Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Austeridade ou dispendio?

Nesta campaña electoral, como era de esperar, saen moitas novas sempre curiosas para nós os "espectadores". A Touriño saíulle "Un bo gran no cú". A palabra austeridade vaille queimar na boca cando a diga.Non sei se se verá ben a imaxe, pero por se acaso, quizais o máis importante sexa dicir o de que no presuposto pon 19 cadeiras a 2.269 ?, cun total aproximado de 43.000 ?.
Terán algún tipo de vibrador incorporado?
Categoría: Xeral - Publicado o 08-02-2009 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
A fala
Poema de Manuel María, cantado Por Roi Casal. Moi oportuno nestes tempos "revoltos".

"Maxicamente bello"



O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
precisamos a lingua
se queremos vencer!

A fala - Manuel María

Categoría: Música da lusofonía - Publicado o 08-02-2009 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
Méndez Ferrín
?Percibo un cambio de mentalidade neste país de cara a criterios políticos máis esixentes, máis rigorosos e cara a un máis alto nivel de conciencia. Ese movemento prodúcese cara á esquerda, cara ao nacionalismo?

O pasado venres 6 de febreiro celebrouse o Acto de Homenaxe Nacional a X.L. Méndez Ferrín en Vigo con motivo do seu 70 Aniversario e da presentación do Libro "A Semente da nación soñada" coeditado por Edicións Xerais de Galicia e Sotelo Blanco.

Entrevista

-As homenaxes soan un pouco a pasado. Como se leva o de estar xubilado?

No meu caso eu prefiro a palabra que se utiliza no Brasil, ?apousentado?, de descanso. Non a de ?reformado?. Eu non me vou reformar nunca. Xubiloso tamén porque cheguei a estes anos e non morrín nin me ocorreu nada irreparable.

Despois de tantos anos dedicados á docencia podería dicirnos que opina da situación actual do ensino? Hai quen di que non podería estar peor...

É unha campaña da dereita para valorizar o ensino privado. Antes dicían que só había drogas nos institutos, agora falan de violencia e acoso escolar. Nos deles nunca hai. Na Universidade de Navarra non hai droga nin nos Xesuitas de Vigo hai acoso escolar. É unha manipulación controlada pola dereita clerical.

Como foi a súa experiencia neste eido?

Moi apracible. Non vin nada de drogas pero si manifestacións, desaloxos cousa que me agradou porque quere dicir que están vivos.

No seu libro: ?Os Bárbaros. Ensaio sobre a mutación? Alessandro Baricco di: ?A idea de que o mundo dos libros atópase asediado polos bárbaros está tan difundida hoxe en día que se volveu case un tópico. Na súa versión máis estendida, eu diría que se apoia en dous alicerces: 1) A xente xa non le 2) Quen fai libros só pensa no beneficio e obteno. Expresado así soa paradoxal: está claro que se fose verdadeiro o primeiro, non existiría o segundo?. Que opinas da afirmación de Baricco?

Estou fundamentalmente de acordo. Nunca se leu tanto, se escribiu tanto, nunca se falou tanto como se fala hoxe. Hai uns cantos anos tamén era un tópico dicir que xa non se escribían cartas. Hoxe escríbense más do que se escribiu xamais posto que agora non hai que poñerlles selo e levalas a Correos. Agora está de moda tamén dicir que a linguaxe se destrúe, se perde polas formas de comunicación abreviadas que se utilizan nos móbiles. A ninguén se lle ocorreu dicir iso cando se inventou o morse. A esaxeración do lucro comercial dos libros é evidente. Os libros sempre custaron diñeiro. É máis, os libros son hoxe máis baratos do que foron en toda a historia. Fanse declaracións catastrofistas que penso que son interesadas. Hai un núcleo de exquisitos, de ?seres superiores?, que son os únicos que teñen que ter acceso aos libros e á cultura.

Seguindo con referencias a libros e autores: no seu libro ?A Resistencia? Ernesto Sábato dicía: ?A bondade é a maldade resúltannos inabarcables, porque suceden no noso propio corazón. Son, indubidablemente, o gran misterio. Esta tráxica dualidade reflíctese sobre a cara do home onde, lenta pero inexorablemente, deixan a súa pegada os sentimentos e as paixóns, os afectos e os rancores, as mortes que vivimos ou temos presentido, os outonos que nos entristeceron ou desalentaron, os amores que nos enfeitizaron, as pantasmas que, nos seus soños ou nas súas ficcións, nos visitan ou acosan? Que pantasmas deixaron a súa pegada na vida e na obra de Xosé Luís Méndez Ferrín?.

