Dúas entidades estas que traballaron e traballan a reo pola dignidade da nosa lingua. Unha xa veterana, xa van alá 30 anos, a Aula Castelao, e a outra, incipiente na súa organización pero tamén veterana no traballo (vinte anos).
''Este premio dános alento para continuar co noso labor''. Belén Escariz e Rubén Rivas agradecían desta maneira, onte, en Pontevedra, o premio Xoán Manuel Pintos que este ano foi a parar á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística. Despois citaron o texto que saíu da asemblea da coordinadora este ano, no que se facía fincapé na resistencia como valor fundamental dun traballo de defensa do idioma. ''Debemos esforzarnos por manter a esperanza. O futuro do galego depende moito da nosa capacidade de resistencia. Cómpre non quedar na crise e no lamento. Resistir ten que ser avanzar''.
No nome da Aula Castelao, recolleu o galardón o seu coordinador, Carlos Calviño, que lembrou que entre os obxectivos fundacionais da institución estaba a defensa dunha serie de principios dende un compromiso irrenunciable a prol da lingua galega.
Mañá venres 25 de novembro, ás 21:30 h, no Pazo de Mugartegui (Praza da Pedreira - Pontevedra), o Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) entregaralles o Premio Xoán Manuel Pintos 2011 de impulso da normalización lingüística á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua (CGENDL) e á Aula Castelao de Filosofía.
No acto intervirán a soprano Concepción Rodríguez, acompañada polo piano de José Agustín Candisano. Interpretarán os poemas "As lixeiras anduriñas" (Golpe Varela), "As froliñas dos toxos"(Noriega Varela), "Meus amores" (Golpe Varela) e ?Os teus ollos? (Curros Enríquez).
Ao remate do acto, servirase un viño.
Esperamos que os máis achegados a Pontevedra poidades asistir.