galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONTIDOS DA 3ª AVALIACIÓN curso 22-23
GRAMÁTICA
- O CD sen preposición
- Pronomes en galego
- Verbos irregulares no libro páx 160-161-162-163 no blog
- Preposicións, conxuncións e adverbios no libro páx. 236-237-238-239 // páx. 264-265

LINGUA E SOCIEDADE:
- Contexto histórico e social da Galicia do XIX no libro páx. 244-245-246

LETRAS GALEGAS 2023
- Vida e obra de Francisco Fernández del Riego.

LITERATURA
- Sarmiento, autor da literatura contemporánea. no libro páx. 224-225
- Os precursores do Rexurdimento: Pintos, Morales e Añón. No libro páx. 247-248-249-250-251
- Rosalía, o Rexurdimento Pleno: Cantares Gallegos no blog e Follas Novas no libro 274-275-278-277-278-279


- Pondal e Curros

TRADICIÓN ORAL:
- Transcendencia da tradición oral para a literatura galega contemporánea.
- O concepto dos Séculos Escuros. No libro páx. 218-219-220-221-222-223

PLAN LECTOR:
- Beleza vermella de Arantza Portabales.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-05-2023 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA NO ESPELLO: FCO. FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Imos logo botarlle unha ollada a través do espello á Galicia que viviu e coa que soñou e loitou Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado no Día das Letras do 2023.



Para atopar referencias aos seus escritos e ao seu legado ademais podemos consultar o sexto dos episodios da serie documental elaborada desde a Academia Galega sobre a súa figura:



EXPOSICIÓN: Camiñando con Ramón Sanfiz para coñecermos a Farncisco Fernández del Riego.
Comentarios (0) - Categoría: DÍAS DAS LETRAS - Publicado o 15-05-2023 05:36
# Ligazón permanente a este artigo
Achégome a Rosalía


Para achegarse a Rosalía nunha aproximación a súa vida e obra imos comezar por ir despexando a negra sombra que ela compuxo:




un traballo sinxelo

A dificutade de coñecer a súa persoa

Imos ler o Prólogo de Cantares Gallegos

Procura nunha edición dixital dez poemas de cantares Gallegos representativos das distintas tématicas que distinguen a meirande parte dos estudosos da súa obra:
A) Temática Costumista
B) Temática amorosa
C) Temática social-patriótica
D) Temática intimista

O prólogo de Follas Novas: Dúas palabras da autora

A estrutura de Follas Novas
Prólogo
Vaguidades
Do íntimo
Varia
Da terra
Viúvas de vivos e mortos
Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 04-05-2023 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
BELEZA VERMELLA de ARANTZA PORTABALES

Arantza preséntanos a súa novela Beleza Vermella en Nós TV


Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 18-04-2023 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
A resposta do Rexurdimento
O noso REXURDIMENTO é resposta a unha serie de tópicos e prexuízos que nos Séculos Escuros se foron asentando á hora de catalogar aos galegos, mesmo foron creando un auto-odio como o propio Sarmiento deixou dito.

De onde saíron certos tópicos sobre os galegos?

Despois volveremos a vista cara a outro elemento substancial como é o da tradición oral que serve de soporte e referencia para crear un discurso literario culto no Rexurdimento.

Poderemos velo no propio Sarmiento.
Comentarios (0) - Categoría: PROSA MEDIEVAL - Publicado o 17-04-2023 06:44
# Ligazón permanente a este artigo
Sarmiento e os Precursores dos anos 40 do século XIX

DE SARMIENTO A XOÁN MANUEL PINTOS.

DE SARMIENTO A ANTONIO FERNÁNDEZ MORALES
Comentarios (0) - Categoría: OS PRECURSORES - Publicado o 11-04-2023 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
DATIVO DE INTERESE E SOLIDARIEDADE


Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 30-03-2023 05:44
# Ligazón permanente a este artigo
OS CD SEN PREPOSICIÓN
Imos falar do escaso uso da preposición "a" acompañando a un Complemento Directo, algo que en galego é raro e contrasta claramente co castelán:



Agora as excepcións:



Resumo e Trucos

Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 29-03-2023 05:58
# Ligazón permanente a este artigo
Antes e despois de Sarmiento

A literatura galega contemporánea nace con Sarmiento por dúas razóns:
1ª Sarmiento foi o primeiro en constatar e analizar os motivos do paso do esplendor da literatura galaico-portuguesa medieval a unha etapa escura practicamente de ausencia literaria culta.
2ª Sarmiento creará unha obra, o Coloquio das 1200 coplas, que servirá de modelo para os autores que virán após del.

