GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONCURSANDO DÍA A DÍA COAS LETRAS
CONCURSO DA BIBLIOTECA, EDLG E O DEPARTAMENTO DE GALEGO

Podes participar ata o 30 de maio, día no que se entregarán os premios aos gañadores/as.

É un CONCURSO DIARIO.

Contestar a cuestións como estas:

CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (20)

CUESTIÓNS para o 29 de maio ( derradeiro día)

1ª Como se chama o autor de obras como Días sen Gloria, Animaliños ou Criaturas? En que ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas?
R _ _ _ _ _ _ _ I _ _ _ _ _ _ _ _ O

_ _ 1 _

2ª Saberías como se chama unha das súas obras máis polémicas que van representar os alumnos/as de 1º Bacharelato proximamente?
A_ _ _ _ _ _ _ D _ S_ _ _ _ _ _

3ª Esta obra é unha revisión sobre a visión que os galegos temos sobre unha figura clave do Rexurdimento, saberías cal é o seu nome ?
_ _ _ _ _ _ _ D_ C_ _ _ _ _



PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundaria!


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (17)

CUESTIÓNS para o 24 de maio

1ª O ano 1990 dedicouselle o Día das Letras a un poeta nado en Lugo capital. Cal é o seu nome?
L_ _ _ P_ _ _ _ _ _ _

2ª Máis recentemente outro escritor de Lugo capital, este autor de obras en prosa foi homenaxeado no Día das Letras ? En que ano foi homenaxeado?
? A_ _ _ _ F_ _ _ _
? 1_ _ _
3ª Catro títulos fixeron coñecido a este autor. Cales son?
Á L_ _ D_ C_ _ _ _ _
T _ _ _ _ _ _ A_ _
C_ _ _ _ _ D_ N_ _ _A
H_ _ _ _ _ _ _ _ Q_ _ N_ _ _ _ _ _ C_ _

PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG



CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (16)

CUESTIÓNS para o 23 de maio


1ª O ano 1971 dedicouselle o Día das Letras a un poeta do mar, seguramente por nacer en Muxía. Cal é o seu nome?

G _ _ _ _ _ _ L _ _ _ _ A _ _ _ _ _

2ª Un membro pouco coñecido da xeración Nós, autor homenaxeado no Día das Letras no ano 1985,como se chamaba?

A_ _ _ _ L_ _ _ _ _ D_ _ _ _ _ _




PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (15)

CUESTIÓNS para o 22 de maio


1ª O ano 1968 dedicouselle o Día das Letras a un dos membros da Xeración Nós coñecido polos seus estudos arquolóxicos. Cal é o seu nome?

F _ _ _ _ _ _ _ _ _ L _ _ _ _ C_ _ _ _ _ _ _ _

2ª Outro membro desta xeración, autor dunha considerable obra en prosa foi homenaxeaado anos despois, como se chamaba e en que ano se celebrou o seu Día das Letras?


V_ _ _ _ _ _ R_ _ _ _ _

_ 9 _ _

3ª Procura un par de títulos deste autor, o dunha das súas novelas máis coñecidas e a súa obra de teatro?

O P_ _ _ _ D_ P_

O B_ _ _ _ D _ _ R _ _



PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (14)

CUESTIÓNS para o 21 de maio


1ª O ano 1970 dedicouselle o Día das Letras a un estudoso do léxico galego. Cal é o seu nome?

M _ _ _ _ _ _ V_ _ _ _ _ _ _ _ _

2ª Ademais de edoitar un dicionario galego-castelán no ano 1884, tamén fixo unha novela. Saberías como se chama ?


M_ _ I _ _ OU A F _ _ _A E_ _ _ _ _A

3ª Cal foi o poeta a quen se lle dedicou o Día das Letras o ano anterior?


A_ _ _ _ _ _ N _ _ _ _ _ _ V_ _ _ _ _


PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA(13)

CUESTIÓNS para o 16 de maio

1ª Antes da aparición de Roberto Vidal Bolaño na nosa Literatura Dramática case que nada parecido sucederá no eido do Teatro en galego a non ser no 1º terzo do século XX, xusto antes do Franquismo e despois de Rosalía. O ano 1977 dedicouselle o Día das Letras a un referente do teatro dese tempo. Cal é o seu nome?
A _ _ _ N V_ _ _ _ _ P _ _ _ _

2ª Saberías como se chama a súa obra de teatro máis coñecida e como se chama o poeta que a compuxo a medias con el ?
? M_ _ _ _ _ _ _
? R_ _ _ _ C _ _ _ _ _ _ _ _ S
3ª Como se chama a organización coa que logo se coñece tamén ao período previo ao nacemento do nacionalismo galego?
A_ I _ _ _ _ _A_ _ _ D _ F_ _ _



PARTICIPA!!
CONCURSA!!

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA(12)

CUESTIÓNS para o 15 de maio

1- Cal é o nome do autor, lugar de nacemento e da súa morte do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas?

