galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

RECOMENDACIÓNS DAS AREAS ÁS LETRAS
Como o verán comeza e as areas son visita obrigada imos recomendar un par de lecturas para que as letras poidan ser compañeiras ben dun solpor ou de noites longas, que realmente son as máis breves do ano ou de mañás calorosas e ditosas.

As lecturas que vos propoñemos son de dúas autoras interesantes, son dúas novelas:
- Corazón de Xúpiter de Marilar Aleixandre.



- Ollos de auga de Domingos Villar, coa que iniciou unha saga de moita sona.



Para rematar unha recomendación complementaria: non deixedes de procurara asistir a varaiada oferta musical en galego que ao longo do verán se vai a producir en vilas e cidades, festivais e actividades culturais.

Boa lectura e bo verán !

Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 27-06-2023 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
BELEZA VERMELLA de ARANTZA PORTABALES

Arantza preséntanos a súa novela Beleza Vermella en Nós TV


Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 18-04-2023 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
Nova lectura: SENLLEIRAS de Antía Yáñez

Un libro para esta segunda avaliación que de novo vai servir para activar a nosa reflexión sobre temas de actualidade e sobre o feito de escribir porque esperamso mesmo poder contar coa autora nas nosas aulas tras da lectura.

Imos coa presentación tirando dunha entrevista na TVG á Antía nos minutos 16 ao 23.

Unha alumna doutro centro anímanos a ler o texto:
Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 01-02-2023 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
O CEMITERIO DE BARCOS: LECTURA DO PRIMEIRO TRIMESTRE 22/23

A presentación do libro pola boca do autor

Unha entrevista co autor Francisco Castro falando da presentación do seu libro

PRAZO PARA A LECTURA: 16 de xaneiro , día no que realizaremos unha proba escrita sobre o libro lido.
Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 04-12-2022 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA RECOMENDACIÓN: INDIGNÁDEVOS
Trátase dun libro moi interesante e moi lido entre a xuventude europea,( dous millóns de copias vendidas en Francia) que acaba de aparecer na súa tradución en galego de Fernando Moreiras,e que ten un bo prólogo do escritor coruñés Manuel Rivas. Un libro para ler estas vacacións.

Algúns comentarios:


"Un manifesto contra a indiferenza e o arsénico nas palabras, unha auténtica rebelión pacífica a favor da dignidade do ser humano"

"Un libro adsequible e útil para coñecer mellor a nosa realidade, para rachar coa indiferenza, unha conquista do poder das palabras".

"Hessel ten 93 anos, pero é un mozo na súa forma de pensar e escribir"

?A indignación medrou en min dende fai uns meses e trato de devorar libros; é o único que me acouga. Coñecendo o fenomeno francés, tan pronto chegou ás librarías fun a polo meu exemplar: non se escatima nin en cultura, nin en arte (aprendino da miña muller). Xa sabía o que mercaba: 17 follas de pensamento condensado no que a pasividade é o inimigo letal da sociedade; e a Declaracion Universal de Dereitos Humanos, unha victoria no ano 1948, que xa queda moi lonxe? Que xa quedou, como ben di Manuel Rivas, en palabras que son follas mortas. Temos a obriga de indignarnos e de loitar de forma pacífica para que todos academos eses dereitos universais?.

"A versión castelá prologouna José Luís Sampedro, e a galega Manuel Rivas. Pois ben, o atractivo é que tal chamamento vén da palabra dun intelectual de 93 anos que participou como redactor da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, alá por finais dos anos corenta".

Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 15-04-2011 06:25
# Ligazón permanente a este artigo
A praia dos afogados
Esta nova lectura para realizar na casa, con tranquilidade e para saborear unha novela con intriga e humor, foi a escollida para esta segunda avaliación, pero a proba de lectura será inmediatamente despois de Semana Santa 29 de abril.

