Numerosos sectores da música galega consideran que estamos unha época de recesión ou de crise. As ventas baixan, os concertos teñen máis éxito fora da nosa terra que nela, as axudas da administración non chegan para manter a un número tan numeroso de músicos que teñen que viaxar ao estranxeiro para enches salas?
Todo isto contrasta cos datos que din que o número de alumnos das escolas tradicionais suman uns 20.000, as escolas superan as 700, as súas actividades as mil etc. A isto súmase o feito de que a calidades aumentou considerablemente ao longo dos últimos anos, a oferta é maior e a facilidade para acceder ao público a través de internet ou da televisión é moi alta .
Mirando o tema desde o punto de vista optimista decidín facer un traballo que mostrase a gran cantidade de grupos que fan música en galega, en galego, con músicos galegos ou simplemente música producida en Galicia. Tamén paréceme importante destacar o auxe que ten a galega dentro do estudio musical, parece que xa non é incompatible a música tradicional (en calquera das súas especialidades) co ensino a nivel superior.
Dous son os conservatorios que ofrecen a posibilidade de estudar música tradicional en Galicia. Estes son ?O Conservatorio de Música Tradicional e Folque? de Lalín, e a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.
A ESCOLA DE ARTES E OFICIOS DE VIGO fundouse no ano 1885. Nunha primeira etapa funcionaba como escola para os sectores máis desfavorecidos da cidade olívica (mulleres, obreiros?). Incorporaba no seu programa actividades tan variadas como as relacionadas co téxtil, co tallado de madeira, o ensino de idiomas etc.
A partir dos anos setenta experimentou un cambio considerable debido á reforma das instalación e a introdución de novas actividades. Foi nesta época cando se introduciu a gaita como unha das materias principais da Universidade Popular, como tamén era coñecida. O impulso definitivo á música tradicional realizouse no ano 1996. Neste ano comeza a súa andaina no Conservatorio de Música Tradicional. Era un centro pioneiro que engadía nocións teóricas e históricas ao ensino de multitude de instrumentos. A súa labor sería un exemplo a seguir para outros organismos como o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.
O conservatorio incluíu tamén no seu programa os obradoiros de construción de instrumentos tradicionais e antigos, aos que se incorporaron anos despois outros da música moderna, que amosaban o traballo que se podía realizar coas computadoras ou os estudos de gravación .
Despois de estar varios anos pechada por mor das obras, a Escola volveu a abrir as portas aos seus alumnos no ano 2002.
O CONSERVATORIO DE MÚSICA TRADICIONAL E FOLQUE (CMTF) naceu en Lalín fai oito anos. O seu principal obxectivo era o de promover a normalización na aprendizaxe da música do noso país e cubrir o baleiro que sufría a produción e a divulgación cultural no mundo da música galega. Ë evidente que despois de case vinte anos da aparición da chamada música folk era necesario unha institución coma esta en Galicia.
O CMTF ofrece a posibilidade de estudar as seguintes materias: gaita, zanfona, acordeón diatónico, requinta e frautas traveseiras, percusión, violín, sección de cordas, baile galego, composición e improvisación por ordenador, traballo escénico, canto, teoría e método da música tradicional e linguaxe musical. Estas actividades complétanse con varios seminarios ao ano, cursos de construción de instrumentos, cursos de verán?
CAMBIOS PRODUCIDOS NA MÚSICA TRADICIONAL A NIVEL INSTRUMENTAL:
A diferenciación entre a música folk e a música tradicional atópase en gran medida no tipo de instrumentos utilizados por unas formacións e por outras. Así, mentres as agrupacións tradicionais están formadas por gaitas, tambores de pel, pandeiretas, cunchas e pouco máis, os grupos folk incorporan instrumentos de orixe irlandesa (bodhram), grega ( bouzouki), sudamericana ( ocarina) etc. Tamén se incorporaron instrumentos que sempre se estudaron nos conservatorios como son o violín, o arpa, o piano, guitarra, clarinete, saxofón? e outros que se incorporaron a estes trala creación dos conservatorios de música tradicional, como por exemplo, a zanfona, de orixe medieval.