R_ _ _ _ _ _ V _ _ _ _ B _ _ _ _ _

S_ _ _ _ _ _ _ D_ C_ _ _ _ _ _ _ _ A

2ª Este dramaturgo está considerado fundamental á hora de comprender a evolución do Teatro Galego entre outras cousas por ser "o pai da profesionalización" do teatro galego, é dicir, que fundou compañías ou grupos de teatro profesional, actores e actrices que vivían de representar obras polas vilas de Galicia. Que dúas compañías fundou na súa vida?

T_ _ _ _ _ A_ _ _ _ _ _ _

T_ _ _ _ _ D _ A _ _ _

3ª Deste autor que só escribiu teatro ou guións para series ou películas,lembras cinco dos títulos das súas obras máis importantes?

L _ _ _ _ _ _ _ _

D _ _ _ _ _ _

S_ _ _ T _ _ _ _

A_ _ _ _ _ _ _ _ _

C_ _ _ _ _ _ _ _


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA(11)

CUESTIÓNS para o 14 de maio

1ª Cal foi o autor homenaxeado no segundo Día das Letras. Cal é o seu nome?
D _ _ _ _ _ R_ _ _ _ _ _ _ _ C_ _ _ _ _ _ _

2ª Ademais de autor e debuxante foi unha figura clave par lograr como político un dos máis importantes pasos no recoñecemento da nosa identidade como pobo. Cal é o nome desta normativa que se conseguiu aprobar nas urnas, pero que foi imposible aplicar polo golpe de Estado e a posterior instauración da Ditadura de Franco?

E_ _ _ _ _ _ _ D_ G_ _ _ _ _ _

3ª Este autor, ademais de escribir en prosa Cousas ou os Dous de sempre, tamén é coñecido por realizar unha obra de teatro que se estrenou en Bos Aires. Como se titula esta obra?

O_ V_ _ _ _ _ N_ _ D_ _ _ _ N _ _ _ R _ _ _ _

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG

PARTICIPA!!



CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA(10)

CUESTIÓNS para o 13 de maio

1ª Houbo un autor que a pesar de morrer con 37 anos de idade foi homenaxeado no ano 1974 no Día das Letras. Cal é o seu nome?
X _ _ N V_ _ _ _ _ _ V _ Q _ _ _ _ _

2ª Saberías como se chamaba outro autor que tamén morreu novo e que foi homenaxeado hai poucos anos?
L_ _ _ P_ _ _ _ _ _
3ª Aínda hai outro poeta do mar que tamén morreu mozo. É o autor do poemario De catro a catro, un exemplo da poesía das Vangardas galegas do 1º terzo do século XX. Como se chamaba e en que ano foi homenaxeado?

M _ _ _ _ _ A_ _ _ _ _ _ 1_ _ _

PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundaria!

CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (9)

CUESTIÓNS para o 10 de maio

1ª Cal é o nome do homenaxeado no ano 1972 no Día das Letras ?
V _ _ _ _ _ _ N L_ _ _ _ C _ _ V _ _ _ L

2ª Trátase doutra das grandes figuras do Rexurdimento do galego do século XIX que é moi coñecido por unha obra publicada por entregas en 1888, cal era o nome desta obra?
C_ _ _ _ _ _ _ O D_ L _ _ R _ _ _

3ª Outro dos aportes deste autor é o primeiro xornal editado en galego. O título desta publicación en homenaxe ao P. Sarmiento foi tomado dun nome que o erudito nomea como autor das súas coplas, cal é ese nome ?

O T _ _ M _ _ _ _ _ D _ P _ R_ _ _ _

PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundaria!

CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (8)

CUESTIÓNS para o 9 de maio

1ª Cal é o nome do homenaxeado no ano 1973 no Día das Letras ?
M _ _ _ _ _L L_ _ _ G _ _ _ Á _ _ _

2ª Foi un relixioso bispo en varios lugares, pero tamén arcebispo de?
S_ _ _ _ _ _ _ D_ _ _ _ P _ _ _ _ _ _

3ª Outro autor ligado á Igrexa, tamén foi homeaxeado no Día das Letras Galegas. Como se chamaba este autor que chegou a publicar tres novelas en galego?

A_ _ _ _ _ _ L _ _ _ _ F _ _ R_ _ _ _

PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundaria!


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (7)

CUESTIÓNS para o 8 de maio

1ª Cal é o nome do homenaxeado no ano 2000 no Día das Letras ?
M _ _ _ _ _L M _ _ _ _ _ A

2ª Foi o primeiro presidente da Real Academia Galega e o súa obra xira, en gran medida, ao redor da identidade da nación galega. Cal é a súa obra máis coñecida?
H_ _ _ _ R _ _ D_ G _ _ _ C _ _

3ª Este autor aínda que non escribiu literatura foi quen animou a escribir e publicar a diversos autores en galego, entre eles a súa esposa. Como se chamaba a súa muller?

