as de amor e as de escarnio e maldicir. Este vai ser neste curso un dos obxectivos principais ao estudalas: deberemos distinguir elementos tradicionais, ou autóctonos, dos trobadorescos, ou provenzais.

A chegada do lirismo Provenzal e a moda do ?amor cortés?:
A teoría do amor cortés chegada a Compostela dende Occitania e Provenza (terras que hoxe son Francia) supón unha concepción platónica do amor que naceu no século XI cos seguintes trazos:

-Total submisión do namorado á dama( de aí que se lle chame ?señor? á namorada).
- A amada sempre está distante e é admirada pola súa perfección física e moral (velida e fremosa)
- A distancia da namorada provoca a coita/ cuita de amor (a queixa, a dor do namorado).
-Os namorados nobres para poderen comunicarse pasan por varias etapas, dada a inaccesibilidade da namorada (frecuentemente é un amor adúltero). A primeira é de suspirante (fenhedor na que non ten contacto coa namorada, pero a desexa ver) unha segunda suplicante (precador) naque o contacto existe, pode falar con ela para expoñer o seu amor e unha terceira e que case nunca se dá na lírica galego-portuguesa a de entendedor e drut que son etapas de éxito nos que a namorada corresponde ao amor.

O xénero das CANTIGAS DE AMIGO: subtipos e distinción tradicional/trobadoresco:

As cantigas de amigo máis fieis á tradición da canción feminina empregan cobra(estrofa) de dous versos pareados máis un refrán e seguen un paralelismo perfecto, mesmo o leixaprén. O espazo é sumamente importante. Escenas da vida rural na fonte, no río , ante o mar, na romaría ou bailando coas amigas. Expresan ou ledicia polo encontro co amigo ou pena pola ausencia deste. A paisaxe está sempre inzada de simbolismo.

Un segundo tipo de cantigas que respecta o paralelismo, lévanos a ambientes domésticos: a namorada falando coa nai ou as amigas, achegándose a expresar con maior profundidade os estados psicolóxicos da namorada.

Un terceiro grupo será o que se incorpora plenamente á estética trobadoresca, sentimentos da muller que responden ao amor cortés, poden perder o refrán, mesmo a estrutura paralelística. Estes modelos son máis urbanos e/ou do medio cortesán que os rurais. Uns e outros elementos poden e adoitan aparecer mesturados nunha mesma cantiga.

A continuación podedes escoitar, Leliadoura, un exemplo destas cantigas máis influenciadas polo amor cortés na versión moderna de Amancio Prada dunha camtiga de Pero Eanes Solaz, na que unha namorada velida, é dicir "fermosa" non é capaz de durmir na espera do seu amado:


Comentarios (0) - Categoría: LÍRICA MEDIEVAL - Publicado o 05-12-2008 06:27
# Ligazón permanente a este artigo
Comezamos
Este curso imos entrar de cheo ao mundo das cantigas medievais e para empezar e situarmos imos escoitar algunha de Martín Códax:



Se vos gustou aquí hai outra do mesmo autor:



Máis abaixo ofrecemos un enlace para saber máis e escoitar máis obras de Martín Códax este gran autor galego do século XIII.
PARA SABER MÁIS DE MARTÍN CÓDAX
Comentarios (0) - Categoría: LÍRICA MEDIEVAL - Publicado o 25-11-2008 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
Lírica medieval para escoitar
Os textos líricos coa súa música orixinal que se nos conservan son as cantigas de Martín Códax:




Outro exemplo tamén de Martín Códax:


Unha versión moderna da cantiga de amigo Leliadoura, de Pero Eanes na versión do cantautor Amancio Prada:
Comentarios (0) - Categoría: LÍRICA MEDIEVAL - Publicado o 17-03-2008 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0