Para coñecer mellor estes novos elementos da nosa música, esta é a historia de algún dos instrumentos xa nomeados:
? Bodhram: o bodhram é un tambor de marco irlandés. O diámetro do marco e a súa profundidade poden variar. A un lado do marco atópase o parche (ou membrana) tensado e enganchado ao marco. A membrana era tradicionalmente de pel de cabra, aínda que actualmente é habitual encontralas de peles de outros animais como o canguro ou incluso de materiais sintéticos como o klevar . O outro lado do marco queda aberto. Unha ou dous barras cruzadas no interior do marco fortalecen a súa estrutura.
Habitualmente tócase sentado. Unha man suxeita o tambor e a outra tócao utilizando unha peza de madeira que se coñece co nome de baqueta.
O bodhram gañou popularidade dentro do mundo da música celta, especialmente en Bretaña, Escocia, Galicia, Asturias, Cantabria e Terranova.
Grupos de folk tan importantes como Milladoiro ou Lúar na Lubre utilizan este instrumento na nos aterra.
? Bouzouki: o bouzouki ten catro cordas dobres metálicas, o mastro longo e delgado e a caixa de resonancia en forma de pera. A miudo está exquisitamente decorado con incrustacións de nácar e outros materiais relucentes, feito que demostra a súa ascendencia oriental.
A pesar do tempo que pasou desde a súa creación, este instrumento cambiou moi pouco. Probablemente, o cambio máis importante é que pasou de tres cordas dobres a ter catro.
Este instrumento utilízase en estilos de música de todas as clases. O ámbito no que mellor se desenvolve é no rock progresivo con tendencias folk.
? Ocarina: a orixe da ocarina remóntase a América Prehispánica, os quechuas e os aimaras utilizaban este instrumento musical, acompañados de quenas, zanfonas e outros instrumentos. A súa fabricación é difícil xa que é de greda e oca no seu interior. Existen diversos tamaños pero ningún é máis grande que as mans.
Xunto a estes instrumentos que contribuíron a modificar e, quizais, a enriquecela tamén, non hai que pasar por alto a influencia das novas tecnoloxías na música. Poucos son os grupos que hoxe en día non utilizan unha computadora para retocar as súas composicións. Ademais, o papel desempeñado por internet na difusión da música tradicional é cada vez máis importante.
ALGUNHAS AGRUPACIÓNS:
SonDeSeu nace dunha experiencia musical e didáctica realizada no Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes de Vigo a partir do curso 2001-2002. Alumnos e profesores forman a primeira orquestra folk de Galicia. Un total de 35 músicos recrean repertorio tradicional e de nova composición dende un espírito aberto, un timbre fundamentalmente acústico, instrumentos construídos na súa maioría no propio país por artesáns mesmo pertencentes á propia orquestra e arranxos contemporáneos na liña do xa clásico folk galego producidos en exclusiva para a formación polos profesores das aulas do conservatorio, todos eles con longa traxectoria no estilo. A coidada presenza escénica constitúe de por si un espectáculo orixinal e vistoso. O son, potente e cheo de enerxía, transmite ó publico mensaxes de ledicia e harmonía, como xa o puxeron a proba nos concertos que veñen dando en Galicia.
Milladoiro naceu a finais da década de 1970 da unión da formación tradicional ? Faíscas do Xiabre? cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní.
O seu primeiro concerto foi a 15 de maio de 1979 de colexio Salesianos de A Coruña. A súa versatilidade, demostrada non só nos seus traballos grupo, senón noutras produción e colaboracións, serviulles para gañar o Goya en 1986 pola banda sonora orixinal da película ? La mitad del cielo?.
Sen dúbida, Milladoiro é un dos mellores representantes da cultura galega polo mundo adiante.
Lúar la lubre é, hoxe por hoxe, unha das formacións máis importantes de folk na Galiza e quizás a máis internacional cun amplo historial de concertos e recoñecementos tras de si. A súa sona traspasou fronteiras sendo solicitados desde todos os puntos do planeta para tocar nos máis prestixiosos festivais e recintos. Desde os seus primeiros traballos obtiveron distintos premios, boas críticas, actuacións nos mellores escenarios e dous discos de ouro que conforman esta longa historia que podedes pasar a coñecer?