R_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _R_

PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundariaou nos seguintes enlaces:
Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (6)

CUESTIÓNS para o 7 de maio

1ª Cal é o nome do autor pontevedrés homenaxeado no ano 1975 no Día das Letras?
X_ _ _ M _ _ _ _ _L P _ _ _ _ _

2ª Trástase do autor dunha obra das máis recoñecidas dos Precursores do Rexurdimento do galego escrito no século XIX. Como se chma esa obra, cuxo fío é o diálogo entee un gaiteiro e o seu aprendiz que toca o tambor?
A G_ _ _ _ G _ _ _ E _ _

3ª Este autor tamén foi un gran entusiasta das obras do denominado Pai das Letras, quen nacera no Bierzo, pero vivirá a infancia e a adolescencia en Pontevedra. Por ese motivo editou en 1859 o seu Coloquio de 24 rústicos ou as 1200 coplas, como se chama este ilustrado tan admirado polo noso autor?

P_ _ _ _ M_ _ _ Í _ S_ _ _ I_ _ _ _

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (5)


CUESTIÓNS para o 6 de maio

1ª Cal é o nome dos autores homenaxeados nos anos 66 e 67?
F_ _ _ _ _ _ _ _ A _ _ _ P_ _
M _ _ _ _ _ _ _ _ R _ _ E _ _ _ _ _ _ _

2ª Cal é o título do poema máis coñecido do primeiro ( compuxo uns 50 poemas)? E do segundo poeta cal é o título da obra poética pola que foi excomulgado?

A _ _ _ _ _ I _
A_ _ _ _ _ _ M _ _ _ _ E _ _ _

3ª O primeiro foi un dos máis destacados poetas dunha das etapas, da cal o segundo é un dos seus piares, un poeta fundamental para a entender. Como se denomina a este período da literatura galega?

R_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ O


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (4)

CUESTIÓNS para o 3 de maio

1ª Cal é o nome do autor do Hinmo galego? En que ano lle dedicaron o día das Letras?

E_ _ _ _ _ _ P_ _ _ _ _
1 _ _ _

2ª Con que título editou este autor o poema do que as primeiras estrofas logo serían o Himno galego?
Q _ _ I _ _ _ _ _ D_ _ P_ _ _ _

3ª Quen lle puxo música ao Himno de Galicia? O himno foi estrenado no Centro Galego da Habana (Cuba) en que ano?
P_ _ _ _ _ _ V_ _ _ _
_ 9 _ _


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (3)

CUESTIÓNS para o 2 de maio

1ª A quen se lle dedicaron o Día das Letras no ano 2002.

P_ _ _ _ M_ _ _ Í _ S_ _ _ I_ _ _ _





2ª Despois de escoitar atentamente o microprogramada CRTVG do Día das Letras do ano 2002 contesta en que lugares, por vez primeira da súa historia, celebrou a Academia ese ano a sesión en honor do homenaxeado?
Por que motivo?


3ª A pesar de vivir no século XVIII foi considerado Pai das Letras Galegas, ao ser o primeiro filólogo da nosa lingua e precursor do Rexurdimento por escribir en galego unha obra en verso, cal é o seu título?

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (2)

CUESTIÓNS para o 30 de abril

1ª Adiviña a que tres medievais se lle dedicaron un 17 de maio:
M_ _ _ _ _ C_ _ _ _X
J_ H _ N _ _ C _ _ _ _ _
M_ _ _ _ _ H _

2ª Indica de cal dos tres só a conservamos unha composición: "Sediam'eu na ermida de San Simón".

3ª Indica de cal dos tres autores conservamos a letra e a música das súas cantigas do mar de Vigo?

4º A que rei galego do século XIII afincado en Toledo se lle dedicaeon as Letras galegas? Cales son as composicións en galego-portugués máis coñecidas deste autor?

Para poder respostar podes facer uso dos seguintes enlaces:

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG


CUESTIÓNS para o 29 de abril

1ª Adiviña a que tres mulleres se lle dedicaron un 17 de maio:

R_ _ _ _ _ _ _ _ C_ _ _R_

F_ _ N_ _ _C _ H_ _ _ _ R_ G_ _ _ I _ _

M_ _ _ _ M_ _ _Ñ_

2ª Indica cal das tres foi a primeira muller que entrou na Academia Galega.


3ª Indica o motivo e a causa de cal das tres se escolleu o día 17 de maio para celebrar un Día dedicado ás Letras Galegas?



Para poder respostar podes facer uso dos seguintes enlaces:

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 28-04-2013 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
Achegándonos a Roberto Vidal Bolaño

Roberto Vidal Bolaño será homenaxeado este ano con motivo das Letras Galegas. Nós tentaremos dramatizar un anaquño da súa versión "A ópera de a patacón". ´e por iso que imos ir adentrándonos no seu mundo paseniño.




