Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O benceno nos coches
Un bo consello para evitar enfermidades:

Dr. Rafael Zepeda Ramos, pediatra.

Un coche estacionado á sombra durante o día coas fiestras pechadas pode conter de 400-800 mg. de Benceno. Se está aparcado fóra baixo o sol a unha temperatura superior a 16º C., o nivel de Benceno subirá a 2000-4000 mg., 40 veces o nivel aceptable.

A xente que se sobe ao coche mantendo as fiestras pechadas inevitablemente aspirará en rápida sucesión excesivas cantidades desa toxina.
O Benceno é unha toxina que afecta ao ril e ao fígado. O que é peor, é extremadamente difícil para o organismo expulsar esta substancia tóxica.


Aire Acondicionado ou Simple Aire dos Coches


No manual do condutor indícase que antes de acender o aire acondicionado, debe un abrir as fiestras e deixalas así por un tempo de dous minutos, pero non especifican "o porqué", só deixan entrever que é para o seu "mellor funcionamento".-

Aquí vén a razón medica: o aire refrescante antes de saír frío, manda todo o aire do plástico quente o cal emite Benceno, unha toxina causante de Cancro (leva un tempo darse conta do cheiro do plástico quentado no coche). Por iso a importancia de manter os cristais abaixo uns minutos.

"Por favor Non acender o aire acondicionado ou simplemente o aire normal inmediatamente que se entra no coche.
Primeiro débense abrir as fiestras e logo dun momento acender o aire e manter os portelos abaixo ata logo duns minutos.

Ademais de causar cancro, o Benceno envelena os teus ósos, causa anemia e reduce as células brancas do sangue.

Unha exposición prolongada pode causar Leucemia, incrementando o risco de cancro.
Tamén pode producir un aborto. O nivel apropiado de Benceno en lugares pechados é de 50 mg. por 929 cm .2

Así que amigos, por favor antes de entrar no coche, abrir as fiestras e a porta para así dar tempo a que o aire interior salga e disperse esa toxina mortal.

NOTA:

"Cando alguén comparte algo valioso que lle beneficiará, ten a obrigación moral de compartilo cos demais".
Categoría: Saúde - Publicado o 12-06-2012 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Con lume no peito
Premio òs EDNL das escolas e dos Concellos, que recolleu no seu nome Agustín Fernández Paz.

Recollemos aquí as súas palabras:

".... A AELG quixo que, simbolicamente, recollese eu este premio, e aquí me tedes. Mais a quen debedes ver aquí non é a min, pois neste momento eu non son máis que un corpo aberto que quere servir de canle para que se manifesten tantas e tantas persoas que traballaron, e traballan, pola normalización social da lingua nos concellos e no ensino.

Porque é tempo de dicilo: os avances na normalización social da lingua conforman hoxe un edificio que, malia tantas agresións como sofre, ten paredes solidamente construídas e vai abrindo estancias para podermos vivir en galego con normalidade. Paredes que resisten as acometidas dos que desexarían botar o edificio abaixo e substituílo por unha cabaniña vistosa, para gozo de turistas e nativos desleigados.

Esas paredes e eses cuartos non se fixeron sós. Foron moitas mans quen os construíron, e cómpre lembralo con orgullo nestas horas difíciles. Ben sei que formamos parte dun río que vén de lonxe, que somos elos dunha cadea, que sempre se constrúe sobre as bases asentadas polos que estiveron antes. Mais a miña xeración, e as que seguiron, tamén fixeron o seu.

Podería falar agora das organizacións de docentes que pularon para botar a andar unha escola galega, que traballaron para que os equipos de normalización existisen (nun proxecto moito máis ambicioso do que foi logo o cativo deseño administrativo). Podería facelo tamén dos primeiros equipos, os que foron abrindo os camiños más entupidos. Podería falar dos servizos municipais pioneiros, coma o dos concellos de Fene ou Redondela, que tantos vieiros deseñaron. Podería falar de tantísimos nomes salientables, dunha historia que aínda está por escribir; persoas que, por diversas razóns, transcenderon o labor diario e chegamos a saber do seu traballo. Todo o noso recoñecemento para elas, xaora que si!

