De entre os numerosos traballos presentados polo alumnado do 3º ciclo de primaria do CEIP Campolongo, de Pontevedra (Escola Asociada UNESCO), traballando diferentes temáticas arredor do río Gafos, escollimos este para presentalo dentro de Patrimonio Industrial, no XXV Congreso das Escolas Asociadas á UNESCO, que se celebra este ano en Madrid na primeira semana de Xullo.
Tarefas pendentes e propostas para traballar o curso que vén ofertadas na xuntanza do pasado venres no CEIP de Cabanas das Escolas Asociadas UNESCO:
1.- Traballar conxuntamente o tema "Auga: fonte de vida" xa que o 2013 será o Ano Internacional.
2.- Traballar en figuras de paz: Irena Slender 3.- Adiantar a celebración do 5º Encontro de nenos e nenas ao 2013, para facerlo coincidir con 60 Aniversario das escolas.
4.- Realizar a elección para a coordinación autonómica na primeira reunión de setembro.
4.- Lembrarlle ás escolas as seguintes cousas:
a) Aos asistentes ao XXV Encontro que leven o certificado do seu centro de estar en activo no curso actual.
b) a todas as escolas que a data límite para a entrega da Memoria Anual é o 15 de xullo, todas as que me entreguedes antes do congreso as entregarei en Madrid, as demais as enviaredes vos mesmos á Coordinación estatal cunha copia para a Autonómica.
Hoxe tivemos unha nova xornada de baloncesto co club Arxil de Pontevedra. Desta vez o tempo foi moi bo. Os colexios participantes foron, As Doroteas, As Calasancias, San Xosé, CEIP de Lérez e o noso, CEIP Campolongo.
Categoría: E.Física - Publicado o 13-06-2012 17:45