SARMIENTO O PRIMEIRO POETA DA NOSA LITERATURA CONTEMPORÁNEA

As ideas de Sarmiento sobre a lingua.
Podes ler na páxina do libro 229 algunha das ideas que Sarmiento defendía nos seus escritos sobrea a lingua galega e que demostran que existe un antes e un despois de Sarmiento na reflexión que sobre o noso idioma se fixo en pleno século XVIII.

Os argumentos que utiliza apóianse na idea de que é beneficioso e útil o feito de conservar o idioma materno, pois serve de soporte para coñecer as demais linguas (refírese as prestixiadas na súa época).

As burlas sobre a pronuncia do galego non tiñan base lingüística. Cada lingua ten os seus propios trazos lingüísticos e a súa fonética. O que aprecia Sarmiento é que detrás da burla a determinados acentos como o seu, agóchase un prexuízo de carácter social, o que el denomina "a perniciosa aversión que padece aquí a nación galega".

Sarmiento combate estas burlas con argumentos de carácter lingüístico. recoñece que cada lingua posúe os seus sistemas fonéticos e a pronuncia de determinados sons dunha pode ser compliada na outra simplemente porque non teñen os mesmos sistemas.

No século XVIII a percepción social que existía da lingua galega era a dunha lingua rústica, propia de sectores sociais afastados da cultura e da ciencia. Ademais, como indica explicitamente o propio Sarmiento, nesta época xa se detecta nos propios galegos " o odio que teñen contra a súa lingua". ë dicir, xa existía o auto-odio ou menosprezo cara ao propio idioma como marca social de rusticidade ou pobreza e como lingua propia dun sector inculto e empobrecido. O feito de que o idioma estivese apartado do ámbito da escrita contribuiu a este desprestixio e a súa consideración como unha lingua de inferior categoría e dialectizada, asociada ás clases baixas e populares.

Como contrargumenta a prol do prestixio Sarmiento?
Acode ao prestixio literario, pola existencia dunha obra en galego tan significativa como as cantigas de Afonso X. e tamén ao prestixio social, polo feito de que un poderoso rei castelán empregara o idioma nas súas obras.

"Pero que un rei nacido en Castela falase en galego e fisexe coplas nese idioma no século XIII aínda hoxe me causa moito abraio"

O uso do galego por parte do monarca castelán explícase finalmente porque na Idade Media, na época de Afonso X, aínda non existía o concepto de literatura nacional asociada a unha determinada lingua. O que ocorría é que había unha especialización das linguas romances para determinados xéneros literarios, Deste xeito, escribíase a poesía lírica en toda a península (agás en Cataluña) en romance galego-pòrtugués, mentres que outros xéneros como a épica empregaba o castelán.

Sorprendido Sarmiento porque no seu tempo a monarquía castelá dos Borbo´ns consolidou un estado totalmente centralista, que ignora por completo as linguas que non son o castelán e, por suposto, só permite o emprego deste idioma en todos os aspectos da actividade da administración e do goberno.


Comentarios (0) - Categoría: SARMIENTO - Publicado o 26-03-2023 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Contidos da 2ª Avaliación
GRAMÁTICA
- Os verbos regulares e no libro páx. 160, 161, 162 e 163.
- Os pronomes no libro: páx.138, 139,140 e 141 pronomes determinantes e no blog pronomes persoais

LINGUA E SOCIEDADE
O Galego e o Portugués páxina 168 e 169 do libro.
No blog galego, portugués e brasileiro

LITERATURA
Os xéneros menores: Pastorela páx.99 e tenzón, pranto na páxina 149 e no blog: pastorela e o seu comentario.
A Prosa medieval páx. 194, 195,196, 197, 198 e 199

TRADICIÓN ORAL
A tradición oral e a prosa medieval Fíxate nesta entrada no seguinte:
- Como perviven na tradición oral e na literatura culta os temas da prosa medieval (especialmente a Materia de Bretaña).
- Que é o primeiro espertar cultural de Galicia, en que idioma se escriben e que autores destacamos?

Entroido e tradición oral.
- Con que xéneros estudados neste curso cres que podemos relacionar estes festexos tradicionais tan arraigados en Galicia?
- Cales son os festexos máis singulares dos entroidos galegos?

PLAN LECTOR:
Senlleiras de Antía Yáñez
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-03-2023 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0