Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Quere a dereita unha guerra lingüística?
Manolo Rivas. Artigo sacado do periódico o País

Nas lendas populares, un dos xeitos de acadar o tesouro é saber a verba (a palabra chave) no intre oportuno, cando quen garda o tesouro pode aparecer e preguntar por sorpresa calquera cousa.

Esta relación verbal entre quen busca o tesouro e quen vixía ten dado relatos breves moi finos, como esa xoia micro que recolleu Antón Fraguas. Unha moura ou vixía saca o tesouro ao sol, porque os tesouros tamén enferruxan, e pasa alguén que fica enfeitizado. Entón a vixía pregunta: "Gústalle a tendiña?".

Para acadar o tesouro hai que dar axiña a resposta. A correcta é: "Gústame a tendiña e maila señoriña".

Qué estilo o do saber popular!

Compárase moito a idea de ter unha lingua coa de ter un tesouro. Son moitas as persoas que en discursos públicos estabelecen esa asociación. Mais eu non sei se é crido ou non. Quen o di supoño que está nesa crenza, nesa visión de veedeiros ou veedeiras, homes e mulleres que van pola vida coas varas, varelas ou variñas rabdománticas para descubrir os tesouros ocultos ou brunir e escintilar os que están vivos. Eu non sei se a maioría ten interiorizada esta idea do valor, do tesouro, da lingua. Mais non é só unha metáfora. Na nova economía, fálase dunha lingua e da cultura que leveda ao seu redor en termos semellantes aos antigos tesouros. É un recurso que aumenta en valor exponencial. É unha industria. Non pasará moito tempo en que os recursos culturais se reflicten na Contabilidade da nación ou comunidade.

É compartida esta teoría do valor, do tesouro, pola maioría da xente galega? É maioritaria a indiferenza? Cal é o mapa do tesouro, do vivo e do soterrado? As últimas estatísticas sobre a lingua semellan levarnos nun rumbo algo pesimista. Quizais fallan as verbas (as palabras chave). Mesmo algúns que deberían estar na primeira liña de veedeiros, están a doutorarse agora en Pesimismo e responden o que aquel mariñeiro cando lle preguntaron pola esperanza: "Ter teño esperanza, o que pasa é que é unha esperanza negativa".

A lingua galega pode ser un tesouro vivo ou pode enferruxar e mesmo ir entrando nunha fase de enterramento. Esta xeira é decisiva. Non hai limbos para as linguas. Tampouco serven os "tempos mortos" do boxeo. Viñamos dun período preguiceiro. Non discuto vontades, máis si a capacidade de xestión. A languidez semella ser tamén o signo da política lingüística actual do bipartito. Semella que a mellor política lingüística é un bilingüismo aforrador: O nin Fu nin Fa. Pero o máis preocupante está a pasar non no goberno, senón no Partido Popular. Aí si que se move a política lingüística. Aí si que hai lobbys e máis lobishomes.

O 'centro' lingüístico

O Partido Popular non só é o partido da oposición. Por agora, aínda é o máis votado en Galicia. Se eses sectores extremistas, que disfrazan co termo "liberdade" posicións anticonstitucionais, arrastran aos conservadores a unha "guerra lingüística" danarán o partido, farán del unha facción cada vez máis minoritaria, mais tamén danarán a Galicia. É consciente o señor Núñez Feijóo do que está a pasar en parte dos seus eidos, de como o están a utilizar? O actual líder popular é un home intelixente. Non está baleiro e ten pegada. Viuse no debate a tres da TVG. Mais perdeu claramente o centro nas posicións lingüísticas. O que se está a facer hoxe en Galicia vai nas rodeiras da lei acordada por unanimidade e cando gobernaba o Partido Popular. Vai nas rodeiras, vai amodo, e vai aos poucos. A guerra lingüística que algúns irresponsábeis están intentando provocar non ten ningún fundamento. Non hai ningún galego, por moi nacionalista que sexa, que queira renunciar ao pluralismo lingüístico. O único perigo de defunción que hai aquí é o do galego. Como cantaba o trobeiro medieval: "Os que non aman nen saben d'amor facen perder aos que amor am.."

