GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

En galego porque é de xustiza!!
Benvidos ao curso 2016-17. Esta ano imos traballar co lema da Xustiza e, en relación a nosa materia, hai moito que dicir. Comecemos logo:



Porque somos iguais, pero diferentes.

Porque xustiza non é sempre igualdade.

Porque non debemos silenciar a nosa forma de ver o mundo.
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 - Publicado o 14-09-2016 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
PRACTICAMOS MANUEL MARÍA
EXPOSICIÓN SECUNDARIA
"Eu son esta terra e esta auga"

CUESTIONARIO DA EXPOSICIÓN:
1. Que libros le Manuel María que atopaba na biblioteca do seu pai?
Panel Resposta:
2. Cita tres autores que coñeza en Lugo na súa mocidade.
Panel Resposta:
3. Cita tres autores que coñeza en Compostela na súa mocidade.
Panel Resposta:
4. Que dous grupos de persoas se reunían nos faladoiros antifranquistas?
Panel Resposta:
5. Cal é o seu primeiro libro? Que característica posúe esta obra?
Panel Resposta:
6. Cal é a súa primeira obra de teatro?
Panel Resposta:
7. De que tipo é a poesía inicial do autor? En que grupo se encadra?
Panel Resposta:
8. Que libro marca un cambio na súa poesía? Que pasa a retratar agora o poeta?
Panel Resposta:
9. Por que el e outros autores non podían publicar en Galicia as súas obras?
Panel Resposta:
10. Que funda en 1967? Para que?
Panel Resposta:
11. Para que abren Saleta e mais Manuel María a libraría Xistral?
Panel Resposta:
12. Cal é o seu poemario infantil de máis éxito?
Panel Resposta:
13. Que outro poemario centra o destinatario nos nenos da cidade? Que pretende?
Panel Resposta:
14. Cal era o principal propósito de Manuel María? Que fixo para conseguilo?
Panel Resposta:
15. Cita dúas obras de denuncia social.
Panel Resposta:
16. Indica catro temáticas presentes na obra poética de Manuel María.
Panel Resposta:
17. Segundo o autor, que dúas obrigas temos nós coa lingua?
Panel Resposta:
18. Cal é o xénero literario que máis o define como autor? Que outros xéneros cultivou?
Panel Resposta:
19. En que institución entra en 2003? A que lle dedica o seu discurso de ingreso?
Panel Resposta:
20. Despois de teres visitado a exposición, con que tres ideas definirías a figura de Manuel
María?
Panel Resposta:
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 18-05-2016 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Imos aproximándonos á figura de Manuel María


Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 17-04-2016 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
QUE A LINGUA TE ACOMPAÑE !!!

Estreo da saga en cuestión de días. Mobiliza a Rosalía que será a próxima protogonista da primeira película QUE A LINGUA TE ACOMPAÑE!

Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS - Publicado o 23-02-2016 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
Probas modelo para setembro
1ª Avaliación

1-COMPRENSIÓN LECTORA/ LITERATURA: Le o seguinte texto de Vicente Risco e define brevemente os trazos vitais, a evolución e os principios ideolóxicos da Xeración Nós usando especialmente as afirmacións do texto:?Eu caracterizaría os homes de meu tempo preocupados polas cousas do espírito, dicindo que eramos- e somos-individualistas, inadaptados, antisociais, antigregarios, introvertidos... os auténticos vencidos da vida?vencidos por inadaptados?Efectivamente: introvertidos fomos ata non chegar a nós o galeguismo. Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os inimigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea? Peregrinamos polas cosmogonías, metafísicas e estéticas, despois de moitas viaxes polo mundo ,despois de tantas voltas e reviravoltas e trasvoltas polas lonxanías do espazo e do tempo, en procura de algo inédito que nos salvara do habitual e vulgar, viñemos dar na sorprendente descuberta de Galicia, a nosa Terra oculta ao noso ollar por un espeso estrato de cultura allea, falsa e ruín, vulgar e filistea, ofrecíanos un mundo tan extenso, tan novo, tan inédito, tan descoñecido, como os que andabamos a procurar por aí adiante??
2- Utiliza o texto para exemplificar a importancia de certos trazos na narrativa da xeración Nós:
?Mira o que fas, Trasno. Ti naciches na aldea, ti andaches nos piñeirais, nos soutos e nas fragas; ti aínda levas na cachola un pucho de lá, e nos pés unha chancas de pao de amieiro. Qué vas facer entre homes e mulleres que están tan afastados de todo o que é propio da túa natureza; qué vas facer á beira dos sabios dunhas ciencias que non son as túas bibliotecas, duns mozos e dunha mozas que nin sequera ouviron falar de ti. Vaite; pretiño de ti están Mourente, Salcedo, Marcón, Bora; en calquera destes lugares poida que aínda quede xente da túa xente da que sabe mirar para a terra e para o ceo, e que vai vivindo agarrada ao rabo do sol e ao rabo da lúa. Se te quedaras, deixarías de ser quen es, porque aínda que rebuliras e correras non habían dar tino de ti, e toda a túa arte tería que empregarse nas sesións dos espiritistas.Vaite Trasno, vaite. Que ti non tes ocupación nestes sitios en que a xente á forza de querer ver claro se volveu cega".
( Prosas galegas, F.L.Cuevillas)
Que medo ten o autor na parte final do texto? Por que cres que se di "qué vas facer entre homes e mulleres que están tan afastados de todo o que é propio da túa natureza"?
Por que cres que di "poida que aínda quede xente da que sabe mirar para a terra e para o ceo"...? Onde vive esa xente, a quen fai referencia?
3- Enumera os títulos máis destacados da obra narrativa, ensaística e teatral de Otero Pedrayo.
4- Valores e obra de Vicente Risco.
5-HISTORIA DA LINGUA: Que sabes das Irmandades da Fala? Que sabes sobre Ramón Cabanillas?

