Sabías que algúns inspectores están dando ordes de que non se poden poñer pancartas nos colexios?
Por suposto depende que tipo de pancartas. Neste momento estamos a falar dunha como a que temos na imaxe.
Unha indignación máis.
Pon algo grave a pancarta?
O señor presidente no parlamento dixo que
"Había que respectar a aqueles que non foron a folga" . Querendo dicir que a maoría dos mestres non foron a folga e que comulgaban co que estaban a facer. Cousa que é mentira e por iso están intentando que non se vexa moito o cabreo xeral do profesorado.
Aquí preguntámonos como é posible
que prohiban que poidamos manifestar o noso malestar (maioría do claustro) polo que está acontecendo no ensino público: descontos, recortes, incremento do horario lectivo, eliminación das especilaidades ...
Dende logo, sei que algúns centros aínda teñen a pancarta ... Nós só podemos dicir que estaba decidido poñela pero chegou a censura antes de tempo.
A min isto recórdame a outros tempos.