GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para a celebración do día do Teatro
Uf é un texto de Sechu Sende que dá moito xogo...

UF
Entrou na cafetería, prendeuse naqueles ollos, asombrouse e soubo que atopara algo? Fixo uf e comezou a?, mirouna outra vez e comezou a amala, a querela, pensou, e sentou á mesa máis achegada á cafeteira e sentiu?, uf, que comezaba a?
?Ola ?dixo ela?, que queres?
?Quero? macela.

Ao día seguinte entrou á mesma hora e ela seguía alí e sentiu que, uf, que a quería, en serio, pensou. ?Ola ?dixo ela?, que queres?
?Quero? tila.

Ao terceiro día continuaba queréndoa e comezou a imaxinar e a necesitar, ao mesmo tempo, que ela estaba, que ela estivese, comezando a sentir iso tamén, uf.
?Ola, que queres?
?Quero? menta.

Ao cuarto día sentiu que xa non podía máis, que tiña que dicirllo. Teño que dicirllo, pensou, uf.
?Ola, que queres? -dixo ela.
?Quero... te ?dixo el.

Ela abriu os ollos preguntando Como? e el dixo outra vez en baixiño Quero? te. E dixo Quero? te ao día seguinte e Quero? te ao seguinte e ao cuarto día tamén dixo Quero te e entón ela díxolle cos ollos Eu tamén.

PARA COMENTAR: Uf!, unha das claves, e a outra o xogo de palabras: Quero té ou quérote ...

Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS - Publicado o 03-04-2019 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0