Sobre a vida e a obra:






Retallos na páxina CRTVG entrevistas e algún que outro documental.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 20-03-2013 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
LOIS PEREIRO: LETRAS 2011


Celebramos as Letras galegas este ano dedicadas a Lois Pereiro. Podes consultar na páxina da Academia Galega unha biografía e unha reseña acerca da súa obra.
Destas liñas escritas polo seu irmán entresacamos as seguintes:

"Escoitara coma quen oe o río das orixes"

"Nunca escribirei en castelán", díxolle un día á que empezaba a ser a súa moza, Piedad Cabo. "Quero ser como Manuel Antonio, escribir un libro e morrer novo".

Modesta proposición "Teño liberdade de acción para exiliar o meu espírito no Ártico, en Asia ou no Nepal, e teño permiso para que nada humano me sexa alleo. Por iso podo decidir militar na miña propia lingua".

"Non podo ver nenos que son só ollos", díxolle á nai.

Poemas 1981/1991 (Edicións Positivas). Corenta e dous poemas "mestura de video-clip, haiku, destello, pregaria e cantiga de escarnio", escribiu Manuel Rivas en Babelia, "que o converten no clásico que ten a literatura galega sen sabelo".


"O futuro é por forza alleo a min" Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 (Edicións Positivas, 1995)

Epitafio
"Cuspídeme enriba cando pasedes
diante do lugar onde repouse
enviándome unha húmida mensaxe
de vida e de furia necesaria".


Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 10-05-2011 06:41
# Ligazón permanente a este artigo
Volvemos con Seoane e Novoneyra para unha actividade
Como remata o 2010 e o Xacobeo e foi este o ano de Luis Seoane comezamos con esta

ORACIÓN DO ARTISTA QUE VOLTA


Queremos cos ósos da nosa testa
crocar na túa testa de pedra,
Mestre Mateo.

Andamos polo mundo con medo.
Aínda temos medo.
Medo a todo.
Coma ti, Mestre Mateo,
Quixeramos perder ese medo
aos homes, aos deuses, ás cousas,
a todo o que non sabemos.
Solicitar perdón pola nosa obra
non sabemos a quen.
Cecais
aos deuses, aos homes, ás cousas.

Dende moi lonxe vimos camiñando
pra atopar cos ollos
esta terra nosa.
Túa e nosa, Mestre Mateo.

Pra dar coa nosa testa de ósos
na túa testa de pedra,
e dicir a esta Terra:
Témoste levado sempre connosco
ao través do mar e do deserto
entre homes cobizosos e vagamundos,
temendo perdernos.

Agora que estamos soios i é tarde
vimos dende moi lonxe,
dende as sombras,
coma tantos outros viñeron denantes
a ofrecerte unicamente,
Terra:
A nosa morte.

Amén.

LUIS SEOANE, Na bretema, Sant-Iago.b>



Utilizaremos este recitado para unha "preformans" que estamos preparando para o peche deste trimestre en galego. Letanía de Galicia, de Uxío Novoneyra:

Comentarios (3) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 15-12-2010 05:24
# Ligazón permanente a este artigo
UXÍO NOVONEYRA: POETA DO COUREL, POETA DE COMPOSTELA

COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home?




1- Un home do COUREL (Biografía).

Uxío Novoneyra(1930-1999) é o poeta do Courel, mais tamén de Compostela, é dicir de Galicia. Esta dicotomía faino poeta do rural e da paisaxe, pero tamén poeta social e urbano, cunha tendencia ineludible cara ao universal, pois como o camiño a Compostela, el como poeta síntese no camiño do humanidade, poeta social por compromiso co home coa liberdade.



2- Poeta consagrado: Os EIDOS e a poesía da metapaisaxe.

Novoneyra, é un poeta que se recrea unha e outra vez no seu primeiro libro: Os Eidos (1955). Un poeta que fala da terra da paisaxe da natureza e do home fronte a ela. É tamén un poeta que nos anos 50 será colocado na nómina dos clásicos, e con 25 anos foi consagrado e coñecido en todo os ámbitos culturais, e impulsado por Galaxia e o Piñeirismo, como modelo de poetas que non viviron a guerra e falan de Galicia, que son a confirmación da renovación tras da guerra civil do 36 e en plena ditadura de Franco.


