Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os difuntos FALABAN CASTELAO


Unha curta simpática para este mes de defuntos. Está basada nun conto de Anxel Fole.
Categoría: Curtametraxes, vídeos en Galego - Publicado o 03-11-2011 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
A fotografía gañadora

No vídeo podedes ver a historia dunha foto. As imaxes son moi duras, pero coido que é unha boa reflexión do que podemos chegar a converternos.

Ver vídeo:

http://video.bugun.com.tr/bugunPlayer.swf?file=dagilfilm.flv
Categoría: Curtametraxes, vídeos en Galego - Publicado o 02-11-2011 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Morreu o cura
De Viñetas
Categoría: Humor - Publicado o 02-11-2011 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
Carnés Galefas ou Galefás


Fai uns anos, estando eu traballando en Poio, fixemos unha campaña de normalización lingüística con estes carnés. Dábaselle un ó alumnado que o merecía. Tratábase de fomentar a oralidade. Persoalmente penso que tivo o seu efecto. Había que baixar un pouco o listón para dárllelo, pero a cuestión era que funcionaba, todos querían ter un carné ... ou todos.

Como se lle daba o carné?. Deste xeito.

1º Nivel: MOUCHO. O Observador. Colabora nas actividades de Normalización Lingüística. "Fala galego de cando en vez".

2º Nivel:GOLFIÑO.O imitador. Participa nas actividades de Normalización Lingüística. "Fala galego cando outros llo falan".

3º Nivel: DINOSAURO. O enxebre.Colabora e partipa nas actividades de Normalización Lingüística.. Axuda a que outros tamén o falen. "Fala galego sempre ou case sempre".

Parte de atrás dos carnés.

Hoxe recupéroos para este blogue porque a páxina web deste colexio que estiven non sei se durará moito, leva un par de anos parada, e igual deciden facer cambios ... E ás veces, xa sabemos, isto fai que desapareza o que había feito. Eu dende logo, dóulleles as grazas os meus compañeiros por non eliminala, pois sei que teñen que pagar un pouco por mantela. Foi moito o que alí se traballou. Alí comecei esta andaina ciberespacial. Ós poucos vou sacando algunhas cousas para que non se perdan.


Estaría ben que a Consellaría de Educación fixera algo parecido con todos os funcionarios, con sistema de puntos para os concursos de traslados, ou con incentivo económico.

O problema do galego arranxaríase en dúas patadas.

Categoría: Galego - Publicado o 01-11-2011 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0