Non o podería determinar. É un lugar común. O rostro das persoas non é responsabilidade nosa senón que está marcada polas pegadas e cicatrices de toda a nosa circunstancia, a nosa vida. A lectura da face dunha persoa, se sabemos algo da súa vida, fálanos do que é a súa vida. O que poda deixar marcada non o sei porque a miña vida, como a de todo o mundo, é un cúmulo de sen sabores e ledicias, ciumes e fracasos. De todas maneiras eu tamén creo no ben e no mal. Existen.

Máis citas: Na súa obra: ?As Belas Bandeiras? Pier Paolo Pasolini afirmaba: ?(...) o compromiso nunca poderá pór en cuestión a liberdade do artista, xa que a participación na loita é unha elección libre e forma parte da cultura do artista: é el mesmo?. Que opinas? Considéraste un intelectual comprometido?.

Eu pertenzo á mesma xeración de Pasolini e coincido con el. A miña vida e a miña obra está comprometida no sentido co que Jean Paul Sartre chamaba ?engage?. Comprometidos están todos os artistas, os escritores. Os que din que non, aínda que eles non o saiban, están servindo a algunha das direccións contraditorias en que se move a humanidade. Unha a favor da liberdade e do pleno dominio da terra por todos os homes e outra de cara á propiedade privada e a perduración da explotación do home polo home. Eu espero estar na primeira liña.Para John Holloway ?A dignidade é o rexeitamento a aceptar a humillación, a opresión, a explotación, a deshumanización?.

Escasea a dignidade en política? É posible facer unha política digna no actual marco xurídico-político?

Si, supoño que si. Por que non? Esa lenda tan difundida de que todos os políticos son iguais é unha deprezación da política moi interesada. Realmente quen o din son aqueles que van a actuar en favor das forzas máis conservadoras e máis reaccionarias. Porque eles cren que os políticos se compran e eles tratan de mercar aos políticos. É absurdo pensar iso. Estou plenamente convencido de que Foucellas non se compraba, que Fidel Castro non se compra, polo tanto non todos os políticos nin toda a política é igual.

Este ano o día das Letras Galegas dedícase á figura de Ramón Piñeiro. Na túa opinión que pegada deixou a figura de Ramón Piñeiro na Literatura e no Pensamento Galeguista?

Tratou de levar a literatura e o pensamento á praxe. Propugnaba un galeguismo quietista, que simplemente producise lírica pura, pensamento abstracto baseado no sentimento da saudade. Na arte algo figurativa e conservadora. Repudiaba os sentimentos profundos, radicais, en literatura e o seu desiderátum en poesía era Álvaro Cunqueiro. Un intelectual que xogou o seu papel en política fundamental. Hai que pensar que morreu no PSOE. Foi comprometido coa parte menos leal a Galicia do espectro político galego. Esa era a súa contradición. Del falarase moito este ano.

Dicía C.S. Lewis na súa obra: ?A Experiencia de Ler? que ?quen gustan das grandes obras len un mesmo libro dez, vinte ou trinta veces ao longo da súa vida? Cal é o libro que máis veces reliches?. Tamén afirmou que ?non hai bos nin malos libros senón máis ben bos e malos lectores?. Que é para Ferrín un bo libro?

Non estou de acordo. Claro que hai malos libros. Un mal libro xeralmente necesita dun mal lector. Poñamos por caso ?Mein Kampf? é un libro detestable que di que os suramericanos son inferiores porque as razas indíxenas e española se mesturaron. Iso di un mal libro dun mal autor que foi Hitler. En realidade require dun lector igualmente pervertido. Por outro lado nunca lin enteiro moitas veces un libro.

Que opinas das novas xeracións de narradores galegos?. Está vivindo a literatura galega contemporánea unha Idade de Ouro?

A literatura galega está vivindo unha idade de ouro a partir de Manoel Antonio e a Xeración Nós. É a etapa máis importante de toda a historia da literatura galega. Máis que o século XIX con Rosalía, Pondal e Curros. Máis importante que a dos cancioneiros, máis variada, máis complexa. A produción vai ?in crescendo? en número de autores e de lectores tamén. Aumentou dunha forma espectacular dende hai uns anos o número de obras galegas que se traducen a linguas estranxeiras. Por exemplo, Manuel Rivas acaba de publicar na editorial Gallimard a súa novela ?Os libros arden mal? cousa que sería inconcibible non hai demasiados anos. Gallimard é algo así como a capital da república mundial das letras.