Que é a poesía da metapaisaxe?
denominamos metapaisaxística a unha poética que versa sobre a natureza en sentido
amplo, sen buscar a súa descrición física, senón procurando nela
o sentido último das cousas, da humanidade e da propia individualidade.
Neste mesmo xeito, radica tamén a dimensión ecolóxica,?
Efectivamente,esta peculiar vivencia do contorno natural parece ser unha
nota característica da tradición autóctona galega, segundo nos
demostra a antropoloxía. Da mesma maneira, está moi presente
na propia literatura galega, polo menos nunha corrente cultural
que se remonta á lírica dos cancioneiros medievais, pasa polas
creacións da literatura folclórica e maniféstase en individualidades
da literatura contemporánea, como Rosalía de Castro, Eduardo
Pondal, Otero Pedrayo ou Xohana Torres. Por outra parte, non
podemos esquecer a xa longa tradición da denominada escola
paixasística da provincia de Lugo, na que se inclúen autores, algúns
deles tan distintos como Manuel Leiras Pulpeiro, Antón Noriega
Varela, Aquilino Iglesia Alvariño, Xosé Crecente Vega, Xosé
María Díaz Castro, Manuel María e o propio Novoneyra, (Os Eidos. Introdución.
Edición de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco)

Cuestións:
Que cres quere dicir que Uxío é o "cantor dos tesos cumes courelaos":

Procura algún exemplo nos moitos textos da Exposición das Letras Galegas 2010 que visitaches.


3- Poeta social: Do COUREL a COMPOSTELA.

Pero Uxío, en palabras de Emilio Insua, era un ?espírito independente e singular, torceu a propósito o rumbo polo que eses sectores do Piñeirismo tiñan interese en que navegase sen se desviar?, mais o seu illamento no Caurel do 52-62 e a estadía en Madrid do 62 ao 66 determinaron a evolución persoal, estética e ideolóxica? o cantor dos tesos cumes courelaos, sen abandonar ese motivo recorrente e esencial na súa poesía abriu a partir de 1953 novos campos temáticos e formais? explorar os camiños do soño, a declarar a folga xeral contra da Historia e escribir contra a guerra de Vietnam, contra o poder, contra a Galicia atrelada, triste e calada á forza e, como non, unha identificación absoluta e militante coa causa do idioma?: A Fala é o único sitio onde seguen vivos os antepasados, dicía.

O compromiso social de Novoneyra co pobo galego é froito da realidade
sociocultural de Galicia que viviu o autor. O poeta, fillo de labregos,
nace en 1930 e, polo tanto, de neno viviu a Guerra Civil e a represión
tras a ditadura. Esta vivencia reflíctese nunha das súas máis grandes
obras, a chamada Letanía de Galicia. Esta obra está escrita para ser recitada
como unha ladaíña ou un rosario. Unha vez máis, temos unha das
características da poesía de Novoneyra, que é que moitas veces debe
ser representada ou mesmo cantada.
A década dos 50 supón un afianzamento da verba como arma contra
as inxustizas sociais. Aires de solidariedade cos que sofren percorren
as páxinas poéticas en galego. Porén, a nosa literatura vence
o seu primixenio carácter localista con respecto á poesía de denuncia.
Os autores de mediados do século XX deseñan un discurso
máis universal e, sen deixar de lado os problemas especificamente
galegos, serán voceiros tamén da dor doutros pobos que sofren a
opresión imperialista e capitalista. Novoneyra non queda á marxe
destas preocupacións e préstalles a súa voz aos oprimidos deste
mundo. A súa denuncia recolle a indignación ante o masacre norteamericano
en Vietnam ou a preocupación xeral diante do golpe
de estado en Chile.
Uxío viviu estas experiencias dende unha perspectiva antiimperialista e
creou as composicións ?Pranto polo Ché? e o máis famoso ?Vietnam canto?.
O maior conflito acontecido neste período da Guerra Fría seguramente
sexa a chamada guerra do Vietnam, entre o Vietnam do sur, apoiado por
EEUU, e o Vietnam do norte, comunista e apoiado pola URSS. Os EEUU usaron
unha forza desmesurada para tratar de dobregar o inimigo, pero non
puideron facelo e abandonaron a contenda definitivamente no ano 1975.

Ao mesmo tempo, Novoneyra eríxese en continuador da liña de denuncia
social máis localista iniciada xa no Rexurdimento e retoma temas
xa clásicos, como a miseria das clases populares galegas, a fame e a
lacra da emigración. A solidariedade de Novoneyra maniféstase, polo
tanto, cara ao seu contorno máis próximo (?Todo o que pasou o meu
pobo pasoume a min?), pero tamén desde unha óptica universal (?Todo
o que pasou ó home pasoume a min?).
o poema pode constituírse en moitas ocasións nunha
alegación contra as relacións de poder establecidas, ante as cales o individuo
se desmarca de maneira desafiante (?só teñen de noso os nosos
nomes no censo?).
Novoneyra percibe en si mesmo como poeta esa necesidade de constituírse
en voceiro (?De tanto calar xa falo eu solo?)

4- Poeta da Fala oriental. O compromiso coa Lingua.

