Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A lingua segundo Feijoo
De
Marcelino Fernández Mallo. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola UNED e MBA polo IMD, Escola de Negocios de Lausanne.

Consultaría vostede, Sr. Feijóo,quero supoñer eu, os resultados do informe da RAG sobre o estado da lingua galega que se acaban de coñecer (como os tomou, por certo?). Escoitaría ou lería, outrosí, as esixencias desa plataforma en contra da fala galega que tanto axudaron no PP a crear e medrar. En fin, xa saberá vostede aquilo de "quen sementa ventos..."

Pois si, Sr. Feijóo, vostedes sementaron o vento da división do País en torno á lingua. Vostedes, ou sexa, o PP galego seguindo as instrucións dos seus xefes en Madrid, e mailo seu socio mediático seguindo as súas propias teimas antropolóxicas. Durante o último goberno Fraga do que vostede formaba parte (ó abeiro dun Audi estupendo, por certo), ese mesmo executivo propuxo o chamado Plan de Normalización Lingüística, o cal, entre outras 400 medidas, incorporaba os postulados sobre o ensino que despois tomaron forma do Decreto 124/2007. Lembrará vostede que aquel Plan, aínda vixente, non tivo a máis mínima resistencia por parte de ningunha asociación ou ente vivo coñecido. E recordará tamén que o seu partido asumiu con acordo e normalidade o contido de decreto sobre o ensino en galego ata uns días antes da súa presentación e tralas ordes emanadas dende a sede central do seu partido. A partir dese día, vostede e o seu partido transforman brutalmente o seu discurso e pasan á ofensiva contra a fala galega da man do seu socio mediático e desa plataforma de nome arteiro (persegue xustamente o contrario do que suxire o seu nome) que tanto axudaron a medrar.

Vostede haberá ser nuns días, aínda non sei a través de qué milagreiro conxuro cósmico, o presidente do meu País. Para a preocupación de moitos, está a demostrar vostede unha soberbia empanada mental na maioría dos asuntos que vai tocando. Entre eles, resulta se-la lingua onde a súa natureza de viraventos se amosa en maior plenitude. Estou tentando compoñe-lo seu ideario respecto do tratamento ó idioma e créame que atopo atrancos salientables. Repasemos as claves que, eito a eito, vai vostede verquendo ó respecto:

Primeira clave: o seu partido defendeu antes da campaña o ?bilingüismo harmónico?. Hai un problema gordo sobre isto, Sr. Feijóo. Como vostede sabe, Galicia non é bilingüe (xa nos gustaría) senón diglósica (velaquí máis detalles sobre esta afirmación). A única maneira de írmonos achegando ó bilingüismo é aplicando o Plan de Normalización Lingüística aprobado en 2004 polo goberno Fraga. Vaino aplicar vostede?

Segunda clave: durante a campaña, botou vostede sapos e cóbregas contra a ?imposición lingüística?. E ten vostede razón, Sr. Feijóo, Galicia leva séculos sufrindo a absoluta imposición? do castelán. Curiosamente, vostede, o seu partido e o seu socio mediático, transmitiron á sociedade a infamia de que o galego se estaba a impoñer. Unha infamia, Sr. Feijóo, sábeo vostede perfectamente. E senón, déame unha soa persoa en Galicia obrigada a falar galego en contra da súa vontade (nin sequera se impuxo para atende-lo cidadán en galego!). Eu e calquera podemos facerlle unha interminable listaxe de galego-falantes obrigados a emprega-lo castelán en centos de eidos e contornas diferentes.
Terceira clave: trala vitoria electoral, declarou a súa decisión de promove-lo galego ?respectando a sagrada liberdade lingüística?. Sr. Feijóo, a única maneira de garanti-la liberdade lingüística é asegurando un trato equitativo ó galego, é dicir, favorecendo o emprego do galego en tódolos ámbitos onde o castelán ten unha situación de superioridade. Nesas condicións, un cidadán de Galicia poderá decidir libremente o idioma a utilizar. Pero mentres o castelán domine a práctica totalidade das relacións cotiás dos galegos, xa me dirá vostede que liberdade lingüística se pode acadar.

Cuarta clave: vostede afirmou ?se me falan en castelán, contestarei en castelán; se me falan en galego, fareino en galego.? Si, claro, pero ¿e cando inicie vostede, Sr. Feijóo? Porque vostede vai principiar na maioría das ocasións. Por exemplo, cando conceda unha entrevista nun medio escrito, ¿qué idioma pensa utilizar?

