Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Prolingua e os Premios da Cultura Galega
A Plataforma Prolingua fai un chamamento ós premiados na 2ª Edición dos Premios Da Cultura Galega a non abonaren coa súa presenza as agresións contra o dereito a vivir libre e plenamente no idioma galego.

Outra das últimas accións de Prolingua foi enviar unha carta ó Presidente da Diputación da Coruña criticando a actitude da responsable da área de Normalización Lingüística, onde nunha entrevista que lle fixeron na prensa, alega a liberdade de expresión para dicir que ela fala normalmente castelán.

Coido que como persoa pode ter razón, pero como funcionaria, primeiro dun concello, e logo como diputada responsable, nada máis e nada menos, da área de Normalizaciónn Lingüística na Diputacion da Coruña, pois vai a ser que non é así. Ou seica non temos obrigas?

Imos recordarlle a esta señora o Artigo 3º da Lingua na Administración (aínda que neste caso sexa no ámbito educativo).

E por se non lle chega, podemos tamén falar da Lingua de referencia inicial, consensuada polos tres partidos que hai na cámara autonómica.
Categoría: Galego - Publicado o 13-11-2011 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Historia do Galego e os Dereitos Lingüísticos


Este martes 15 de novembro , remata a exposición da "Historia da Galiza e os Dereitos Lingüísticos".

Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra.

Na mesma biblioteca e relacionado coa exposición están estes dous vídeos.
Categoría: Galego - Publicado o 12-11-2011 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Un bo aturuxo de Sin Chan


Canción que Ana Lemos ten na páxina de dobradores galegos . Deste xeito un compañeiro deulle esta forma de video.
Categoría: Galego - Publicado o 12-11-2011 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Operación 20 N. Anonymous


Unha forma de loitar contra o bipartidismo é votando ós partidos minoritarios ou no peor dos casos votando nulo, se un non se sinte identificado con ningún.


"Os maioritarios xa teñen os seus zombis" di Anonymous.

En resumidas contas:

PARTIDOS MAYORITARIOS (pppsoeciupnv)
VOTO EN BRANCO (favorece ó máis votado)
ABSTENCIÓN (ignorados)
-------------------
ANONIMUS: VOTO NULO OU PARTIDOS MINORITARIOS

Eu na Galiza, coido que non hai outra opción que votar a quen máis loita por manter a identidade de ser galego. Non si?
Categoría: Política - Publicado o 12-11-2011 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Como pronunciar correctamente Hamburguesa en Inglés


Para rir un pouco co tema dos acentos ou da pronunciación en inglés.
Categoría: Humor - Publicado o 12-11-2011 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0