Uxío Novoneyra foi un home moi comprometido coa realidade galega,
?verbo verdadeiro que fala o pueblo?, e un personaxe singular que non
deixou indiferente a ninguén.
Dende a Asociación de Escritores en Lingua Galega, promoveu a defensa
do idioma, como signo de identidade e de orgullo, fronte ao rexeitamento
que xeraba o galego durante a ditadura, como lingua de clase baixa:
?Lingua que rexeitaron os meus pais?
A mediados do século XX, se un escritor optaba por expresarse en galego
estaba adquirindo un compromiso tinguido de todo tipo de matices
ideolóxicos.
Un compromiso cunha lingua totalmente relegada de usos públicos,
oficiais e relevantes; unha lingua que soportaba todo tipo de estigmas,
tópicos degradantes e, incluso, desprezos; unha lingua asociada ás clases
populares, obreiras e rurais; e, tamén, unha lingua de oposición manifesta
ao poder establecido.
Por iso, expresarse en galego xa supuña un posicionamento social en si
mesmo, á parte dun sinal de autoafirmación galeguista, así como de reivindicación
da propia identidade como pobo.

A súa linguaxe poética reproduce a fértil variante dialectal courelá, onde
a natureza sobrevive en eclosión estacionaria permanente e desde un
compromiso inequívoco coa lingua galega, a quen define como ?o único
sitio onde seguen vivos os antepasados?

Procura exemplos máis repetidos dos dialectalismo da fala oriental nos seus poemas.

5- Poeta existencial.

Así mesmo, en Os Eidos móstrasenos unha natureza que envolve o home ata convertelo en algo pequeno, insignificante, que é transcendido pola
Paisaxe
Ese home é ?o camiñante que pasa?, consciente das súas limitacións e do
seu carácter efémero, mortal, finito. Esta característica fai que o home que
retrata Novoneyra exprese as súas dúbidas existenciais por medio de interrogacións
que quedan no aire, sen resposta... ?¡El pra onde vou??.
Ao mesmo tempo, no seu conflito interno entre o SER e o NON SER, o home
aférrase con forza ás súas esperanzas transcendentais: ?Teimo algo que
desminta a seguranza de que todo está perdido?
Novoneyra propón certas actitudes do home diante do seu tráxico destino:
- INCONFORMISMO: ?Non podo non ser nin ser así?.
- INSEGURIDADE: ?Non temos nada que non se perda doadamente?.
- RESIGNACIÓN: ?Nada foxe ao final certo?.
O home, en definitiva, na poesía de Novoneyra é un ser ferido pola constante
presenza da morte; unha morte que se enfoca nalgún caso como a
ausencia dun futuro cara ao cal avanzar, coma un inquietante estado de
estatismo perpetuo: ?Morrer é ficar morto?.

Cuestións:
Que significa que Uxío é un poeta existencial?
Analiza tamén de que xeito se manifestan neles os tópicos literarios
do tempus fugit e do homo viator.
Procura tamén varios poemas que conteñan esta temática.

6- Poesía intimista.

No intimismo, a través de formas de expresión líricas e subxectivas, o eu
poético interrógase sobre a súa propia existencia, sobre o amor e a súa
problemática. Son as reflexións dun ser sobre o mundo e incluso a proximidade
á dor e á aflición que nacen da soidade, da morte.
O libro de Muller pro lonxe é no qu emellor se percibe esta temática.
O intimismo en Novoneyra nace da súa vivencia telúrica no Courel, alí no
medio do monte elabora a súa visión propia da vida, do home e da natureza,
o que lle confire á súa obra unha dimensión, que a fai inseparable en
moitos casos, entre intimismo, poesía da terra e existencialismo.

7- Poeta innovador e outras producións.

Os caligramas e o seu estilo cargado de espírito innovador.
Pese a rexeitar en todo momento a despersonalización que propuñan
as vangardas, Novoneyra si que soubo incorporar un gran número de recursos
innovadores que floreceran nas diferentes correntes de comezos
de século.
Sen deixar a un lado o marcado carácter moi intimamente popular, vivencial
ou comprometido, Novoneyra foi capaz de potenciar a súa mensaxe
e de suscitar diversas emocións xogando co significante por medio
das técnicas vangardistas máis eficaces ao respecto:
Novoneyra consegue, polo tanto, un uso moi significativo das maiúsculas,
dos espazos en branco, da separación entre letras ou do emprego de
diferentes tipografías.
Por outra banda, o emprego da caligrafía dálle unha raizame máis persoal,
emotiva e sincera que o uso da letra impresa, á parte da beleza visual
que logra, deste xeito, para moitos dos seus poemas.

