Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O soño dos deuses
Antigamente, antes do principio do mundo, só existía Bague, a Nai Avoa. Daquela Bague soltou un berro e apareceron os deuses, a luz, as plantas, os animais e nós, os músicas. Logo os deuses colocaron unha ola e enchérona de moitas sementes e pedras,e tamén fixeron longas viaxes no gran baleiro para sementar os planetas e osluceiros. E despois tomaron todas as migallas que quedaran na ola e lanzáronas o máis lonxe que puideron as súas forzas. E esa é a orixe da Vía Láctea e das estrelas pequeniñas que apenas se poden ver. O mundo era fermoso, pero todo estaba quieto e nada se movía. Daquela, os deuses foron visitar a Bague, a Nai Avoa, e contáronlle o que viran, faláronlle das estrelas, dos ríos, dos animais de pelo, de pluma, de coiro e de escamas. Dixéronlle que tiñan pesar porque nada se movía, nada soaba, e nada medraba. Entón, a Avoa Bague preparou unha bebida máxica para os deuses, que a tomaron ata quedar durmidos. Foi daquela cando comezaron a ter visións. Un vía o tigre saltando sobre o veado. Outro vía como as árbores xigantescas abalaban as súa pólas cheas de aves trilando. Outro oía o rumor dos ríos e das fervenzas. Outro soñaba vendo saír o Sol, mentres outro contemplaba a Lúa e vían algunhas estrelas que caían. Os deuses vía todo en soños, e soñáronnos a nós os musicas nos nosos labores diarios. E cando os deuses acordaron.a luz esparexeu os seus ralos dourados por todas as partes e movéronse os animais, os ríos, as árbores, e comezaron a xirar o Sol, a Lúa e as estrelas. Esta era a beleza do primeiro día.

Ver máis contos
Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 20-08-2022 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0