Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A festa pode comezar axiña
CIG-Ensino anuncia "accións e iniciativas" se Feijoo derroga o Decreto do galego.
Fronte aos ataques á lingua na educación o sindicato mobilizará a súa ampla representación nas aulas do país diante da "perspectiva antigalega" e "froito dunha mente colonizada" da que acusan o PPdeG.

Redacción Vieiros - 18:30 04/03/2009

A CIG-Ensino amosou a súa preocupación polo anuncio do próximo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, de que derrogaría o Decreto 124/07 de uso e promoción da lingua no ensino. Nunha xuntanza mantida esta cuarta feira, acordou emitir un manifesto, no que prevé emprender accións de protesta se se cumpre a promesa de Feijoo.

O sindicato considera que é a primeira vez na historia dun país en que un presidente anuncie como primeira medida tomar unha decisión en contra da lingua propia, malia estar marxinada. Tamén expresa a súa incredulidade por que o PPdeG se marque como obxectivo o ensino trilingüe e queira derrogar que o 50% das materias se dean en galego.

O comunicado, asinado polo secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, engade que o PPdeG fai un uso demagóxico do concepto de liberdade cando o galego segue a estar discriminado fronte ao castelán, e que mesmo o escaso alumnado que recibe maioritariamente en galego remata os estudos con máis competencia en castelán ca na nosa lingua, pois a escola segue a ser un espazo de desgaleguización.

"Perspectiva antigalega"
CIG-Ensino afirma que "o noso idioma, sinal fundamental de identidade, é usado por un 40% menos de mozos e mozas que a xeración dos seus avós" e que "só dende posicións que perseguen a súa desaparición se pode entender que a única lexislación existente que vela pola súa normalización se abandone á lei do máis forte", cando esa lexislación só pide que se chegue ao 50% das materias.

A pretensión de derrogar o decreto só se pode ver "desde unha perspectiva antigalega e unha mente colonizada". Ademais, o sindicato lembra que o propio Núñez Feijoo votou a favor do Plano de Normalización Lingüística, que recolle textualmente que "como mínimo, o alumnado reciba o 50% da súa docencia en galego", polo que fai público que o futuro presidente "ten a obriga de desistir das súas intencións" se "quere ser o presidente de todos os galegos e galegas", ou CIG-Ensino "reactivaría accións e iniciativas no ámbito do ensino para impedir esta agresión ao noso idioma".

Ver artigo
Categoría: Galego - Publicado o 05-03-2009 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Prontuario Xurídico Español
Xabier Cordal, profesor de lingua e literatura danos unhas definicións moi particulares:

Liberdade (acepción galega) Fonte: Dicionario Ir Indo
1.-Facultade e dereito das persoas para obrar segundo os seus criterios, sen mandato ou imposición. 2.-Permiso que ten alguén para facer algo.

Liberdade (de elección lingüística): 1.-Deber constitucional de coñecer a Lingua Española. 2.-Dereito das persoas físicas e xurídicas a non acataren leis españolas que regulen o uso dalgunha lingua, excepto a citada anteriormente.

Liberdade (de ensino): 1.-Concordato coa Santa Sede. 2.-Dereito da persoa católica a que o Estado financie as empresas educativas privadas. 3.-Dereito do Estado Vaticano a nomear funcionarios do ensino no Estado español. 4.-Dereito exclusivo dos católicos a reclamar a censura dos libros oficiais que consideren alleos á súa moralidade.

Liberdade (de asociación e de expresión): 1.-Conxunto de disposicións constitucionais que garanten o dereito de asociación e de manifestación aos grupos organizados que profesan ideoloxías de carácter fascista. 2.-Lexislación ad hoc que no ámbito vasco impide asociarse, manifestarse ou concorrer ás eleccións todo partido que non condene expresamente a violencia de ETA, aínda que condene expresamente a violencia. Esta orde queda sen efecto fóra do ámbito vasco e tampouco será aplicable a quen faga declaracións ou exhiba signos que xustifiquen outras modalidades de violencia.

