GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chegou das Américas
Chegou das Américas un home rico e trouxo consigo un negriño cubano, coma quen trae una mona, un papagaio, un fonógrafo?
O negriño foi medrando na aldea, onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos abrouxadores.
Un día morreu o home rico e Panchito trocou de amo para gaña-lo pan. Co tempo fíxose mozo cumprido, sen máis chatas que a súa cor? aínda que era negro coma o pote, tiña gracia de abondo para facerse querer de todos. Endomingado cun caravel enriba da orella e unha póla de malva na chaqueta, parecía talmente un mozo das festas.
Unha noite de estrelas xurdiu no seu maxín a idea de saír polo mundo á cata de riquezas. Tamén Panchito sentiu, coma tódolos mozos da aldea os anceios de emigrar. E una mañá de moita tristura, gabeou polas escaleiras dun transatlántico.
Panchito ía camiño da Habana e os seus ollos mollados e brillantes esculcaban no mar as terras deixadas pola popa.
Nunha rúa da Habana o negro Panchito tropezou cun home da súa aldea e confesoulle saloucando:
-Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol; eu non me afago con esta xente. Eu morro!

Panchito retornou á aldea. Chegou pobre e endeble; pero trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo un sombreiro de palla e mais un traxe branco?

LOCALIZACIÓN
Texto de COUSAS de Castelao unha obra narrativa singular composta de relatos curtos acompañada de ilustracións que complementan a narración.
Literatura realista sobre os problemas que atinxen a Galicia do 1º terzo do século XX cun claro sentido concienciador do seus coetáneos.

INTERPRETACIÓN
Asunto: Pachito, un negriño cubano chegou á aldea (Galicia) da mao dun home rico, adaptouse e medoru coma un mozo máis , mesmo á hora de emigrar e embarcar cara a Habana con tristura. Mais alí non se sente ben e decide volver a súa terra.
Tema: O sentimento da terra,(ou o ser dunha terra).
Estrutura:Introdución: Chegada dun negriño á aldea cun home rico
Nó: á morte do home Panchito medra e convértese nun máis na aldea, mesmo á hora de emigrar cara a Habana. Alí non é capaz de vivir.
Desenlace: Volve á aldea, a súa terra pobre como outros moitos volveron da emigración á terra allea.
Elementos da narración:
Voz narrativa: narrador externo omnisciente selectivo preocúpalle o sentir de Panchito.
Personaxes: Protagonista: Panchito. Secundarios: un home rico da aldea e os habitantes da aldea.
Espazo: a Habana e a aldea (Galicia), co como medio/ canle de unión de ambas terras.
Tempo lineal coincidindo o tempo do discurso a (cronoloxía dos sucesos) co tempo relatado: Dende a chegada de Panchito medra, emigra e volve á aldea .
Discurso narrativo-descritivo e cara o desenlace dialogado.

Nivel semántico:
Cadeas léxicas son os fíos que conforman o significado do texto:
Cuba e o seu mundo: Habana, negro?
Medrar e aprender: -iño, deprender, mozo comprido, ?
Galicia e a identidade: aldea, parescía talmente, todos, terras deixadas, muiñeiras...
Sentimentos: anceios, saloucando, morro?
Aspecto e evolución do protagonista: mona, chatas, endomingado, sombreiro de palla, traxe branco?
Recursos importantes de contido para deducir o ton do texto:
-iño diminutivo afecto e indicador da nenez propiciatoria da aprendizaxe e de que o protagonista medre, que se faga mozo
Comparacións: coma quen trae unha mona, fonógrafo / negro como o pote (indican a cousificación inicial do personaxe que vai evolucionar sendo unha persoa allea a non ter máis chatas (certo humorismo) cá cor de aí o valor simbólico do traxe branco (contrastre do final e incluso co debuxo que complementa o texto).
Esta antítese e ata un paradoxo irónico prodúcese dun xeito paralelo cos dous espazos simbólicos tamén: Habana / a aldea.
Enumeracións de elementos da identidade: falar, enxebreza, muiñeiras, aturuxos?
Metáforas dos sentimentos ?ollos mollados e brillantes?, ?fartura no corazón? mesmo hipérbole e ironía cando Panchito di: eu morro! (fixémonos aquí a utilización da voz do protagonista deixando o modo narrativo-descritivo neste punto culminante da historia.
Adverbios e adxectivación que reforzan os valores e recursos semánticos do texto: ?parescía talmente?, ?terra de tanto sol? e especialmente ?súa aldea?no final.
Lirismo : Un caravel na orella e unha póla de malva na chaqueta ?unha noite de estrelas?
Metáforas do crecemento: ?gaña-lo pan?, ?saír polo mundo á cata de riquezas? (riqueza-s plural poético) e estoutra con certo valor simbólico ? gabear pola escaleiras dun transatlántico?. ? a popa (do barco como etapa da vida pasada, superada).

Métaforas do mar como camiño (da Habana), ?noite de estrelas? como momento de reflexión e de ilusión (esperanza dunha nova vida) que se concreta na mañá que como paradoxo presenta ?moita tristura? (a morriña pola terra, ese non afacerse que logo aparecerá na terra de tanto sol (metonimia de calor).