Ademais da súa obra literaria tamén é columnista en prensa. Hai quen fala de que o xornal no que escribe vende máis ese día...

Penso que debe de haber moi pouca xente que faga iso. Non é falsa humildade. Moi pouca xente merca un xornal por un columnista. Aínda que ás veces sentinme na tentación de mercar un xornal de Madrid por ler unha columna de Eduardo Haro Tecglen que aparecía na sección de televisión. Pode ocorrer pero en todo caso non fomos moitos os lectores do Estado español que o mercamos para lelo.

Tamén participa da experiencia de ser director dunha publicación. Neste caso da revista ?A Trabe de Ouro?...

É unha revista especial. Forma parte dunha editorial que aposta non polo lucro económico no caso da revista senón por unha publicación de pensamento crítico. Co respaldo económico e empresarial de Olegario Sotelo Blanco un equipo moi coherente, multidisciplinar que forma o Consello de Redacción prodúcese con moi pouco esforzo e ningunha tensión. Eu non podo dicir que dirixa a revista, eu coordino o Consello de Redacción. Está respaldado a nivel internacional por xentes de pensamento de moitos países. Parece unha milagre que filósofos franceses ou italianos como Toni Negri e outros moitos publiquen na revista artigos seus na súa lingua orixinal para ser publicados de xeito inédito.

Estás traballando nalgún libro novo?

Eu sempre estou traballando nalgún libro novo pero en ningún concreto. Estoulle dando voltas a cousas.

Que libros tes na túa mesiña de noite?

Estou a ler un libro de Enrique Líster fillo sobre a revolta de Praga de 1968. Acaba de publicarse.

Como ves a actual situación política e social de Galicia?

Por un lado hai unha parte moi importante da sociedade civil que está sumida nunha crise de transformación do seu modo de emprego e de vida habitual, do seu modo de traballo tradicional que o leva a unha crise de pensamento e de identidade: o mundo agrario está en crise. Galicia xa non é agrícola. Cando vemos un tractor miramos atrás e preguntámonos porque hai un tractor aí, ou porque hai un rapaz novo cultivando unha leira. É unha crise de identidade. Nos outros sectores da vida social, como pode ser o industrial, o traballo na zona de Vigo, da Terra de Turonio, do motor industrial de Galicia está nun proceso de recomposición porque está a haber unha crise global e estrutural. Non existe unha política dirixida a súa ordenación dentro do propio sistema capitalista. Existe un pequeno empresariado moi activo e moi dinámico pero que sigue pensando que os rapaces teñen que traballar polo bocadillo. Cada vez que hai un convenio do metal hai que incendiar contedores polas rúas de Vigo porque queren ir a un lucro desatado. Ese é o pequeno empresario local. Existe un atraso nese sentido con respecto a Europa. Isto tamén produce unha crise de conciencia e unha crise política. No mar pasa o mesmo e hai que retirarse de caladoiros onde tradicionalmente os barcos pescaban libremente hai anos. No pobo galego, por outro lado, estanse dando focos con criterio libre e con alta cultura máis importantes dos que houbo nunca debido, probablemente, á creación e desenvolvemento das tres universidades. Nunca vin tantos mozos galegos con enxeñerías, titulacións superiores de ciencias, con idiomas, viaxados, altamente preparados, non vin un continxente tan grande como o que hai agora. E están emigrando a maioría. Son enxeñeiros e non queren traballar polo bocadillo nas canteiras de Átios. Percibo un cambio de mentalidade neste país de cara a criterios políticos máis esixentes, máis rigorosos e cara a un máis alto nivel de conciencia. Ese movemento prodúcese cara á esquerda, cara ao nacionalismo. Na política máis corrente traduciríase en que é preciso escoller politicamente entre o que vén pola esquerda de Madrid, o PSOE ou EU, ou o que se xera no país coas propias forzas do país, o sindicalismo de dirección galega, CUT e CIG, e político, BNG e FPG. Esa elección é a que está suscitando o debate entre as capas máis cultas predominantemente novas do país. Algunha repercusión terá nas vindeiras eleccións. Ou non. Os movementos son lentos.

Sempre estivo ligado ao independentismo galego. Pensa que haberá que agardar moito para ver a un independentista no Parlamento?