6-Cal é a importancia do Grupo Nós para a cultura galega? Responde esquematicamente.
7-LÉXICO : Define e identifica as distintas linguas de substrato e superestrato do galego:
8- ORTOGRAFÍA:Distingue valor/balor, habano/abano e logo escribe con B/ V ou N/ -/Ñ :
Dé_eda, co_arde, mara_illa, a_elá, _asoira, _arrer, a_re_iatura, mó_il, mo_ilidade, gra_ar, a_ó,_ o_ina(fío), _o_ina(vaca), _aleirar, re_olta, e_olución, sa_er, mo_er.
Gasoli_a,estra_o, abando_ar, orde_ar, ame_azar, conde_ar, esce_a, do_ar, da_ar, enga_ar, mari_a,ni_o,espi_a, esqui_a
9-A LINGUA POR DENTRO: Define e pon exemplos dunha palabra simple, composta, derivada e parasintéticas.
Analiza as oracións seguintes (identificando o tipo de complementos):
A miña filla prestáballe a vida pracenteira. / O pai de Migueliño era un home de cera.


10-Escribimos ben: Explica nun texto breve e coherente as transformacións sociais, económicas e ideolóxicas e culturais que sofre Galicia neste 1º terzo de século.

2ª Avaliación


1- LITERATURA. Da narrativa do relato curto de Castelao á Nova narrativa galega.
2- Autores narrativos a escoller: A) Anxel Fole e Cunqueiro/ B) Blanco Amor e Neira Vilas.
3- A Lírica do 1936 ao 1976 (citar as catro liñas temáticas)
4- CELSO EMILIO FERREIRO: Vida e Obra.
5- LÉXICO E EXPRESIÓN: 5 Sinónimos e 5 antónimos da palabra paz.
Explica a orixe da palabra Entroido e Carnaval.
Cales son algunhas das manifestacións e características orixinais do noso Entroido
6- ORTOGRAFÍA:Distingue esterno/ externo, mixto/ misto, testo/texto. Logo escribe con S/ S: gra_a, pele_a, o_í_eno, solfe_o, e_tenderse, e_tran_eiro, e _a_erar, e_presión, e_ame, _ordeira, en_alzar, en_e_ar, pai_ón, _astre, ta_a, en_iva, e_i_ir, via_ar,_ e_ualidade, e_perimentar, e_clusivo, e_cravo, fu_ir.
Escribe con X LL ou i: in_ección, e_acular, cón_uxe, ce__a, _acer, abo_ar, burbu__a, coe__o, sa_a,pele_a,pra_a. Distingue faia/ falla, oio/ollo, valla/vaia.
7- GRAMÁTICA: Identifica nas seguintes oracións as funcións sintácticas:
8- LINGUA E SOCIEDADE: A variedade xeográfica do bloque central características.
Ergueuse cansa pola mañá. Non durmira nada.

As botas foron feitas polos zapateiros.

Parecía un home novo.

Aldara léullelo onte.

Arrepentiuse de todos os pecados.

Deixou o cómic acabado.

9 e 10 TEXTOS Dos seguintes poemas
indica autor, tema e principais recursos:

Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.

Digo Moraima
e ponse azul a alba.
Cando quero soñar
digo Moraima.

Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.

Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.




Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.

Non importa, agardarei
polo albor do novo día.

Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.

Non importa, agardarei
polo albor do novo día.

Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.

Non importa, agardarei
polo albor do novo día.

Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía?

Ela fía i eu confío
no albor do novo día.

3ª Avaliación


1. GRAMÁTICA: Clasifica as oracións seguintes en transitivas ( reflexiva ou non, recíproca) intransitivas, atributivas e pasivas:
André xoga no Celta.
A alcaldesa foi apupada polos cidadáns.
A moura peiteábase na fonte.
Danse bicos os paxaros.
Fora o máis aplicado de todos os alumnos.
Rebelouse contra o sistema.


2. Tipos de suxeito: expreso, elidido, impersoal, sen suxeito:
Estes días fñalase moito dos beneficios da reciclaxe.
Hoxe, as empresas precisan bos empresarios e mellores traballadores.
Utilizamos os teus exemplos na clase de lingua.
Ao lado da farmacia construise un edificio novo con sete andares.
Deixa a festa para calquera outro día.
Correron todos cara a casa de Xoán.

3. LÉXICO: Escribe un exemplo de cada antónimo: gradual, complementario e recíproco.
Explica usando a copla os distintos nomes dos días da semana en galego:
Hoxe é luns, mañá é martes,
corta feira logo vén,
de mañá en oito días
éche a semana que vén.

4. LÉXICO Emparella os adverbios e as locucións adverbiais que teñan o mesmo significado.
A. quizais B. amodo C. gratis D. axiña E. tarde
F. abofé G. moito


5. ESCRIBIR BEN: Coloca grupos consonánticos ou non:
di__ionario, obxe__ión, conce__to, ado__ción, ecli__se
descri_ción, ___eumático, a___ión, olfa__to, confli__to, di__tado, produ__ión, produ__to, a__ome, su__miso, di__tongo // c_ avo, dob_ar, p_aza, b_ancura, f_ouxo, c_aro, esc_avo, p_uma,

6. LITERATURA: Expresión 20 liñas: LETRAS GALEGAS 2015.
7. LITERATURA: A NARRATIVA ACTUAL
8. LITERATURA: A POESÍA ACTUAL ( a escoller: define os trazos da xeración dos 80 ou dos 90)
9. LITERATURA: O GRUPO ABRENTE Como xurdiu, que aporta ao teatro actual? Autores?
10. SOCIOLINGÜÍSTICA: Comenta os gráficos referidos ao uso da lingua nas últimas décdas en función dos lugares máis ou menos poboados de Galicia e das idades dos falantes.












Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2015 06:48
# Ligazón permanente a este artigo
No 2015 Filgueira Valverde.


Xosé Filgueira Valverde algúns datos.

17 de maio
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 15-05-2015 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
O maio do popular á poesía


Procura o texto deste poema de Curros Enríquez e compárao (semellanzas e diferenzas) coa letra dun maio humano:

A LETRA DO MAIO DE VILAFRANCA. Distinguimos catro grupos de coplas na letra deste maio que foron transmitidas de xeneración en xeneración, aínda que son a suma de distintos momentos na evolución da tradición, podendo intuir ese proceso de adición de coplas, inevitable por outro lado, e sendo conscientes de que hai algunhas coplas que de sempre foron e sempre deben ser cantadas.

O grupo 1º ou referencial: describe o espertar da natureza, facendo referencia o cambio estacional. Identifícase ao Maio co mes. A súa orixe ten moito que ver co refraneiro. Ponnos no camiño dunha casa ou dun barrio da vila. Do mesmo modo comezan romances tan coñecidos como "Por Mayo era, por Mayo cuando hace la calor..." e outras moitas cantigas populares medievais:
" Marzo airoso, Abril chuviñoso
sacan o Maio florido i hermoso. "
" Entra Mayo con sus flores,
sale Abril con sus amores. "

Podería parecernos chocante que a segunda estrofa estea en castelán. En concreto naceu da fragmentación dun estribillo que aparece no Cancioneiro musical dos séculos XV e XVI ( "Entra Mayo y sale Abril, tan garridico le ví venir...") amplamente versionado no chamado Século de Ouro da Literatura española. Polo tanto sería unha adición á copla inicial tamén de tipo referencial; adición á que non lle costaría moito insertarse dada a súa popularidade. Este grupo de estrofas referenciais dáse tamén noutros tipos de maios. Citemos unha ó azar dun maio figurativo pontevedrés do ano 1840:
"Este mes de maio é o mes das flores,
cando os paxariños ven ós seus amores".