Incluso atopamos influxos neotrobadorescos, por medio dos cales o poeta
retoma recursos coma o paralelismo, o leixaprén e o refrán para lle
outorgar á súa creación poética un marcado ritmo popular ao máis puro
estilo das cantigas de amigo medievais.
A obra literaria de Uxío comprende dende a poesía visual e os caligramas,
ata obras de temática intimista, coma Muller pra lonxe, ou
existencialista, presente en case toda a súa produción. Asemade, na
súa obra están sempre presentes os xogos de palabras e o fonosimbolismo.
A produción de Uxío ten unha grande unidade, tanto naquelas obras
nas que prima a colaboración con outros artistas, sobre todo plásticos
(Laxeiro ou Cabezón, por exemplo), e outras nas que é a poesía o único
eixe da obra.
NOS EIDOS: A auga, o aire, a neve, o sol morno, o lobo son temas recorrentes ao longo
do libro. Permítenlle ao autor expresar a súa vivencia de comuñón íntima
coa paisaxe que o rodea e mostrar entón as súas máis íntimas, como en
?cae a tarde baixiño i o corazón sínteo?.
O fonosimbolismo tamén está presente en gran parte da obra e o poema
máis característico é o que comeza por ?No bicarelo do bico do brelo...?.
Esta repetición de sons intentará dalgún xeito evocar aquilo sobre o que
o poema trata, así a caída da neve, ?falorpiña a falorpiña?, xa nos evoca
ese caer lento. Noutros casos, pode ser a auga como en ?Naz a auga su as
abrairas...?, ou a forma dos animais, como en ?O lobo! os ollos ao lombo
do lobo?.
O poema ?Viet Nam canto? manifesta a oposición conceptual liberdadeopresión.
Nel hai trazos de estética beatnik e a disposición visual do poema
adquire moita importancia.

Poemas caligráficos, en que recolle o poema
?Vietnam Canto? e no que colaboran Raimundo Patiño e Luís Seoane, entre
outros.
Así, realiza diferentes caligramas e
gravados, tanto en lenzo coma en pedra, e non esquece nunca a dimensión
recitada e mesmo musical e coral da poesía, que está presente en
moitas das súas obras, como se os seus poemas se concibisen para seren
representados e percibidos polos sentidos

por camiños de renovación, experimentación
e indagación formais ben afastados do prosaísmo
de certa poesía social-realista, tirando inspiración na liña beatnik,
retomando elementos surrealistas e expresionistas, recreando
o espírito dos haikus orientais

Outras obras narrativas
Unha última e inauguradora faceta do autor é a contribución á literatura
infantil e xuvenil con obras como O cubil do xabarín, Gorgorín e Cabezón
e Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998).
No final da súa vida, cultivou o ensaio en Dos soños teimosos (Ed. Noiterenga,
1998). E tamén fixo literatura infantil e xuvenil en obras coma O cubil
do xabarín (Edelvives, Zaragoza, 1991) ou Gorgorín e Cabezón (Edelvives,
Zaragoza, 1992). Tivo unha obra póstuma de título Arrodeos e desvíos do
Camiño de Santiago e outras rotas (Hércules Ediciones, A Coruña, 1999).

8- O camiño do soños do poeta.

Por que escritor?
?Por que escritor?... Quizabes por unha desmesura do soño. Por
un desmandarse, por un anteporse dos soños máximos.

Dicía Novoneyra:
? Grande é a soidade e por iso tamén grande é a tentación de pecharse a soñar. Ou de abrirse a soñar. E máis cando toda a segunda infancia, toda a adolescencia, toda a mocidade, ? as sete mocidades?, quedaron inscritas na Ditadura?

Xa está dito que soñar é crear. Máis cómpre reasumilo. Soñar é descubrir posibilidades certas. Case sempre soñamos posibles necesarios. Case nunca soñamos imposibles, aínda que só sexa por esa discreción que nos impón a Historia.
Posibles necesarios e difíciles. Difíciles só porque están en choque con intereses creados e coa simple inercia?

Un poeta pouco máis precisa se o alenta a plenitude interior. Se está ben asistido pola memoria individual, pola memoria colectiva, pola memoria profunda, polo soño do futuro, pola potencia da mocidade.

Os poetas gozamos e sufrimos dunha incurable mocidade. E máis se, por riba de todo iso, un ten un nó, o problema de pertencer a un pobo sen estado de patria-lingua ameazada. Entonces si que xa se xustifica toda a desmesura no soño e na renuncia por transformar o Mundo e salvar o Seu Común, o Noso Común.

Amais de estar posuído polo soño da plenitude humana e da liberdade, polo soño de cambiar o Mundo, un está secuestrado pola patria. E isto si que o pon en forte punto. E máis por tratarse dun poeta que é o ser máis dependente da propia Lingua.?



9- Novoneyra na literatura galega.

Uxío é o poeta de dicir moito coas menos palabras posibles, versos curtos, polisemánticos e cargados de suxestións. En Novoneyra encontraremos un poeta que soubo ir incorporando un gran número de recursos innovadores nos seus versos. As temáticas serán diversas: poemas da terra e da paisaxe, poesía social, poesía intimista e poesía existencial.