Berrogüetto é un grupo de folk galego fundado na década dos 90. Os seus compoñentes proviñan, en gran parte, de desaparecido grupo Matto Congrio, no que militaba tamén o gaiteiro de Carlos Nuñez. O seu primeiro disco, Navicularia, supuxo unha revolución dentro do panorama folk por mor do seu innovador estilo onde as melodías tradicionais tratadas cunha gran frescura, achegando interesantes harmonizacións modais e contrapuntos. A partir de ese momento, cada un dos seus discos supuxo un novo avance na súa forma de comprender e interpretar a música tradicional.
Treixadura. Este grupo foi fundado por catro gaiteiros de Redondela no ano 1990.
Estes gaiteiros foron Antón e Xan López, que proviñan dun grupo de gaiteiros chamado PASENIÑO, e Xaquín Xesteira e Xabier Martínez, que remataban unha etapa na Banda de Gaitas de Vilanova de Arousa.
Xuntos fundaron o grupo que, máis tarde, chamarían TREIXADURA GAITEIROS. No ano 91 sumouse a esta idea Ramón Vázquez ("o Chirlo) do grupo OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA.
Logo de dous anos nos que se perfilou a liña a seguir, decidiron presentarse ó público o 30 de Xuño de 1992, nun concerto celebrado no seu lugar de ensaio, o mesmo muíño que os viu nacer como agrupación. Dende entón, o grupo foi rodando por diferentes vilas e cidades de Galicia e España, en todo tipo de eventos musicais ou culturais, fundindo voces, gaitas e percusións nunha variada gama de ritmos para, así, contribuír a manter las melodías coas que, ó longo de tanto tempo, os nosos gaiteiros animaron festas e romarías.
No ano 1995, Paulo Nogueira substituíu a Xabier Martínez e, un ano máis tarde, Treixadura, entra no mercado discográfico cun cd titulado ?Obrigado?, un traballo de recoñecemento ao labor feito polo antigo grupo de gaiteiros.
En 1998, Ramón Vázquez decidiu abandonar o grupo para dedicarse profesionalmente á construción de gaita e instrumentos de percusión galega. Deixou un baleiro que o grupo encheu coa chegada do acordeonista César Longa.
Deste xeito quedou configurada a actual formación de TREIXADURA GAITEIROS.
SonDeSeu foi a revelación do Festival de Ortigueira na súa 25 edición. Agora presentan a súa primeira creación discográfica "Mar de Vigo", editada en España por Boa Records.
Estes son só algún dos grupos que trunfan ou triunfaron nalgún momento en Galicia. Existen outros como Quempallou, Os cempés, Leilía?
Importantes tamén son os gaiteiros solistas: Carlos Nuñez, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Cristina Pato? que contribúen a difundir a nosa cultura por todos os lugares do mundo.
CRISE?
Numerosos comentarios sobre a situación actual do folk galego fan referencia a un estancamento ou perda progresiva da importancia deste dentro do propio país. Este descendo na produción e no número de concertos que se celebran cada ano non está relacionada nin por asomo co descenso da calidade.
Cada vez existen máis escolas e o número de alumnos matriculados nelas duplicouse. Xunto ao aumento no número de alumnos, tamén aumentaron os grupos que se dedican a este tipo de música e a creatividade aumenta co paso dos anos. Os nosos grupos espállanse e trunfan en países de todo o mundo pero perden progresivamente a súa importancia dentro de Galicia.
Membros dos distintos grupos galegos destacan entre as causas de esta crise a falta de costume que ten a xente do noso país a pagar polos concertos de este tipo de música. Desde a súa aparición, este tipo de música estivo sempre subvencionada pola administración, polo que nunca se tivo que pagar por ela. Na actualidades, debido ao aumento do número de grupos esta financiamento vén sendo imposible.
Outra causa é a estacionamento dos concertos. Estes grupos actúan sempre nos festivais e festas de verán, pero non existen salas nas que poder realizar concertos durante todas as épocas do ano.
Ante as perspectivas de futuro as opinión son moi diferentes. Por unha banda, Moitos dos artistas teñen pouca confianza nunha posible recuperación. Consideran que a actitude da xente ante os grupos autóctonos non vai cambiar e o mercado está tocando fondo. Pola outra, outros músicos son optimistas. Pensan que ese interese por recuperar a tradición terá a súa recompensa dentro de pouco tempo.