Tamén parece unha ironía que un galego use en Galicia un sombreiro de palla e un traxe branco, propios de lugares de máis calor? el que era natural da Habana e que era negro, agora por riba viste coma un ?americano?.


TON: Reflexivo polo tema central da identidade, emotivo e sentimental

A forma do texto: O seu ritmo
Un texto que aínda sendo narrativo procura unha vertebración rítmica, un interese pola estrutura rítmica do mesmo nas dúas enumeracións iniciais de tres elementos na introdución . Logo aparece a reiteración ou repetición de elementos: neste text o nome de Panchito, por exemplo, ou estruturas gramaticais ( que sen chegar a ser moi complexas aparecen como paralelismos (eu non me afago, eu non me afago...) e nun momento álxido no texto, mesmo o pronome ?eu? (en tres ocacións) lévanos a pensar nun texto de dinamismo lento ou negativo.

No nivel fonolóxico, aínda que non é un poema podemos destacar un elementos de reforzo na idea de interiorización dacultura propia da aldea ao dicir con certa aliteración ?aturuxos abrouxadores?.

VALORACIÓN
Un texto reflexivo ao redor da creación da identidade, do ser, onde elementos como a terra onde se cría un condiciona a personalidade. O protagonista escollido vaise así humanizando progresivamente e á par da súa aprendizaxe e crecemento, pasa de ser tratado coma unha cousa a ser un máis da aldea, cargado de emotividade e simbolismos de Cuba a Galicia e de negriño a un home de traxe branco, iso si pobre e con moita fartura no corazón.
Ademais do galeguismo que respira polo tema central, o sentimento da Terra, preocupación evidente dos autores do 1/3 do século, o texto deixa ver as claras o estilo de Castelao na carga emotiva e emocional coa que arroupa aos seus personaxes humildes, o lirismo incluso na procura un ritmo interno na narración, certo humorismo e a sinxeleza da linguaxe e do relato que presenta sempre un coidado final.
Comentarios (1) - Categoría: COMENTANDO TEXTOS - Publicado o 30-11-2017 07:21
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre a 1ª avaliación
-Historia da lingua.
- Galicia no 1º terzo do século XX.

LITERATURA:
- Ramón Cabanillas e as Irmandades da Fala.
- A xeración Nós:
- Vicente Risco.
- Otero Pedrayo
- Castelao
- As características da prosa de Castelao.

LINGUA:
- Prefixos e Sufixos de orixe grega e latina.
- O Estatuto, a Lei de Normalización e a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.

- Texto descritivo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-11-2017 06:54
# Ligazón permanente a este artigo
Imos facer un comentario da mao de Castelao

Castelao é un autor doado de ler e de comentar. Imos ir comentando textos do seu libro: Cousas, un libro de lectura deste primeiro trimestre do curso.

Para comentar un texto literario

Agora podes ver o esquema dun comentario e un modelo
comentando un texto de Castelao
Comentarios (0) - Categoría: COMENTANDO TEXTOS - Publicado o 26-10-2017 06:02
# Ligazón permanente a este artigo
Que saber sobre Ramón Cabanillas?

Ramón Cabanillas, din os críticos que é a ponte entre o Rexurdimento e o século XX porque "recolle e peneira a inquedanza rosaliana, o celtismo de Pondal e a ira de Curros" os tres grandes autores do Rexurdimento galego, anovando o discurso literario a comezos do XX. Ademais adoita considerar como aporte o achegar a literatura galega ás vangardas por introducir a estética modernista que se pode sintetizar na evocación de espazos e tempos remotos (mitos artúricos) a introdución de novos ritmos (alexandrinos)e recursos novidosos (sensacións lumínicas e a sinestesia).

Saber de tres obras:
-Vento mareiro (Explicar a renovación literaria e modernista que emprende o poeta).
-Da terra asoballada (Apuntar a conciencia cívica co que se converte no poeta das reivindicacións do 1º terzo do século XX).
-Na noite estrelecida (Analizar o simbolismo da temática artúrica).

Tradicionalmente divídense as súas obras en dous grandes grupos:

I) Poesía lírica que ten tres direccións das que participa Vento mareiro

a)Poesía social e combativa de carácter
agrarista. (No desterro, Da Terra asoballada)

b)Poesía intimista que pode lembrar a Rosalía.
(A rosa de cen follas)

c)Poesía costumista con pegadas modernistas

II) Poesía narrativa (épica): Na noite estrelecida.

Cabanillas colabora co líder das Irmandades da Fala Antón Vilar Ponte na elaboración de dúas obras teatrais moi singular: A man da santiña e O Mariscal
Comentarios (0) - Categoría: TEMPO DE IRMANDADES - Publicado o 08-10-2017 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Panorámica e resumo para un primeiro traballo persoal.

No enlace seguinte: Panorámica tes un esquema a seguir para realizar unha presentación propia e enviarma por correo electrónico.

