Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Taboleiro antes e despois da censura
De Censura


Loxicamente, despois de lerme a cartilla, como o que hai aqui posto foi posto "sen consultar" nin ó Coordinador do EDNL nin o Equipo Directivo, pois saqueino para que prime a desisformación, e poidan eles utilizalo ó seu pracer.

Cando estaba sacando preguntáronme que estaba facendo. Dixen cumprir órdenes.

Pode alguén vivir deste xeito nun centro?


De Censura


Este vídeo, xa de antano, pode vir a conto con esta situación.


Categoría: Censura - Publicado o 06-11-2011 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
2011. Ano internacional dos bosques


Consecuencias da deforestación






O xogo EDILIM sobre "As árbores do noso cole" (CEIP Campolongo".
Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 06-11-2011 07:31
# Ligazón permanente a este artigo
A Galicia queimada
De Manolo Rivas no El País
"......

Temos un país queimado. Non só os montes de Ourense e algunhas outras bisbarras.

Temos queimados os equipos e as equipas. Os equipos de normalización lingüística, por exemplo, eses botan fume por cada poro. E non me estraña. Como vas traballar no ensino oficial a prol dunha lingua, se todo o discurso do poder vai dirixido a descualificar ese traballo, a que a xente interiorice que a súa lingua é unha lingua inútil. Os equipos de medio ambiente están queimados. E como non! En lugar de espallar e garantir os valores medioambientais, semella que todo está aberto á poxa, non importa o nivel de protección. En Alemaña e Francia, os gobernantes decláranse ecoloxistas, non digamos xa nos países nórdicos, mais en Galicia o termo "ecoloxista" aínda segue a ser utilizado como un alcume. Quen repartiu as pancartas de Touriñán, feitas en fábrica, onde se atacaba como demos aos ecoloxistas?

Os equipos de televisión tamén están queimados. Estar están queimados até os equipos de fútbol. No mundo do estres e da angustia laboral fálase da Síndrome burn out. O estar queimado. Mais neste país semella unha síndrome nacional. A identidade de estar queimado.

Ía dicir que non temos dereito a estar tan queimados. Mais cos recortes que hai en todo, só faltaría que lle quitaran a un o dereito a estar queimado. Sen folgos. Sen esperanza. Sen nada.

O Rexurdimento tamén agromou en circunstancias de desacougo colectivo e cando moitas cousas semellaban perdidas ou en perigo de perderse. O que cómpre, cando un país está queimado, non é apagar a luz e encamalo. Pola contra, éche o intre de levar a contraria, montar un novo Rexurdimento e botar un baile coa Negra Sombra."


Artigos relacionados:

Defensa do Ensino Público
Categoría: Opinión - Publicado o 05-11-2011 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Éxito nas vídeo-conferencias no Día da Ciencia en Galego
Éxito total da actividade organizada pola CGEDNL en colaboración coas tres universidades galegas para conmemorar o Día da Ciencia. Máis de 10.000 alumnos, 4.000 de primaria e 6.000 de secundaria.

En Primaria tratouse o tema: Sabes por que 2011 é o Ano Internacional dos Bosques?

En Secundaria: "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial"

Ver máis na páxina da CGENL

Artigo relacionado:

Ano Internacional dos Bosques


Nas imaxes tedes os participantes de Primaria, e a nota de prensa que non se lle fixo ningún caso.
O galego non vende nalgúns mercados.




Categoría: Coordinadora de ENL - Publicado o 05-11-2011 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
O sapo e o raposo


O raposo remata dicindo:

"Vaite de ahí
diantre de sapo
que eu contigo
non quero máis trato"

E o sapo, respóstalle:

"Maís vale ter cabeza ca beleza"


Canta razón tiña o sapo.


Ver máis contos
Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 05-11-2011 06:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0