Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Réplica para GB
Categoría: Galego - Publicado o 06-02-2009 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Separatistas
?Os cataláns, os galegos e os vascos serían anti-españois se quixesen impor o seu modo de falar á xente de Castela; pero son patriotas cando aman a súa lingua e non se aveñen a cambiala por outra. Nós comprendemos que a un galego, a un vasco ou a un catalán que non queira ser español se lle chame separatista; pero eu pregunto, como debe chamárselle a un galego que non queira ser galego, a un vasco que non queira ser vasco, a un catalán que non queira ser catalán? Estou seguro de que en Castela, a estes compatriotas chámanlles "bos españois", "modelo de patriotas", cando en realidade son traidores a si mesmos e é terra que lles deu o ser. Estes si que son separatistas!?.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Categoría: Opinión - Publicado o 06-02-2009 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Ti, Galiza

Pequeno homenaje á terra e ó pobo de Galiza dun madrileño. O vídeo está formado pola canción "Ti, Galiza" de Miro Casabella, con letra de Xavier Costa, e as ilustracións de Daniel R. Alfonso Castelao, pertenecientes a las obras "Nós", "Milicianos" e "Galiza mártir.
Sacado do bloque "A ras del Alba"

Ti, Galiza
Ti viches, Galiza,
teus campos cheos do sangue
dos teus mais esgreivos fillos.
Ti sentiche apodrecer no teu seo
as sementes dos anos idos.

Déronche couces, miña santiña,
cuspíronche na faciana,
burláronse do teu senso,
profanaron o teu corpo.

Pero eles non sabían
que non facían máis
que sementar máis fondo
na ialma do teu ser,
na ialma do teu ser.

Burláronse do teu senso,
profanaron o teu corpo.

Cando veñan os novos labregos
a recoller a colleita
un barilo xa na xurdirá
do peito da túa terra.

Déronche couces, miña santiña,
cuspíronche na faciana,
burláronse do teu senso,
profanaron o teu corpo.


Categoría: Música da lusofonía - Publicado o 06-02-2009 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Noely Pocaterra
"Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais".(Noeli Pocaterra)


Cabe destacar que Noelí Pocaterra, indíxena pertecente á etnia wayuú, graduada de Traballadora Social, é unha loitadora social que está comprometida, dende fai máis de 40 años, na defensa dos dereitos humanos, políticos e territoriais dos pobos autóctonos.

Acadou o Premio Nobel en 2005

Bloque con este lema.
Categoría: Opinión - Publicado o 05-02-2009 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTO POLO DEPORTE GALEGO EN GALEGO
"As persoas que aquí estamos cremos nos valores que o deporte nos ofrece, amamos o deporte como actividade de superación e mellora constante, de responsabilidade e de dedicación.

Cremos no deporte como lugar de encontro e fraternidade.

Iso é o que entendemos que é a nosa lingua: o espazo onde melloramos e onde nos encontramos, o vínculo referencial e colectivo de todas as galegas e todos os galegos; a nosa maneira de estar no mundo e estender a todo ese mundo unha mensaxe de respecto e fraternidade.

Hoxe abrimos este Foro do Deporte Galego en Galego, impulsado pola Fundación Azkar e a Universidade de Santiago de Compostela a través da Vicerreitoría de Cultura, co compromiso de que a nosa lingua común sexa a nosa forma habitual de expresión, o galego que nos une.

Queremos contribuír co noso esforzo no deporte, practicándoo, contándoo, vivíndoo, a un futuro mellor, onde gocemos do noso grande patrimonio vivo, onde poidamos contar o esforzo e a superación, o triunfo e os novos retos, vivindo en galego.

Desde este Foro que hoxe comeza a andar, queremos facer un chamamento a todas as persoas que entenden o noso idioma como parte de todas e todos nós, particularmente a todas e todos os deportistas, institucións, entidades e, en xeral, a todas as xentes do deporte, a unírense a este Foro e a desenvolver, na medida das súas posibilidades, accións individuais ou colectivas, que permitan avanzar nese obxectivo, desde a fraternidade dunha Galiza cada vez mellor e nunha sociedade máis xusta e máis humanizada, máis deportiva".

Ler noticia na prensa
Categoría: Galego - Publicado o 05-02-2009 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0