GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Outono, doente e murcho.
Outono, doente e murcho
Aínda és bonito e saudoso.
Adoro a túa dozura,
Como de viño que tivese as acedías
Dun morrer desexado.

Dóenme na ialma
As notas dos teus cantos sin esprendores,
Tuas froitas e froits aínda brilantes,
E teus árbores xa nus de follas.

Outono, que me deixas dormir
Riba da herba seca
Con soños de amores tardíos.
Eu che agradezo
Poder dar a esquezimentos
As agruras do vivir,
Os pensamentos mordentes, os remorsos;
Os probiños de Deus que ninguén ampara,
Os mandados inúteis
As autoridais que nos asoballan,
Os ires para algures e voltar de ningures,
As parvas axitacións e as ilusións mermas,
As rábeas dos povos aos tiráns trementes
Os rapaciños famentos,
O porvir se espranzas...

¡Outono, carabel deitado
Ao vidro cantareiro dunha fonte!
Outono, doente e murcho,
Choremos xuntos.
Polos que morren, polos que matan,
Polas notas lontanas dunha gaita infinda,
Polas follas dos árbores axitadas no vento.
Polos corpos que baixan á terra,
Polas almas qu se van e non voltan,
E por nós, sombras de ren,
E de ninguén,
Que de ninguén esperan ren.

Castelao

Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
O outono
O OUTONO
O outono e unha estación do ano no que as árbores se ispen e amósanos a fermosura das combinacións coloras das follas.A árbore que espese, deixa as súas follas caian e o rodeen da fermosura,e prepáranse para a chegada dunha nova quenda de follas verdes e bonitas na primavera,tralo inverno. Esta imaxe apreciase ben cando miras unha paisaxe chea de árbores de folla caduca porque así en outono verás unha nova fermosa imaxe de cores marróns.O outono tamén vén acompañado cunha froita moi desa época.Unha froita que cae do ceo na súa armadura de pinchos,como agullas,e ao chegar ao chan provoca a independencia das castañas do seu interior e isto é o outono.
Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Comezamos o camiño
O Camiño que nos identifica é o lema que este curso 09/10 escollemos para entrarmos en Galicia e nos vieiros da súa cultura. Este curso de 4º da ESO procurará ser a ferramenta para coñecer mellor a Galicia do século XX a que é base consistente, o pasado inmediato da que estamos a construír no século XXI. Imos pois comezar este camiño no tempo do outono, propicio para a reflexión e as evocacións. Confiamos en que dende este blog rteñamos máis presente o noso pasado para poder así poder soñar o noso futuro con garantías.
Aquí fica unha música chea de contido para abrir boca:

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-11-2009 06:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0