galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Dous poemas de Curros Enríquez
A ROSALÍA



Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu

E vina tan sola
na noite sin fin,
¡Que ainda recei pola probe da tola
eu, que non teño que rece por min!.

Os ósos son dela, que vades gardar.
¡Ai dos que levan na fronte unha estrela!
¡Ai dos que levan no bico un cantar!

Manuel Curros Enríquez

Recursos a comentar:
Hipérbato inicial:
orela do mar, estrela
(simbolismo na frente e no bico)
musa dos pobos...comesta dos lobos
(antítese esencial)

AÍ VEN O MAIO un poema costumista? É evidente que describe unha tradición, pero non deixa de ter un claro carácter cívico ao denunciar o "inverno" cunha metáfora popular pola evocación que a primavera ten na celebración tradicional dos maios que acaban sendo un símbolo pois non deixa de ser un canto a favor do progreso, ese "maio que eu quero" que desexa non teñan "nin foros, nin cregos"



Comentario deste poema
Comentarios (0) - Categoría: CURROS ENRÍQUEZ - Publicado o 08-06-2015 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Un poema de Curros Enríquez
Na chegada a Ourense da primeira locomotora.

I
Velaí ven, velaí ven avantando
comaros e corgas, e vales, e cerros.
¡Vinde vela, mociños e mozas!
¡Saludaina, rapaces e vellos!
Por onde ela pasa
fecunda os terreos,
espértanse os homes,
frolecen os eidos.
Velaí ven, velaí ven tan oupada,
tan milagrosiña, con paso tan meigo,
que parece unha Nosa Señora,
unha Nosa Señora de ferro.
Tras dela non veñen
abades nin cregos;
mais vén a fartura
¡i a luz i o progreso!

II
Catedral, demagogo de pedra,
dun pobo fanático erguida no medio,
repinica esas chocas campanas
en sinal de alegría e contento.
Asocia esas voces
ó son dos pandeiros,
¡ás santas surrisas
de terras e ceos!
E ti, río dos grandes destinos,
que os himnos ensaias dos trunfos ibéricos,
requeimáda-las fauces de sede
vén o monstro a beber no teu seo.
Bon samaritano,
dálle auga ó sedento;
que a máquena é o Cristo
dos tempos modernos.

Procuraremos ver neste poema algunha das claves do estilo de Curros.

-Un poema cívico-social, temos que saber cal é o tema deste poema:a chegada do progreso.

-Fíxate no punto de vista, un apóstrofo (diríxese a unha segunda persoa)


- Analicemos a estrutura.

- Personificación da locomotora, da catedral e do Miño. que contribúe a ver a antítese entre a primeira e a segunda parte.
- Moi importante o Simbolismo do poema de como as metáforas van cobrando forza e converténdose en alegorías ou símbolos (Progreso e inmobilismo).
- Carácter anticlerical.
Comentarios (0) - Categoría: CURROS ENRÍQUEZ - Publicado o 08-06-2015 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0