Quinta clave: manifestou vostede que outra das súas ?ideas? era a de levar ás aulas a ?cordialidade que impera na rúa?. Pero Sr. Feijóo, ¿de que cordialidade fala vostede? O castelán está a esmaga-lo galego. A lingua forte está a esnaquiza-la lingua feble. E agora por riba, vostede pretende quitarlle a tirafonda a David e entregarlla a Goliat. Déixese de frases e confronte a realidade. E esa realidade obrígao a garanti-lo galego como lingua vehicular do ensino. Nesta ligazón atopará boas razóns. A razón principal queda resumida nestoutra frase que pode, se quere, engadir á súa antoloxía de frases presidenciais: ?o goberno galego ten a obriga de garanti-la plena competencia dos nenos e mozos galegos nas dúas linguas oficiais do País.? A competencia en castelán está garantida. É a súa obriga que tamén o estea en galego.

Sexta e última clave
: tamén afirmou que será vostede ?o primeiro defensor do galego?. Pois se quere se-lo primeiro defensor do galego, empece por mellora-lo seu uso. Leva oito anos de vida política en Galicia e nin sequera se molestou en aprender a colocar ben os pronomes. E se quere se-lo primeiro defensor do galego, fáleo fóra dos micrófonos, fáleo cos seus amigos, cos seus compañeiros de partido, coa súa familia, cos empresarios, cos xornalistas (tamén co seu socio mediático e con esa plataforma que tanto axudaron a medrar)?

Sr. Feijóo, o que me parece é que a vostede fáltanlle lecturas. Nunha entrevista de hai pouco, preguntáronlle por escritores galegos. Mencionou vostede a Valle-Inclán e Torrente. Xa, home, e de literatura galega? Citou vostede a Rosalía. Seguramente, se lle preguntasen por un escritor de literatura castelá non citaría a Cervantes. Voulle propoñer, se vostede ten intención de ler algo en galego, Cunqueiro, Méndez Ferrín, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xohana Torres, Carlos Casares, María Xosé Queizán, Darío Xoán Cabana, Marina Mayoral? Pódolle dar cen nomes dunha sentada de enormes escritores en galego. Porque o galego, Sr. Feijóo, é unha lingua rica e culta, malia o cal nunca se separou do pobo.

Vostedes, falemos claro, queren acabar con ela. Van vostedes de exterminadores da cultura e da lingua galegas como medio máis directo para asegurarse o dominio eterno do País. Non se pode dicir que o estean a facer mal. Nas súas distintas formas e versións ?Partido Popular, Alianza Popular ou ditadura franquista? conseguiron extermina-los ríos, os bosques, a arquitectura popular, moitas das tradición (agás as gastronómicas), o litoral, a agricultura? Así é, non o están a facer vostedes nada mal.


Máis: "Teño unhas preguntas para vostede Sr. Feijoo"
Categoría: Opinión - Publicado o 23-03-2009 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Reagrupémonos. Convocatoria
Reproduzo aquí a convocatoria que se está facendo para este sábado en Santiago para os Equipos de Normalización Lingüística dos centros educativos. Tedes o mapa e ligazón deste artigo no bloque "Na punta da lingua":

"Ola a todos/as

Somos un grupo de persoas que está a traballar en ENDL de diferentes centros de Ensino da zona de Santiago que nos xuntamos para falarmos de como podemos afrontar a nova situación canto á normalización da nosa lingua. Dado que as cousas van mudar, e parece que non para ben, consideramos que é necesario transmitirlle á sociedade e ao novo goberno o que pensamos ao respecto dos cambios anunciados. Por iso vos convocamos a unha reunión que se celebrará o vindeiro sábado 28 de marzo ás 16.30 da tarde no Instituto Galego de Información (IGI) (San Marcos, Estrada do Aeroporto, ao pasar o Hotel Apóstol Santiago). O obxectivo da reunión é o seguinte:

-Avaliarmos a posibilidade de facermos pública a nosa posición canto ao Decreto 124/2007, que se quere derogar. Levaremos un texto base para consensuarmos antes de mandalo aos medios. Sería un texto de carácter técnico, como normalizadores que somos, e para nada incompatible con outros posicionamentos que poidan facer outras organizacións sociais e políticas que fagan algo ao respecto.

