Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Palíndromo

PALÍNDROMO from Eva Quintas on Vimeo.



Comentario de Israel Nava

Palíndromos en Castelán
Categoría: Xeral - Publicado o 16-06-2009 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
Unha carta ó Sr. Conselleiro
Interesante carta dunha nai eu pai ó Señor Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, D. Jesús Vázquez:

Un dos atributos que debe posuír un político é coñecer aquilo sobre o que ten que administrar. Esta consulta a nais é pais sobre a lingua (o de consulta parece o aproximado porque como enquisa carece dos mínimos científicos e metodolóxicos para considerala como tal) expón alarmantes síntomas de ignorancia sobre o sistema educativo, algo especialmente curioso vindo de onde ven. Non existen esas materias troncais das que se fala en Ensino Primario. Dáse por troncal o que non é en Secundaria (por exemplo aparece Tecnoloxía e non Plástica ou Música). Na pregunta encol de cál é a lingua coa que comeza a expresarse un neno na etapa Infantil, falta como mínimo un "outras". ¿Sabemos que existe unha cousa chamada inmigración? ¿Que valor terá a resposta duns pais marroquinos ou chineses? ¿Será castelán ou galego por defecto? A todo isto, gustaríame unir o anuncio de que se estuda a posibilidade de ofertar portugués na secundaria. ¿Sabe que iso xa existe no actual marco legal, e que, de feito, estase a ofertar como segunda lingua en moitos centros? Permítanos señor Conselleiro que imaxinemos unha consulta análoga onde se preguntase qué tipo de intervención quirúrxica sería a elixida para curar un catarro. ¿Que tipo de coñecementos sobre Sanidade amosaría aquel que formulase semellante pregunta?

Outra das atribucións que tamén debe ter un político é a capacidade de coñecer os marcos legais por onde se move a súa laboura. Esta consulta pode ser a base dun quebrantamento de artigos do Estatuto de Autonomía, de principios da actual Constitución Española, e das indicacións da Carta Europea de Linguas que España ten subscrita. Paradoxal sería que fósemos á vangarda do extremismo en canto a reformas lexislativas.

Outro valor do político é saber informar. Esta consulta estase a facer nun ambiente de des-información, manexándose lugares comúns sen ningunha base científica, afirmacións sen consistencia, ou, cando non, simplemente mentiras. Unhas cantas a modo de exemplo. ¿De verdade cremos que hai algún mozo/a na Galicia que non sexa quen de se expresar en e de entender o castelán? ¿Ten sentido falar de austeridade cando nos gastamos cartos en realizar esta consulta? ¿Pódese ameazar á xente por querer informar cando a Consellería leva tanto tempo falando de respecto á liberdade de expresión? ¿Como se xestionan os "dereitos lingüísticos" se meu fillo escolle unha opción de só un dos idiomas? ¿Vai ser o procedemento de "como somos maioría os sans, descartemos a eliminación de barreiras para minúsválidos, que ó fin e o cabo son unha parte mínima do total da poboación, gasto suntuario daquela "? ¿Pode alguén defender o bilingüismo negando a opción de ser competente nun dos idiomas?

Virtude esencial do político, desde tempos socráticos, é saber escoitar. Non podemos valorar esta consulta desde a audición asimétrica de vostede. Escoitou a pouco máis de dúas mil persoas o pasado 8 de Febreiro, unha boa parte delas vidas de fora de Galicia. Pero non quixo escoitar as máis de corenta mil galegas o pasado 17 de Maio. Non é bon utilizar eventos puntuais deste tipo para tomar decisións, pero se a base para este o seu proceder é seguir o acontecido o pasado Febreiro ¿que debería facer se escoitase o acontecido en Maio? ¿Eliminar o castelán? Como gobernante ten que evitar maximalismos e extremismos. Non se está a escoitar non só a moita xente a título individual, se non a institucións de diversa índole e signo, ANPAS, colectivos de científicos, agrupamentos sociais, colexios profesionais, asociacións culturais, sindicatos, forzas sociais de diversas índole, asociacións de escolas privadas, universidades, persoeiros de recoñecido prestixio... ¿Cre vostede que Rafael Cuíña ou Avelino Pousa Antelo son "radicais batasunizados"? (Estimamos que saberá quen son). Non se pode facer as cousas para dividir unha sociedade.

NON IMOS PARTICIPAR nesta pseudo-enquisa. Non polas razóns antepostas, que para moitos poderían ser máis que abondo para non facelo, se non por unha moi simple:

Se vostede vincula calquera decisión a esta consulta creará un GRAVE PRECEDENTE posto que tería que atender á demanda de seren consultados de calquera colectivo ou grupo de presión sobre calquera cousa que se lles antollase. No eido educativo estaría na obriga de consultar unha morea de cuestións, porque todas poden ser moi transcendentes: qué contidos queremos (haberá quen demande creacionismo en clase de ciencias porque Darwin atenta contra os seus valores), qué disciplinas queremos que se impartan, qué horarios, sobre o financiamento de centros privados e públicos, sobre o ensino ou non da relixión nunha sociedade como a nosa... Ademais, todo isto está a supor unha falta de respecto absoluta cós profesionais do ensino, docentes, mestres, profesores, orientadores, equipos psico-pedagóxicos, etc. que traballan no día a día das aulas. Extrapole vostede a outros ámbitos e o resultado podería ser ridículo: ¿imaxina vostede a Sanidade preguntando se é útil gastar tantos cartos en enfermidades que afectan relativamente a pouco número de persoas? Esta consulta nos sona a algo semellante. Estamos confundindo democracia con populismo. Lembre que a demagoxia tende a minar a calidade de calquera sistema de liberdades.