Durante a estadía madrileña, completará a formación cultural de xeito
autodidacta e comeza a escribir en castelán na revista universitaria Bengala,
participa en recitados poéticos que se celebraban nas aulas universitarias
e que o singularizarán como un gran declamador e conforma
un pensamento crítico cos tempos avoltos que lle toca vivir que se irán
tinxindo de conciencia galega a partir dos anos 50, en contacto co propio
Manuel María, Carlos Maside, Ramón Piñeiro ou Otero Pedrayo. Estas
experiencias persoais van asentando a súa vocación galeguista e a volta
ao Courel en 1952 confírelle o impulso definitivo para escribir en galego,
que se visualizará na súa primeira obra poética, Os eidos (1955).

Co grupo Brais Pinto, mozos galegos intelectuais, pintores e
escritores residentes en Madrid, de ideoloxía de esquerda e nacionalista,
como Xosé Luís Méndez Ferrín, Bautista Álvarez, Bernardino Graña,
Raimundo Patiño, Xosé Fernández Ferreiro, Herminio Barreiro e Ramón
Lorenzo, que desenvolveron un amplo labor cultural na capital española,
creando unha editorial onde publicar literatura en galego ou dándolle
visibilidade á cultura galega.

?Aínda concibo a función do escritor como función máxima e no
caso galego a Literatura como misión, como gardadora do pasado,
como veladora e como adianto do porvir, aínda que só se adianta
o que xa está en nós. O feito de que Galicia sexa unha nación sen
estado, mal articulada e representada, carga moita responsabilidade
no escritor?.


Uxío tivo que afrontar e encaixar, cónstanos que non sen desgusto,
o propositado esquecemento en que nalgunhas historias e
libros de texto sobre a nosa literatura colocaron os seus poemas
máis sociais e políticos (a ?Letanía de Galicia?, o ?Vietnam canto?...).
Marxinación ou esquecemento este realmente inxusto e inxustificable,
pois eses poemas foron sen lugar a dúbidas iniciadores,
antes da pólvora e da magnolia ferriniana.

Cuestión:
Procura realizar un esquema coas ideas centrais destes textos.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 20-05-2010 07:04
# Ligazón permanente a este artigo
ACHEGÁNDONOS A UXÍO NOVONEYRA
COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home...




1-Os poemas escollidos por esta montaxe, a que libro de Uxío Novoneyra cres que corresponden?

O tema complementario a desenvolver por mor do Día das Letras Galegas 2010 debería ter os seguintes puntos:

UXÍO NOVONEYRA: POETA DO COUREL, POETA DE COMPOSTELA, POETA DO MUNDO.

Uxío Novoneyra(1930-1999) é o poeta do Courel, mais tamén de Compostela, é dicir de Galicia. Esta duplicidade faino poeta do rural e da paisaxe, pero tamén poeta social e urbano, cunha tendencia ineludible cara ao universal, pois como o camiño a Compostela, o poeta síntese no camiño do humanidade, poeta social por compromiso coa lingua propia, co home coa liberdade.

COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home?
Os Eidos.

1- Un home do COUREL (Biografía).
2- Poeta consagrado: Os EIDOS e a poesía da metapaisaxe.
3- Poeta social: Do COUREL a COMPOSTELA.
4- Poeta da Fala oriental. O compromiso coa Lingua.
5- Poeta existencial.
6- Poesía intimista.
7- Poeta innovador e outras producións.
8- O camiño do soños do poeta.
9- Novoneyra na literatura galega.


Seguindo coas cuestións e os textos:

2- En cal das temáticas os encadrarías todos eles, agás o último?

3- Que significa soñar para o poeta? Se non o sabes consulta estoutro enlace de 2ºda ESO.

4- Cal é a temática do poema recitado polo propio Uxío Novoneyra titulado Letanía de Galicia?





5- Escoita o seguinte poema VIETNAM CANTO, tamén na voz do poeta cal cres que é a súa temática e en cal dos seus libros se atopa?



Fíxate agora neste texto de Luís Seoane do seu libro Na brétema, Sant-iago:

ORACIÓN DO ARTISTA QUE VOLTA

Queremos cos ósos da nosa testa
crocar na túa testa de pedra,
Mestre Mateo.
Andivemos polo mundo con medo.
Aínda temos medo.
Medo a todo.
Coma ti, Mestre Mateo,
quixeramos perder ese medo
aos homes, aos deuses, ás cousas,
a todo o que non sabemos.
Solicitar perdón pola nosa obra
non sabemos a quen.
Cecais
aos deuses, aos homes, ás cousas.

Dende moi lonxe vimos camiñando
pra atopar cos ollos
esta terra nosa.
Túa e nosa, Mestre Mateo.
Pra dar coa nosa testa de ósos,
na túa testa de pedra,
e decir a esta terra:
Témoste levado sempre connosco
ao través da mar e do deserto
antre homes cobizosos e vagamundos,
temendo perdernos.

Agora que estamos soios i é tarde
vimos dende moi lonxe.
dende as sombras,
coma tantos outros viñeron denantes
a oferecerte unicamente,
terra:
A nosa morte.

Amén

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 10-05-2010 07:18
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0