Galicia ten un atraso político considerable. Existe un profundo complexo de colonización. O galego está profundamente convencido da súa inferioridade. Está plenamente convencido de que fóra de España non pode vivir. Ao mesmo tempo sabe que é un español de segunda categoría. Primeira categoría é o sector nacionalista-independentista pero hai moito independentismo que está no armario. Non se atreve a saír. Non podo crer que os dirixentes e os votantes do BNG non sexan independentistas. Pero son independentistas reprimidos. Fai falla saír do armario. Algún día ocorrerá. Está ocorrendo de feito.


Entrevista sacada do periódico dixital "A Peneira"
Categoría: Opinión - Publicado o 08-02-2009 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
Que tipo de prensa temos?
Un blogueiro fai unhas reflexións despois de ver os vídeos e ler esta noticia: Dan como dato destacado un que non é, pois o destacado di o seguinte:

"No entanto, a enquisa de La Voz identifica unha proporción similar de cidadáns, o 40,8%, que se inclinan polo Goberno de coalición similar ao que formaron socialistas e nacionalistas.

Eles deron como titular o dato do 40,3 % que prefería un governo monocolor ... pero sen dicir que este sería con apoios puntuais.

"A voz de Galicia eche moi raposa",

"Éche tan neutral como galeguista".

Ler a noticia na prensa.

Reflexión do bloqueiro:

"O que teño xa claro é que nunca mais considerarei aos medios de comunicación coma medios mediante os que os cidadáns forman libremente a súa opinión. Son simplemente o soporte para conter a publicidade da que viven, e ademais, no pior dos casos para cobrar por dicir cousas que nin sequera son certas"

O primeiro vídeo foi unha xogada do "Gran Wyoming" que lle fixo a unha canle televisiva, chamada "Intereconomía", para demostrar que non contrastaban para nada as novas que recibían e que o único que lles interesaba era denigrar a outras canles televisivas por ser para eles "Canles de Zapatero".





Este segundo vídeo conta o que fixo "Intereconomía".

Categoría: Opinión - Publicado o 07-02-2009 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
GB (Grandes Boleiros)
Coñecedes o grupo GB (Galicia Bilingüe). Actúa este domingo en Santiago.
Abaixo tedes unha das letras que van cantar na manifestación. Queren festa! É un grupo marchoso!

Quédome con esta frase que o resume todo:

"Tanto gallego nos está fastiando"

A mín sáeme esta definición:

GB: Grandes Boleiros

Boleiro: persoa que conta bolas, trampón, mentireiro.

Cantos nenos/as hai que falen galego nas cidades?

Cal é a lingua que está en perigo?

Alguén se imaxina a esta xente "bilingüe"coidando
o noso patrimonio cultural?


Que non estraguen o concepto bilingüe porque os únicos bilingües realmente somos os galegofalantes. Eles non queren, e moitos xa nin saben, sobre todo os cativos, falar galego.

Aparte de mentireiros, diría tamén renegados.

Voume quedar cun eslogan que foi editado nunha campaña na época do PP, que é moi bo porque sinxelamente di o que deberiamos facer: "Entre nós en Galego"

Isto é o que pensamos os galegüistas. Outros chaman a isto "imposición", "nazismo". Quédome co que pensan en Europa, incluso dan premios nóveles.

Onde está o PP galeguísta?

Estanos a votar fora do partido.

Himno do domingo A Santiago voy!!!

La la la la la la la
La la la la la la la la la
A Santiago voy ligerito protestando
Y con mi paragüitas por si hay lusistas esperando
A Santiago voy ligerito calumniando
por mi niña Vanessa que la Xunta me está estragando
Voy repleto de firmas por el camino las voy contando
porque la imposición a Galicia está llegando
A Santiago voy... ligerito
A Santiago voy... rezando
Como un peregrino a honrar a Manuel Jardón
A Santiago voy.... a Santiago voy
a Santiago voy...a Santiago voy
por mi Vanessa en Compostela protesto yo
(corre Rosa Díez que chove!!)
La la la la la la la
La la la la la la la la la

A santiago voy ligerito injuriando
Con mi mascota Gabi para a los niños ir animando
A santiago voy ligerito suspirando
Y mi amiga Rosa que en Compostela me esta esperando
Voy también con Corina, con Negreira todos cantando
tanto tanto gallego ya nos está fastidiando
A Santiago voy... ligerito
A Santiago voy... caminando
Como un peregrino a honrar a Manuel Jardón
A Santiago voy.... a Santiago voy
A Santiago voy... a Santiago voy
Y por mi Vanessa en Compostela protesto yo
La la la la la la la
La la la la la la la la la
Categoría: Galego - Publicado o 07-02-2009 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0