-Pensarmos na posibilidade de crearmos unha Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para actuar colectivamente a prol da nosa lingua tanto a nivel particular, nos nosos centros, como en xeral, na sociedade.

Por favor, comunicádelle esta convocatoria a todos cantos membros dos ENDL coñezades, e que polos motivos que foren non leron esta información. Agardamos contar coa vosa asistencia para entre todos poder traballar para conseguir obxectivos normalizadores.

Por favor, confirmade asistencia, se é posíbel, enviando un correo a miguel.louzao@gmail.com"

Miguel Louzao (IES Coroso-Ribeira)
Valentina Formoso (IES Félix Muriel-Rianxo)
Román Cerqueiro (CPI don Aurelio-Cuntis)
Xesús Mosquera (CRA de Santa Comba)
Luís Aldegunde (CPI de Rois)
Sara Paz (CPI da Baña)
Pila Buela (IES de Valga)
Gracia Sanctorum (IES Pintor Colmeiro-Silleda)
Sechu Sende (IES Marco do Camballón-Vila de Cruces)
Daniel Asorei (CPI de Touro)
Xoán Constenla (CPI de Portas)
Ana Rial (IES de Caldas

A esta lista tamén me sumo eu:
Antonio Ferrer (Nito)dende Pontevedra.

do Ceip "A Seca" (Poio)
Categoría: Galego - Publicado o 23-03-2009 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
Eu vim um sapo
Aprendendo linguas. Simpática canción infantil en portugués.



Eu vi um sapo, um feio sapo

Ali na horta, com a boca torta,

Tu viste um sapo, um feio sapo

Tiveste medo, ou é segredo.



Eu vi um sapo, com um guardanapo

Estava a papar, um bom jantar

Tu viste um sapo, com um guardanapo

E o que comia, e o que fazia.



Eu vi um sapo, a encher o papo

Tudo comeu, nem ofereceu

Tu viste um sapo, a encher o papo

E o bicharoco, não te deu troco.



Eu vi um sapo, um grande sapo

Foi mal criado, fiquei zangado

Tu viste um sapo, um grande sapo

Deixa-lo lá estar, vamos brincar.
Categoría: Lusofonía - Publicado o 22-03-2009 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
2013. Nova esperanza
A Real Academia Española (RAE) deixará, no 2013, de poñer "tonto", nos dicionarios, como sinónimo de galego. Curiosamente non saca a acepción de "tatexo". Teremos que facer campaña disto tamén, aínda que hai outras cousas máis importantes nestes tempos revoltos.

Suponse que todos estamos dacordo coa eliminación desta acepción...?; nós incluso fixemos a nosa pequena aportación, pero coido que nos irán poñer outros moi parecidos, ou peores ... se deixamos morrer a nosa propia lingua.Estarían fóra de lugar? Como lle chamarías tí a esta situación? Esperpéntica, dantesca, kafkiana ...
No 2013 tamén son as próximas eleccións autonómicas galegas. Deixaremos de ser tan indeferentes coa nosa lingua?

Deixaremos de ser, nunha palabra .... linguicidas?


No 2013 teremos de novo unha esperanza se isto non se arranxa antes. ? Desexaría que así fose, pero que o arranxe este governo coido que vai ser como "Pedirlle landras a un castiñeiro". Comezemos xa a loitar contra esta fagocitación da nosa cultura: O 17 de maio a Santiago.

Garipano
Categoría: Galego - Publicado o 19-03-2009 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Datos do Mapa Sociolingüístico
Sacado do bloque "A lingua de todos"

"O verdadeiro conflicto está por vir se se deroga o decreto sobre o galego"

Os recentes datos do Mapa Sociolingüístico de Galiza referidos aos usos (do ano 2004, mais publicados agora) -datos que amosan un notábel aumento das persoas que nunca falan en galego, parello ao descenso dos que realizan un uso pleno da lingua galega- botan por terra as visións deformadas e manipuladoras da presenza das dúas linguas no ensino.

Segundo o estudo, hai mozos que recibiron todo o ensino en castelán, en contra da lexislación aprobada por unanimidade polo Parlamento Galego. En concreto, o 10,7% asegura que recibiu todo o ensino en castelán e o 85% maioritariamente en castelán. A presenza do galego no ensino no grupo de monolingües en castelán limítase ao 14,3%. Entre os que empregan máis o castelán, as diferenzas no uso docente entre os dous idiomas chegan a 63,1 puntos a favor do español. Non hai dúblida: o ensino continúa a ser un firme axente castelanizador. O Decreto actual, do 2007, que establece os mínimos de uso do galego no 50%, é cando menos imprescindíbel.