O grupo 2º nuclear ou armazón básico tradicional: Este grupo de coplas dividirémolo a súa vez en dúas.
Principiamos coas estrofas de presentación ou humanizadoras (lembremos que o noso maio é un maio humano) pois a comitiva chega ao pé dun balcón ou a unha praciña onde deben e queren cantar o maio, e primeiramente preséntano. O mes de Maio personifícase ou toma aspecto antropomorfo. O maio-mozo alí presente simboliza nese momento as cualidades positivas de protección e fecundidade atribuidas ao mes. Pode ser tumbado no chan fronte da casa ou no medio da praza. Cremos que coplas de filiación moi próxima introducidas a raíz dos concursos habidos nos anos 70 como a que dí: "Acuestate mayo a descansar, cuando descanses vuelve a cantar" non deben incluirse na letra tradicional do maio de Vilafranca entre outras razóns por non seren tracicionais, ademais de que a copla que incita a deitar o maio xa existe na copla tradicional.. Iremos colocando xunto coas estrofas do noso maio, polo efecto de conxunto que poidan producir nos lectores, outras de maios galegos algúns xa fai máis de cen anos desapareceron. Esta humanizadora do maio-mozo de Lugo é un exemplo: " Este Maio señora é,
este maio que andaba de pé." (Vilafranca).

" Éste é o maio,maiño é,
este é o maio que anda de pé." (Lugo).

A inventiva popular creou outra estrofa que humaniza ao Maio e preséntao cunha pícara connotación sexual propiciada pola estación primaveral das que o etnógrafo J. Frazer nos fala no libro no capítulo titulado: A influencia dos sexos na vexetación. Esta estrofa atoparémola moi semellante noutros maios galegos:

" Víche o Maio, miralle ben,
tres caralliños tamén vo-los ten" (Vilafranca).

" Víste o maio, vístelo ben,
si non o viste, vé-lo eiquí vén. " (O Carballiño)

