Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Anécdota co bidueiro
O outro día unha filla miña, de 8 anos, estivo nunha xornada escolar sobre o "Día da árbore" no edificio novo en Pontevedra da Xunta de Galicia.Resulta que lle deron un tarro pequeno cunhas sementes para plantar. No envoltorio das sementes traía o nome da planta: primeiro o nome científico, logo o nome en galego e logo en castelán. Ela, tan pequena, pero xa atenta a algunhas cuestións que pasan co galego, escoitoime ler a min "bidueiro", e non abedul - a planta que trouxo ela- é axiña me comenta, sabes papá? Os nenos lian todos o nome da árbore en galego. Era unha sorpresa porque os seus compañeir@s de clase son todos castelán falantes.

Por que lian tod@s en Galego? Simplemente porque estaba antes co castelán.

Cantas veces ocorre isto na vida cotiá? Cal é a lingua que sempre está de segundo prato? Cal é a lingua marxinada?.
Esta pequena anécdota ben a conto porque ma recordou a parábola ilustrativa do "Caixeiro automático", de Victor Freixanes, que publica o bloque das "Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra"
Categoría: Galego - Publicado o 27-03-2009 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
Acentuçao
Se queres saber algo da acentuación portuguesa podes ver este vídeo na que explica a "acentuçao" cunha rítmica canción. Debaixo tes a letra da canción.




Palavras oxítonas terminadas por ?e,a,o?
recebem um acento
e a pronúncia fica bem melhor
Palavras oxítonas terminadas por ?em? e por ?ens?
na derradeira sílaba
recebem o acento também.

Paróxítonas sâo muito, muito máis.
Por isso mesmo so tantas as terminaçöes
?r, x, n, l, u, us, ä, ao, i, is, ps?.
Para já atençäo
Em diptongo crescente oral e final

Nesses casos o acento é fatal.

As proparóxítonas todas recebem acento, meu irmâo.
É a regra mais fácil.
Pois näo existe excepçao.

REPETIÇÂO

Categoría: Lusofonía - Publicado o 26-03-2009 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
Expresións portuguesas para estranxeiros

No vídeo podedes ver as expresións que hai na imaxe con outras imaxes que gardan relación. Saberíades dicir as mesmas expresións en galego ou español, ou noutras linguas?

Categoría: Lusofonía - Publicado o 26-03-2009 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Como naceu o Decreto
Alba Nogueira López naceu en Cee en 1968. É doutora en Dereito e profesora de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago

"O Decreto do uso do galego no ensino foi promovido con valentía e flexibilidade negociadora por unha conselleira do PSOE. Para a súa redacción inspirouse nun Decreto balear cunha década de vixencia impulsado polo goberno do Partido Popular de Jaume Matas. Incorporou literalmente nun anexo as porcentaxes de uso do galego no ensino do Plan de Normalización da lingua galega que fora aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia baixo a éxida de Fraga"


Ler máis
Categoría: Opinión - Publicado o 26-03-2009 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Nunca choveu que non escampara.
Faralle caso o futuro governo a esta esperanzadora nova?.

O PARLAMENTO EUROPEO REXEITA O DEREITO A ELIXIR A LINGUA DE EDUCACIÓN DOS FILLOS.

-A EUROCÁMARA aprobou un texto alternativo de PSOE, CIU, PNV, EA e ICV en defensa do modelo lingüístico catalán.

-Considera "esencial" protexer o multilingüismo nalgunhas zonas.

-Os pais non poderán elixir a lingua na que han de educarse os seus fillos nos países en que, como España, coexisten varios idiomas oficiais.

Así o decidiu o pleno do Parlamento Europeo, que rexeitou o informe sobre multilingüismo que pedía garantir o dereito a elixir sempre o idioma de escolarización dos fillos.
En cambio, aprobou un texto alternativo do PSOE, CIU, PNV, EA e ICV en defensa do modelo lingüístico catalán.
A unión da maior parte dos eurodiputados socialistas, liberais, verdes e do grupo da Esquerda Unitaria Europea serviu para sacar adiante o documento, que recibiu 335 votos a favor, 279 en contra e 69 abstencións.

Ver en "A Nosa Terra"

"La Coz"


Categoría: Galego - Publicado o 24-03-2009 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0