Mais a quen quero loar especialmente é a outras persoas. E, para iso, deixádeme viaxar a Bos Aires, ao 25 de xullo de 1948 e recoller un anaco da extraordinaria Alba de Groria que ese día pronunciou Castelao. Como ben sabedes, no texto fala primeiro da Santa Compaña dos inmortais galegos, das figuras senlleiras ao longo da historia, ás que vai citando unha por unha.

E logo, un pouco máis adiante, di:
En canto a Santa Compaña dos inmortaes se perde na revolta dun camiño, detrás dun pinal, vemos xurdir do humus da terra-nai, saturada de cinzas humáns, unha moitedume infinda de luciñas, que son os seres innominados que ninguén recorda xa, e que, xuntos, compoñen o substractum insobornable da nosa Patria. Esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma, a cultura, as artes, os usos e costumes, o feito diferencial de Galiza.
[?] Esas luciñas son o pobo, que nunca nos traicionou; son a enerxía colectiva, que nunca perece; son, en fin, a espranza celta, que nunca se cansa.
Esa moitedume de luciñas representa o que fomos, o que somos e o que queremos ser.

As persoas que eu quero loar aquí están moi vivas aínda, e que sigan así por moitos anos. Mais hai unha semellanza entre a multitude da que fala Castelao e a significativa cantidade de docentes que, desde os seus centros, traballaron arreo en condicións difíciles nos anos oitenta, nos noventa e nos do novo século. Descúbrome ante tanta xente admirable que traballou en centros de Galicia enteira: son a auténtica columna vertebral dos logros que se foron conseguindo nestes anos. Debemos agradecer profundamente os exercicios de dignidade persoal que están na raíz do seu traballo. Grazas a eles, un sector do alumnado puido educarse coa conciencia de que o galego é unha lingua de pleno dereito, válida para todos os usos e situacións; puido medrar sen prexuízos cara o galego, puido adquirir ou consolidar a competencia necesaria para utilizalo con naturalidade, puido coñecer e apreciar a literatura de noso?

E que dicir dos servizos municipais de normalización? Na miña infancia vilalbesa, desde as fiestras máis altas da casa, víase toda a extensión da Chaira, que polas noites era un océano de negrura. Pois ben, na noite de San Xoán, cando en cada barrio da vila ardía o Lume Novo, desde a fiestra da casa víamos como a negrura da Chaira quedaba rota pola luz dos lumes que se acendían en distintos lugares. E nós podiamos dicir: mira, o de Mourence, o de San Xoán de Alba, o de Boizán, o de Sancovade, o de Gondaísque... Pois así, coma eses lumes na noite, foron e son os Servizos de Normalización. Cando un mira o mapa de Galicia é doado saber en que lugares hai un servizo iluminando o Concello.

Destas persoas que, desde os Concellos e desde os centros educativos, traballaron e traballan con entusiasmo e afouteza, podemos afirmar o que Castelao dicía dos trobeiros na Alba de Groria: camiñan todos con lume no peito.

Recollo, con emoción e agradecemento, a escultura que simboliza este premio. Mais entenderedes ben que non tería sentido quedar eu con ela, xa que se trata dun premio a un colectivo moi amplo. Así que, se non hai inconveniente, quero cederlle á AELG esta escultura para que a deposite nas súas vitrinas, en lembranza deste xusto recoñecemento ao colectivo do que é unha honra formar parte."
Categoría: Galego - Publicado o 11-06-2012 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Bailout dont mean rescate in spain?

Categoría: Humor - Publicado o 10-06-2012 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Galo vermello, galo negro
Categoría: Música non lusófona - Publicado o 10-06-2012 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
A máquina de escribir. L. Anderson.
Categoría: Música Clásica - Publicado o 07-06-2012 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0