As estrofas petitorias son tamén un elemento nuclear dos maios pois a comitiva tras presentar o maio-mozo como personificación das virtudes do mes, tras tumbar o maio, esixen dos veciños a súa aportación por colocar ás portas da casa eses bens favorecedores. Mais, que é o que se reclama? Pídense insistentemente no noso e noutros maios galegos ou asturianos castañas secas ou maiolas, símbolo clarísimo do rirual propiciatorio que estes costumes gardan no seu transfondo desde tempos moi, pero que moi remotos. Coméntannos González Palencia e Eugenio Mele no seu libro La Maya que na Beira-Alta portuguesa existe a superstición segundo a cal é preciso comer castañas o 1º de Maio se non queres que te rouben o burro ou morra o teu gando. En Alsacia piden ovos ameazando con que se non se entregan as galiñas non porán en todo o ano ou levaránchas as raposas. Fórmulas petitorias idénticas ou semellantes, como non, nos maios de Santiago, As Nogais,Portomarín, etc...son mui frecuentes. Especialmente significativa é a copla recollida no libro de J.L. Alonso Ponga e A. Diéguez Ayerbe recollida do maio de Santalavilla no Bierzo: " Este é o maio, señora é, este é o maio que anda de pé, que de pe, que de sentadas, señora tire as castañas." A presente copla xunta nunha sola o núcleo esencial ou armazón tradicional sobre o que se estructuran os maio-mozos galegos. Pero voltemos as coplas de petición do noso: FOTO 8 " Tire castañas ,señora María, tire castañas que as ten na cociña" ( Vilafranca). " Tire castañas, señora María, tire castañas que as trae na barrila" (As Nogais). " Tire castañas ,señora Manuela, tire castañas que as ten na mantela" ( Vilafranca). " Déano-las maias, señora María, déano-las maias que están bailando na criba." ( Santiago). " Tire castañas , tía Susana, tire castañas que as ten na romana." " Tire castañas ,tía Narcisa, tire castañas que as ten na camisa." ( Landoiro ). Estas estrofas petitorias deron pé á inserción de coplas novas improvisadas e que por ser recoñecido o vecín citado ,por exemplo, sexa doado lembrala en anos posteriores. Tamén provocaron o acople de outras estrofas que ímolas considerar un grupo aparte. O grupo 3º de coplas de halago ou insulto cántase unha vez que a comitiva é premiada con diñeiro ou castañas. Son cantigas da comitiva agradecendo ou ,no seu caso, denunciando a tacañería con maior ou menor sutileza, tentando en todo momento que na celebración do rito primaveral participen por activa ou por pasiva tódolos veciños. Estas coplas comuis a outras manifestaciois culturais como os aguinaldos,manueles,reis,etc... trunfarán, acadando a súa pervivencia nos anos vindeiros , dependendo da gracia ou ,quizais, do personaxe criticado, da popularidade que sexa capaz de conquerir, establecéndose, deste xeito, unha criba de autoselección e depuración da letra tradicional.Vexamos alguis exemplos: " Estas portas son de ferro , onde vive un caballero." " Estas portas son de de estopa, onde vive un lapasoupas( ou zampatortas)." " Esta casa é de cristal , onde vive un general." " Esta casa é de pedra, onde vive unha doncella." " Esta casa é de palla, onde vive a cagalla." " Esta casa é de losa, onde vive unha roñosa." (Vilafranca). Nestas coplas por unha banda escóllense a casa ou as portas como unha metonimia daquela pola significación non tan solo de lugar adicado á vivenda, se non coma unidade de carácter antropolóxica ou socio-cultural. Esta pasa a ser calificada por materiais nobles e indicadores da riqueza xunto cun reforzo de tinte social (caballero, general, doncella) que contrastan con materiais pobres e adxectivos peiorativos. O grupo de peche cántase para ergue-lo maio,que durante as peticiois estivo tumbado, despedíndose deste xeito ata outro ano. É unha copla das máis frecuentes en maios galegos. Nalguis casos aparece o seu significado máis ás claras noutros maios como o de Viana do Bolo onde cantaban: " Levántate maio, que tanto dormiches, xa pasou o inverno e nono sentiches. " Este verbo : " levantar" voltaría a identificar ó Maio co mes,ou máis ben a referirse de novo ós cambios estacionais cos que abriamos a letra do noso maio, conferíndolle esta estrofa unha estructura pechada cíclica. Ese inverno (e tódolos males que se asocian a él) remata coa renovación primaveral que dá entrada a boas colleitas, permite a prosperidade do gando e felices partos,e é vencido e alonxado de cada casa cando o maio-mozo se levanta para dirixirse á outra veciña . Outro sentido , o burlón ,derivado do maio perezoso que non esperta ainda que pase unha cabaleiría ou un camión (nas versiois máis modernas) ,conflue coa interpretación anterior , pois urxe ó maio a que esperte e dea paso a primavera. A nosa copla de peche dí o seguinte: " Levántate maio, bastante dormiches, pasou un burro e non o sentiches." Fagamos un esquema da división e o concepto de cadanseo grupo coas súas estrofas: 1º Grupo referencial: Describe o espertar da Natureza en Maio. Armazón > Estrofas de presentación ou 2º Grupo nuclear: básico humanizadoras. tradicional. > Estrofas petitorias. 3º Grupo de coplas de halago ou insulto. 4º Peche: Para ergue-lo maio.
Comentarios (0) - Categoría: LINGUA E SOCIEDADE - Publicado o 05-05-2015 07:21
# Ligazón permanente a este artigo
UN MAPA DA POESÍA GALEGA MÁIS RECENTE


Despois de Poetízate aparece Poética de Fran Alonso. POÉTICA

De Manuel Rivas, poeta a Yolanda Castaño, poeta.




Comentarios (0) - Categoría: POETÍZATE - Publicado o 22-03-2015 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Un par de reportaxes sobre Celso Emilio Ferreiro
Eran tempos de guerra e ditadura e a través veremos como se vai posicionando, como vai conformando unha esperanza de liberdade.

Vida e compromiso:


Podemos ampliar información na páxina da Fundación Celso Emilio
Comentarios (0) - Categoría: CELSO EMILIO FERREIRO - Publicado o 16-03-2015 06:32
# Ligazón permanente a este artigo
Outros poemas de Celso Emilio


Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.

Non importa, agardarei
polo albor do novo día.

Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.

Non importa, agardarei
polo albor do novo día.

Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.

Non importa, agardarei
polo albor do novo día.

Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía?

Ela fía i eu confío
no albor do novo día.

Cuestións:POEMAS E LIÑAS TEMÁTICAS EN CELSO EMILIO

1- Que recursos literarios atopas no poema? Localízaos e intenta explicar o seu sentido.


MORAIMA

Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.

Digo Moraima
e ponse azul a alba.
Cando quero soñar
digo Moraima.

Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.

Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.


Onde o mundo se chama celanova
Un poema do amor da súa vida


2- Neste poema, ben distinto do anterior, tamén debemos localizar recursos e poñelos en relación co tema.
Comentarios (0) - Categoría: CELSO EMILIO FERREIRO - Publicado o 27-02-2015 06:46
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [20]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0