galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

27 de marzo Día mundial doTeatro
Todos os anos hai unha declaración con motivo desta xornada mundial do teatro, este ano é unha declaración dun home de teatro sudafricano: Brett Bailey.

Imos ver como funciona o teatro: Ese xénero literario que xera polo seu contido: un conflito que se traslada ao público sobre un escenario baixo a forma dun diálogo de personaxes:

Vexamos un exemplo:



Cuestións:
1- Cales son os personaxes que interveñen nesta trama?
2-Describe brevemente como son.
3- En que lugar e en que tempo se atopan?
4- Cal é o conflito que xorde entre eles?
5- Ao se tratar dun resumo dunha representación o final queda aberto, cal cres que será o final da historia? Sera comedia ou traxedia?
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO EN GALEGO - Publicado o 27-03-2014 07:32
# Ligazón permanente a este artigo
En Entroido lembramos un propósito


Comentarios (0) - Categoría: TEATRO EN GALEGO - Publicado o 28-02-2014 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
A espera dunha sesión crítica de maior envergadura
Shakespeare era para ignorantes ou para necios?

Para poder dar unha resposta apropiada debemos retomar a definición que fai Aristóteles dos ignorantes. Cal era?

Por que un necio é necio e sempre o será, debería ser a segunda cuestión.

As diversas fórmulas para matar que Shakespeare puxo en escena eran? Que era o que se reservaba pra detrás das cortinas?


Importante destacar tamén que existen cursos en EE.UU. para empresarios baseados nas obras do noso autor. Será certo? Fai as túas pescudas.

Que ten de semellante, pois, un empresario con algún dos moitos personaxes creados por Shakespeare?



Houbo un brillante monólogo sobre a conciencia, a que obra de Shakespeare pertencía este fragmento seleccionada?

Curioso tamén o argumento de Pericles e o rei de Tiro. Saberías indicar de que trataba nun breve resumo.

Un personaxe patético resulta ser un personaxe que fai unha apoloxía misóxina. En que consistía semellante discurso, cal era o motivo e que impresión dá aos espectadores semellante escena? Cal é o comentario que fai do mesmo o profesor erudito en Shakespeare (Quico Cadabal)?

Shakespeare descobre que cada un de nós leva un heroe no seu interior, mais tamén un covarde ou un traidor. Esta obra quere ser unha versión orixinal sobre este dramaturgo inglés procurando aqueles momentos cómicos que hai en cada unha das súas traxedias, recreándose naqueles personaxes secundarios con gran transcendencia ética e que nos permiten facer unha lectura moi actual do autor.

Non hai moitos vídeos na rede colgados sobre esta montaxe, os que aparecen están ás veces en castelán.




Comentarios (0) - Categoría: TEATRO EN GALEGO - Publicado o 17-02-2011 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
Shakespeare para ignorantes
Un espectáculo creado pola compañía Producións teatrais excéntricas, representación á que imos asistir o próximo xoves no Pazo da Cultura de Pontevedra. Tras da posta en escena haberá un coloquio cos actores ( os coñecidos Mofa e Befa é dicir Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira) e o director da mesma Quico Cadabal, un dos ma´si prestixioso da escena galega. Podedes botar unha ollada a crítica que circula pola rede deste magnífico espectáculo, unha especie de ensaio sobre o dramaturgo inglés e sobre a humanidade. A destacar, por exemplo, o seu miniensaio sobre o necio e o ignorante.
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO EN GALEGO - Publicado o 15-02-2011 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0