GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As raíces da nosa lingua
Aquí explicaremos as Orixes da Nosa Lingua No Preindoeuropeo e O Indoeuropeo,Os distintos Povos e as Pabras que obtemos daquela Época.

Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe preindoeuropea e ao igual que os indoeuropeos deixaron a súa pegada na lingua galega.O Substratos preindoeuropeos cronoloxicamente, están situados na Idade de Pedra, e fórmanos distintas etnias convivindo no noroeste da península Ibérica.O Substrato indoeuropeo desprázase até a península e se superpoñe ás etnias anteriores.

Distintas Etnias Preindoeuropeas:

* Euroafricano ou mediterráneo (desde o Norte de África ata os Alpes),nos deixou palabras como cosco, mata, quiroga e variantes (queiroga, queiruga, queiroa...), carqueixa, carrabouxo, carrasco...
* Hispano-caucásico (desde o Atlántico ao Cáucaso, na Europa meridional), con voces como coto, amorodo e variantes, sobaco, gorro ...
* Tirrénico (no Mediterráneo), do cal xurdiron touza, morea, petouto, lastra, barro, cama, veiga, varcia, gándara...

Linguas Indoeuropeas:
Linguas Protoceltas:Algúns dos restos que deixaron no galego son os topónimos co sufixo -asc- e -usc- (Viascón, Tarascón, Velasco, Ledusco...), xunto con cabana, canastro, cabazo, cabaceira, páramo...

Linguas Celtas:As palabras tomáronse ás veces directamente do celta, como foron beizo, laxe,lousa, lama, boroa, croio / coio, bico, berro, bosta, billa, berce, bugallo, centola, seara, bágoa, vasoira, colmo (=palla), gancho, braña, virar, alpendre, touciño, tona... Noutras ocasións, debido ao duradeiro contacto entre celtas e romanos, incorporáronse ao latín: camisa, braga, cabalo, carro, cervexa... E tamén foi na toponimia onde temos herdanza léxica deixada polos celtas: a terminación -obre ou -robe (Landrove, Lestrobe, O Grove, Barallobre, Illobre, Anzobre, Callobre, Canzobre, Montrobe, Tiobre, Pantiñobre...), o sufixo -brica ou -briga, que significa fortaleza (Brigantium, Bergantiños, Coimbra...)

GONZÁLEZ FREIRE, Gabriel
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 05-10-2010 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0