A praia dos afogados é do autor galego Domingo Villar, é o segundo libro dunha serie policíaca que comezou con "Ollos de auga". De novo Leo Caldas, o inspector sagaz creado por este autor vigués, na contorna de Vigo solventará un caso de moi difícil resolución. Coñeceremos ao seu axudante aragonés, tan alto como inxenuo e sobre todo viviremos intrigados durante a súa lectura preguntándonos por se será ou non un asasinato e a quen se lle pode inculpar tal feito.
Comentarios (1) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 18-03-2011 06:50
# Ligazón permanente a este artigo
CUESTIONARIO PREVIO SOBRE UN TIPO LISTO
Decidímos colgar aquí unha serie de cuestións previas á lectura do libro de Xosé Monteagudo, UN TIPO LISTO coa finaliade de ir creando ambiente.

Ademais das 5 preguntas que cada lector debe facernos chegar antes do ENCONTRO CO AUTOR, sería importante que cada un fose reflexionando sobre os distintos elementos narrativos que toda novela ten e que nesta presenta peculiaridades a ter en conta como punto de arranque a todo comentario que se faga sobre a lectura.

Sabes cal é voz narradora escollida polo autor? Cres que cobra gran importancia a medida que vai avanzando a acción da novela?

Hai un considerable número de personaxes e nas súas interrelacións debemos establecer rangos ou categorías, e aínda que moitos son secundarios hai máis de 16 dos que se ten que saber ben o rol que xogan na trama. Procura facer unha listaxe cos seus nomes e algunha característica que os identifique( oficio, ideoloxía, etc...)

Son tamén múltiples os espazos da novela: Realiza outra listaxe dos diversos lugares que aparecen na novela.

Un dos recursos referidos ao tempo que usa o autor con especial interese é a retrospección, procura lembrar as máis significativas das que van a parecendo na lectura.

Segundo vaias lendo ou despois de ler o libro repara nos valores que quere transmitir o autor. Que che di esta historia dun "tipo listo"?
Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 10-05-2010 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
MADE IN GALIZA e A SOCIOLINGÜÍSTICA
Imos poñer en marcha para rematar o curso un obradoiro sobre sociolingüística. A situación do galego hoxe como a vive cada quen e que é o que me sae de dentro con respecto a este tema. Utilizaremos o libro de texto da aula e as lecturas realizadas sobre o libro de Sechu Sende "Made In Galiza", a derradeira deste curso.

Imos facendo boca: un vídeo duns rapaces do IES Leliadoura de Boiro, unha curtametraxe realizada sobre o texto de Sechu Sende "Eu fixen ouigha co espírito de Castelao"



Lembrádevos que o ano pasado nós fixeramos tamén unha montaxe parateatral con textos do mesmo autor e coa lingua como tema central. escolleramos outros textos.
para ler algúns dos textos de Made In Galiza na rede
Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 02-06-2009 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Poetízate Fran Alonso na Biblioteca

Despois dun mes lendo poemas e tranballando sobre esta antoloxía da poesía galega de Rosalía até hoxe que realizou Fran Alonso, tivemos o pracer de ter un encontro co autor para falar de poesía e de literatura.
O esquema de traballo do libro foi o que segue:

1-Escoller 9 poemas que me gustaron.


2 Destes 9 poemas comento o tema e os seus principais recursos.

3- Escollo logo 3 poemas de amor e fago algo semellante.

4-Escollo outros 3 que falen de Galicia.

5- Elixo un poema para afondar sobre el atope.

6- Que podo dicir sobre os ecos do poema da páx.91.

7- Quen escolleu esta antoloxía, procurar información sobre Fran Alonso.

8-Que poema boto en falta e por qué.

9- Aporto eu o meu propio poema.

O traballo persoal íase combinando coa lectura de poemas escollidos polos alumn@s na aula en cada sesión e ir comentando tema e recursos.

Unha experiencia de achegamento e interiorización, unha práctica de poetización con cadáveres exqueisitios incluídos.

Se queres saber máis consulta o blog da Biblioteca de Secundaria
Comentarios (1) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 02-06-2009 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
MADE IN GALIZA de Séchu Sende
Unha segunda lectura centrada na sociolingüística que é un apartado importante e consitente da Lingua e Literatura Galega de 1º de Bacharelato e que ademais pode servirnos de fonte de inspiración para a obra de teatro que preparamos.
É un libro que seguro nos fará sorrir e reflexionar sobre a situación da lingua galega a día de hoxe.
para saber máis sobre o libro
Comentarios (1) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 05-02-2008 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0