Se o chamado bilingüismo harmónico definira unha situación real, por qué a teima de algúns en oporse ao 50% de materias impartidas en galego no ensino? A campaña de desharmonía é, ademais, e como diría Groucho, unha contradición absolutamente contraditoria. Por non falar da proposta anticonstitucional de intentar estabelecer un réxime de apartheid lingüístico nos centros. O ser humano é un misterio, mais vai alén do misterio que propostas envelenadas teñan por capitáns a algúns docentes que por non ler semella que nin leron o Corazón de D'Amicis.

Aquí falamos moito de festivais gastronómicos. Días atrás, e arredor do divino porco, dispensando, celebráronse as festas da Uña (San Lázaro) e da Orella (en Vedra). Qué xa é ser finos de máis. Porque a uña e a orella son como a metafísica do porco. O que non hai aínda rexistrada é a festa da Autofaxia, a de comerse unha parte dun mesmo. Ou si? Ao mellor esas festas celébranse sen ter conciencia do que son. Chegáronme noticias indirectas dun acto en Vigo, onde con pretexto bilingüe o que realmente fixeron alí foi un ritual de Autofaxia. Non só comeron lingua galega, senón que tamén deron racións de Castelao e mesmo algunhas tapas de Rivas. A min, en soños, sempre me fixo moita ilusión chegar a pinche de Castelao. Unha segunda vida, na que eu, cando el estaba case cego, pois lle afiaba o lapis, mecanografaba os seus escritos e facía os recados eses de ir a correos, á libraría ou ao ultramarinos. O que nunca pensei é que nos foran enfornar xuntos en canapés para goce de Corina Porro e o resto da ilustración convocada no teatro García Barbón, xusto en vésperas electorais e polos mesmos que foron manifestarse na Coruña para que cambiara a hora no reloxo do Obelisco.

Conservadores de tesouros

Quen mellor escribiron de tesouros en Galicia foron Álvaro Cunqueiro e Xosé Filgueira Valverde. Ambos os dous eran conservadores. Cunqueiro, un xenio literario. Unha imaxinación a levedar en verbas. Filgueira era un sabio. Entre os tesouros galegos hai que contar os seus oito volumes de Adral, que lle publicou Isaac Díaz Pardo. Nesa obra está grande parte do saber e da sensibilidade de Galicia. Hai un capítulo que se titula: O galego, ese luxo. Hai outro no que fala dos tesouros cunha sabedoría abraiante. Explícanos que o sentido de atopar un tesouro non era só material: "Acadar un tesouro non é soamente acrecentar cun ben a propia facenda; é obter un trunfo...Gañar unha loita contra o segredo". No caso da lingua, un trunfo de todos.

Máis. Política Linguística do PP
.

Modelos lingüísticos dos tres partidos con opcións.
Categoría: Opinión - Publicado o 19-02-2009 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
Crisis educativa?
Interesantes vídeos que cuestionan o actual ensino educativo.

Categoría: Ensino - Publicado o 16-02-2009 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Frente Popular Galega
Outros candidatos non tan coñecidos.

Abalo e Mendez Ferrín



Categoría: Xeral - Publicado o 15-02-2009 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
Que hai de realidade e de montaxe?
Estamos instalados no século da imaxe. A confusión, o engano, imperan por tódalas partes. Moitos són os que pensan que sería mellor non ver nen escoitar as noticias que acontecen diariamente. É dificil discriminar.

O vídeo, está sacado do bloque "En defensa de Israel", fala dunha manipulación por parte dos Palestinos das imaxes que chegan a Europa. Nun simil con Hollywood, este chámase Pallywood. Seguramente hai algo, ou moito de certo, non o dubido, nas guerras desgraciadamente todo vale, son guerras.

A miña gran dúbida deste vídeo é a versión totalmente pro-israelí, e aínda máis cando vexo que detrás está "Libertad dixital", unha cadena da que non me fio un pelo, pois polo que vin, por encima, case, ou tódolos vídeos están escorados, como digo eu, " a dereita", ...onde tamén hai grandes manipuladores de noticias. De todos xeitos, fíxome reflexionar sobre o tema da manipulación e as súas nefastas consecuencias, moitas das veces. Unha mentira pode destruir moitas cousas,... entre elas moitas vidas.


Categoría: Xeral - Publicado o 15-02-2009 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Material para traballar no Entroido
Na Web de Norberto atoparás varias ligazósn para traballar o Entroido nas clases, na casa, .... ENTRAR
Categoría: Ensino - Publicado o 14-02-2009 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0