Por tanto, e desde o maior do respectos que lle debo como cargo que é do goberno do meu país elixido democraticamente, permita que lle deamos uns consellos relacionados có que arriba lle expuxemos: informe, infórmese encol do sistema educativo que ten que administrar, escoite e estude lexislación. Para aprenderes a escoitar, recomendamos un exercicio simple: vaia a calquera dos parques das cidades da nosa Galicia. Tome nota dos meniños/as que se expresan en galego e dos que se expresan en castelán. Logo comprobe cal é a competencia en galego dos que usan o castelán, e viceversa. Seguro que será a mellor das enquisas para saber cal é o futuro que lle agarda a cada un dos idiomas se teimamos en seguir por camiños irreais. Cremos que é de bo político reflexionar, pensar e rectificar. Abandone os biosbardos das consultas.

Reciba un moi cordial saúdo dunha nai e un pai bilingües que aman ós seus fillos e o seu país, incluíndo nel ós que falan calquera lingua a cal tivesen a oportunidade de ter coñecido.
Categoría: Galego - Publicado o 15-06-2009 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Lingüística e nacionalismo
Vídeo da palestra a cargo de Juan Carlos Moreno co título "A lingüística e o nacionalismo lingüístico espanhol", na "Jornada 10 Anos de Filologia Catalá na UOC". Nel analiza e desmonta seis mitos do nacionalismo español.

1. O abolengo documental do español.

2. As virtudes do castelán primitivo.

3. A conversión do castelán en español.

4. A dialectalización do castelán moderno.

5. O español como lingua común.

6. O español global.


Categoría: Opinión - Publicado o 15-06-2009 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Castelao segue traicionado
"Lendo certo período menstrual"

Olla meu irmáu honrado
o que acontez con Daniel:
os que o tiñan desterrado
agora falan ben del.O palurdo de alma lerda,
o tendeiro desertor,
o vinculeiro de merda
disfrazado de señor.O lurdo carca refrito,
o monifate de entroido,
o aprendiz de señorito,
marqués de quero e non poido.O devoto de onanismo,
o feligrés de pesebre,
o tolleito de cinismo
o que dá gato por lebre.

O rateiro de peirao,
o refugallo incivil,
válense de Castelao
pra esconder a caste vil.

Escoita puto nefando,
criado na servidume
non pasará o contrabando
dise teu noxento estrume.

Grotesco escriba sandéu,
inxertado nun rapaso,
Castelao nunca foi teu
porque Castelao é noso.

I anque a ti che importa un pito,
sabrás que é cousa sabida,
que estás incurso en delito
de apropiación indebida.


Celso Emilio Ferreiro
Publicada bajo el pseudónimo Arístides Silveira.
Cantigas de escarnio e maldecir
Nós (1968 ? Caracas)

Categoría: Galego - Publicado o 14-06-2009 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
Echado frente al mar
Para que entendan o poema na Consellaría mandamos o poema en "bilingüe".

ECHADO FRENTE AL MAR...

"Lengua proletaria de mi pueblo
la hablo porque sí, porque me gusta,
porque se me antoja, quiero y me da la gana;
porque me sale de dentro, allá del fondo
de una tristeza ácida que me inunda
al ver tantos necios descastados,
pequeños mequetrefes sin raíces
que al poner la corbata ya no saben
afirmarse en el amor de los antepasados,
hablar la lengua madre,
la lengua de los abuelos que están muertos,
y ser, con el rostro erguido,
marineros, labriegos del lenguaje,
remo y arado, prosa y reja siempre.
La hablo porque sí, porque me gusta
y quiero estar con los míos, con mi gente,
cerca de los hombres buenos que sufren largamente
una historia contada en otra lengua.
No hablo para los soberbios,
no hablo para los ruines y poderosos,
no hablo para los vanidosos,
no hablo para los estúpidos,
no hablo para los vacíos,
hablo para los que soportan reciamente
mentiras e injusticias sin cesar;
para los que sudan y lloran
un llanto cotidiano de mariposas,
de fuego y viento sobre los ojos desnudos.
No puedo apartar mis palabras
de todos los que sufren en este mundo.
Y tú vives en el mundo, tierra mía,
cuna de mi estirpe,
Galicia, dulce pena de las Españas,
tendida junto al mar, ese camino...")

(Celso Emilio Ferreiro, perdón y "Herrero"

DEITADO FRENTE AO MAR...

"Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
de unha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bós que sofren longo
unha historia contada en outra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os estúpidos,
non falo pra os valeiros,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de todos os que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada frente ao mar, ise camiño..."



Categoría: Galego - Publicado o 14-06-2009 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0