Diante de tal fracaso educativo, calquera modificación lexislativa no ensino que faga recuar eses mínimos devén unha agresión á lingua e ao conxunto da sociedade.
E é que hai obviedades que non se poden agachar:

* - A actual lexislación responde fielmente ao Plan Xeral de Normalización aprobado por todas as forzas políticas. Que as familias poidan elixir non coñecer o idioma propio (!) supón atentar contra a propia Lei de Normalización Lingüística.
* - A actual Lei de educación, a LOE, recolle claramente o obxectivo de capacitar para a comunicación nas dúas linguas oficiais na mesma medida, o que é imposíbel de lograr se non hai unha ampla presenza no ensino da lingua minorizada (o galego).
* - A normativa europea, en particular a Carta Europea das Linguas rexionais e minoritarias, incide no carácter positivo da diversidade lingüística, como un elemento de cohesión e de valor engadido para as sociedades democráticas, e salienta a necesidade de adoptar estratexias de desenvolvemento e promoción do uso das linguas minoritarias e minorizadas. A Consellaría de Educación ten obriga de adaptar a lexislación galega á normativa europea que sinala que o ensino en Galiza debe ter como vehículo normal o galego.
* - Unha das competencias profesionais no ensino é o desenvolvemento plurilingüe do alumnado, no marco dos obxectivos europeos, o que se leva a cabo con efectividade real se hai un amplo uso escolar da lingua galega.
* - Un ensino plurilingüe (e o actual decreto é o mínimo para tal cousa) supón evidentes e contrastábeis vantaxes para o alumnado ao desenvolverse cognitivamente: mellora das destrezas psicolingüísticas e intelectuais e do pensamento diverxente, unha orientación analítica, unha maior sensibilidade ante os sinais do contexto social na comunicación..., e máis recursos e habilidades para a aprendizaxe de novas linguas. E na sociedade actual as competencias comunicativas desenvolvidas neste modelo de ensino son fundamentais. Hai múltiples estudos que confirman isto: Herdina e Jessner, Cummis, Lambert e Tucker, etc.
* É evidente que o coñecemento e uso da lingua galega ten de seu, máis alá dos valores de identificación, unha innegábel utilidade social (tal como recolle, de maneira moi básica, Fernán Vello), polo que é incomprensíbel que poida ser privada de tales vantaxes unha parte da poboación escolar.



Convén lembrar o que se recollía no Manifesto Ensino en galego (do 2007), apoiado polas catorce organizacións máis importantes da nosa comunidade educativa:

O sistema educativo non garantiu, até o de agora, nin tan sequera que o alumnado puidese finalizar o ensino obrigatorio cunha competencia comunicativa en galego igual á conseguida en castelán, a pesar de que ese é legalmente un dos obxectivos da escolarización. Aínda é máis grave o feito, sinalado unanimente por todos os estudos oficiais, de que a escola incide no abandono do galego por parte de moitos nenos e nenas. (...)

A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (1997), a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (2001) e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004), representan tres grandes acordos para avanzar na normalización lingüística que se subscribiron no último decenio por unanimidade nos diversos foros de representación democrática. Acordos que, porén, non conseguiron acadar os obxectivos previstos, ao non se facer efectiva durante todo este tempo a súa aplicación. Lembremos a ese respecto o contundente informe aprobado en 2005 polo Comité de Ministros do Consello de Europa, no que recordaba que o sistema educativo galego non estaba á altura dos compromisos de normalización lingüística adquiridos a nivel internacional polo Estado español.

Máis datos sobre o Mapa Sociolingüístico, no blogue de Carlos Callón. Hai que ter en conta que este segundo volume do Mapa sociolingüístico recolle os hábitos lingüísticos só da poboación de entre 15 e 54 anos e na mostra ten máis peso a poboación urbana do que tivo na anterior edición (do 1992), mais, en calquera caso, confírmanse con rotundidade as tendencias desgaleguizadoras provocadas pola imposición, esa si real, do español. Cómpre dar pasos cara adiante.

ENDL do IES d'A Pobra


CTNL (Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística)
Categoría: Galego - Publicado o 18-03-2009 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0