GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GALLAECIA: O primeiro Reino medieval de Europa
Estes días estáse a desenvolver o Congreso internacional "1600 anos do reino Suevo de Galicia" no Pazo da Cultura de Pontevedra organizado pola Universidade de Santiago. Un evento importante para a nosa cultura.

Á par da xestación deste reino a mans dos Suevos, estábase a dar o que segundo X.Eduardo López Pereira podemos denominar o 1º Espertar cultural de Galicia.

CUESTIÓNS:
1- Quen son os principais protagonistas e cales os prinvcipais fitos deste 1º espertar cultural de Galicia?

2- Que aportaron os Suevos á Historia da nosa Lingua? Redacta unha redacción de non menos de 25 liñas sobre este tema na que procures aportar algún dato relevante sobre a influencia dos Suevos no superestrato lingüístico do galego.(Podes facer unha pequena consulta na páxina do Colexio en departamento didácticos, no Departamento de Galego na entrada titulada Historia da Lingua onde atoparás algo máis de información sobre a pegada dos Suevos na Lingua).

3- Observando o mapa dinámico do territorio do Reino de Galicia dende a época romana ano 19 ata o século XIX, comenta cada unha das etapas e estensión do seu territorio.

No 409 establecéronse no noroeste da Península Ibérica os suevos, pero non impuxeron a súa lingua, polo contrario tiveron que adoptar a lingua materna dos galaicos, o latín vulgar. Pouco despois incorporáronse os visigodos, que tampouco impuxeron a súa lingua debido á acción da corte de Toledo.

As aportacións deixadas polos pobos xermánicos que se superpuxeron ao latín galaico, o superestrato, son:
*Léxico de procedencia sueva: laverca, lobio, britar, feltro...
*Topónimos acabados en -riz(=que ten autoridade): Guitiriz, Allariz, MOndariz, Arxeriz...
*Topónimos finalizados en -mil, -mir, -miro (=famoso): Castromil, Samil, Boimil, Valdomir, Valdomiro...
*Topónimos acabados en -monde, -munde, mondi, -mundi (=protección): Baamonde, Rocamonde, Taramundi, EXtramundi...
*Topónimos coa terminación -ar (=exército) e -mar (=cabalo): Baltar, Gondar, Tosar, Remesar...; Gondomar, Ansemar...
*Topónimos que acaban en -ulfe, -olfe, -ufe (=lobo): Frexulfe, Randulfe, Trasulfe, Gondufe...
*Topónimos coas palabras godo ou suevos: Godas, Godón, A Gudiña, Vilagude, Suevos, Suegos...
*Lexico militar e político xudicial: elmo, guerra, frecha, espiar, dardo, gañar, vasalo, feudo...
*Outros verbos e adxectivos: morno, rico, danzar, esmagar, guiar, branco, gris, escarnecer, tripar, arranxar...
*Antropónimos: Adela, Afonso, Álvaro, Bertnardo, Carlos, Elvira, Fernando, Henrique, Leonardo, Luís, Matilde, Ricardo, Rodrigo, Xerardo...
*A terminación -iz, -is, -ez e -es dos apelidos (=que significa fillo de): Mauriz, Fernández ou Fernandes, Pais, Méndez ou Mendes, López ou Lopes, Pérez ou Peres, etc.
*Das vagas celtas procedentes de Bretaña, establecidas na diocese de Britonia, consérvanse poucas palabras: os topónimos de Bretoña (A Pastoriza), Bretoña (Barro), Bretonía, Bertoña... e o mome Maeloc.

Gabriel Martínez Loveira
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 05-10-2010 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0