UN SOÑADOR: ITH

DÍA DA TRADUCIÓN

MONS MEDULIO

Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 25-09-2017 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
Indo ás raíces...

DA TERRA E A LINGUA (I)
I- Na prehistoria están as raíces da nosa identidade: Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe pre-indoeuropea e logo cara o século VI antes de Cristo chegarían aquí tribos de celtas, unha das grandes familias indoeuropeas. Ambos deixaron a súa pegada no galego, son o substrato da nosa lingua.
II- Antes do galego, GALLAECIA: Os romanos chegan ao noso territorio cara o 131 a.C.. Esta terra tiña unha cultura prerromana que chamamos castrexa. Os romanos establecen unha división provincial na península dándolle o nome de Gallaecia a un territorio maior da actual Galicia, que chega polo sur ata o río Douro e polo leste ata Cantabria. O latín substituíu as linguas dos anteriores poboadores e será a base sobre a que nacerá o galego.
III- GALICIA, o 1º reino medieval de Europa: Coa chegada dos Suevos, un pobo xermánico, baixo o seu dominio consolídase un reino independente que levará o mesmo nome dado antes polos romanos e seguirá falando latín con certas aportacións denominadas de superestrato de orixe xermánica.
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 21-09-2017 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
SABER PARA QUE? ... Para mergullar no mundo


Tentei comenzar cun cadro pequeno
pintandolle esquinas os mares e os ceos.
En cada recuncho atopaba dous erros
tan só contaba con ve-lo primeiro.
Cantabas poemas, imaxes con letras
paraba-lo tempo con cada conversa
con cada sorriso tremían as pernas
mentres asubiabas na miña xanela
e logo xa chegaches ti...
Traias toda aquela luz
pechei os ollos esta vez
e mergullei...

O cadro que pinto xa non ten cancelas
vai ceibo de medos e de indeferenza.
Os erros dos anos arroupan as medras
e nos ven asidos gardando as mareas.
Agora somos eu e ti, gardamos toda aquela luz.
Mil cadros para pintar e máis...
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 - Publicado o 21-09-2017 07:06
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES


O colecionista de historias é o título da Exposición que instalamos nos centro sobre Carlos Casares o autor homenaxeado con gallo do Día das Letras deste 2017 e que tamén podes consultar e ver no seguinte enlace: CARLOS CASARES: O colecionista de historias.



Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 09-05-2017 07:05
# Ligazón permanente a este artigo
Cousas de Castelao
Unha representación teatral dos Quinquilláns de Cousas, de Castelao o 17 de decembro, nunha xira polos centros de toda Galicia promovida pola editorial Galaxia



Trátase de todo un reto pois esta obra teatral procura pasar á linguaxe dramática un texto narrativo, un texto de apariencia sinxelo, un dos clásicos da Literatura Galega de todos os tempos, moi coñecido e polo tanto un traballo moi arriscado. Mais o texto teatral resultante, que foi adaptado por Lucho Penabade e Tero Rodríguez, (os propios actores que interpretan a obra) presenta moitos acertos optimizando, se cabe, a forza do texto orixinal do xenial Castelao.

Sobre unha selección de 5 títulos ou "cousas", estas historias en realidade serven de pretexto para introducírmonos de cheo no mundo das Cousas de Castelao xa que cada un dos relatos escollidos provoca evocacións continuas e diversas doutros moitos dando a sensación, ao longo da representación, de ter percorrido de novo unha gran parte do conxunto das narracións da man dos numerosísimos personaxes, dos múltiples detalles e perspectivas, historias e acontecidos que a obra do inmortal rianxeiro ofrece. Relatos como "O Rifante", ou "o pai de Migueliño" vólvense así parte dun retábulo en movemento que se vai abrindo máis e máis a medida que avanza a posta en escena.

Desta montaxe finalmente destacaríamos a estética castelaniana coa que se aborda e que permite ao público (xuvenil ou non) retrotraérense á época na que Castelao escribiu o texto e, á vez, sentirse mergullando nas fórmulas plásticas caricaturescas coas que o autor completa os seus relatos. Trazos fortes e seguros, que insinúan e ganduxan o carácter dos personaxes con humor e cunha fondura sorprendentes. Hai outro aspecto moi notable que é a versatilidade dos actores, que a pesar de seren dous parecen cento, o que di tamén moito do traballo actoral que hai detrás desta emotiva obra teatral que para nada desmerece o marabilloso texto do que nace, senón que vén a ser un fermoso e moi recomendable complemento emulando a función dos mesmos debuxos que acompañan cada historia.

En definitiva, unha montaxe digna de ver e recomendar, moi válida para actualizar e divulgar a obra dun dos máis prestixiosos e recoñecidos autores e, polo tanto, cun gran valor didáctico, unha das preocupacións coa que naceu esta substanciosa adaptación dos Quinquilláns. Como eles mesmos recoñecen dalgún xeito a representación convértese nunha auténtica invitación a "vivir e revivir o lido a través da versión teatral".



Comentarios (0) - Categoría: CASTELAO - Publicado o 09-01-2017 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
NO DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-09-2016 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0