Liberdade (de reunión): 1.-Mandato constitucional que protexe o dereito das persoas a se congregaren publicamente sempre que non poñan en perigo outros dereitos e liberdades (vid. ?liberdade de asociación e de expresión?).
Disposición adicional: Calquera galego vestido de vaca no ámbito da súa Comunidade Autónoma e zonas limítrofes é sospeitoso de impedir a liberdade de reunión e deberá identificarse.

Liberdade de culto: 1.-Dereito do Estado a enviar os seus representantes ás cerimonias da Igrexa Católica. 2.-Dereito de Igrexa Católica a enviar os seus representantes aos actos do Estado, sempre que non vistan de vaca. 3.-Dereito dos españois musulmáns a sacrificar un año en festas relixiosas. 4.-Dereito dos españois españois a torturar e executar un touro en festas laicas. 5.-Dereito dos españois armados a disparar contra mamíferos e aves en reunións de carácter deportivo.

Disposición adicional 1ª: Conforme á Declaración Universal de Dereitos do Animal, ningún galego/a poderá matar un porco.
Disposición adicional 2ª: Calquera persoa vestida de vaca que obstrúa algún destes dereitos poderá ser identificada e posta a disposición xudicial.

Artigo orixinal
Categoría: Opinión - Publicado o 04-03-2009 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
Refráns de marzo
Abrimos aquí un artigo para a recollida de refráns do mes de marzo. Podedes colaborar poñendo algún nos comentarios o dando algunha ligazón para recollelos.


Os primeiros:

Marzo, marzán,pola mañán cara de rosa, pola tarde cara de can.

Marzo chuvioso, verán caluroso.

Cando marzo maiea, maio marcea.

Marzo ventoso e abril caluroso,traen a maio frorido e fermoso.

Marzo, marzolo, trebón e raiolo.

Marzo marzal, déixame o viño trasegar.

Entre marzo e abril, sae o cuco do cubil.

Marzo ben feito, patacas a eito.

San Raimundo trae a anduriña do outro mundo.

O que en marzo non poda a súa viña, perde a vendima.

Marzo amola e abril esfola.

Marzo é enganador, un día malo e outro peor.

Nin marzo con flores, nin moza sen amores.

Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ó cuco lle pasou.

Polo San Pedro de Cuadrela, sae a cóbrega de debaixo da terra

Marzo chegar, tempo de enxertar.


Nesta ligazón atopei un artigo interesante do noso "Refraneiro", onde comenta algunhas curiosidades dos refráns de marzo.
Categoría: Ditos, refráns, enredos .. - Publicado o 03-03-2009 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Programas Ben Falado

Hai uns días rematei de facer nun artigo as ligazóns a vídeos Youtube con tódolos programas que coñezo de "Ben Falado". Con diferenza ós recollidos por Breogán, estes teñen unha pequena reseña que nos marca en principio de que vai falar ou que nos vai contar. Espero que vos sexa de utilidade. Unha segunda parte deste traballo é a de ir metendo na nosa páxina os que consideremos máis importantes. Non descarto meter moitos, porque son, a maioría, bastante interesantes.


Ver o artigo coas ligazóns
Categoría: Ben Falado - Publicado o 02-03-2009 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Valoracións despois das eleccións

Vou ir recollendo algunhas valoracións con respecto a nosa lingua despois das eleccións.

Suso de Toro " Victoria inmerecida e Derrota merecida"

Made in Galiza. Sechu Sende

IES Pedriñas

Por que gañou Alberto Nuñez Feijoo? A MALIÑA DE LUGO

Asociación Cultural Quinta Feira

O café na trincheira Antón Baamonde

A mosca cojonera

Longa noite de pedra

Boedense

Requiem por un bipartito. Carlos Taibo

Despois da derrota: Mudar. Artur Alonso Novelhe

Bitácora "A Maliña de Lugo"
Categoría: Galego - Publicado o 02-03-2009 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0