Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Por que os corvos son negros?
Na bitácora do escritor Xesús Constela atopei esta curiosa lenda "O Espantallo". Unha fermosa historia de soidade (o espantallo), intransixencia (a xente do pobo) e tamén solidariedade (os corvos). Tamén saberás, por que os corvos son negros.




A lenda


Conta a lenda que unha tarde fría, nun campo, un espantallo vía como os corvos voaban e paraban só para intentar comer o millo do sementado. Un día, o noso protagonista decidiu cambiar radicalmente a súa vida, ser amigo dos paxaros, e foi entón amabel con eles...pero os paxaros saían fuxindo, asustados polo monigote.
Nese momento, o espantallo tivo unha idea: colleu sementes e ofreceullelas ás aves, pero aínda así, estas, afastábanse máis e máis.
Pouco despois, caeu un paxaro enfermo ao chan; o espantallo foi a axudalo ata que se recuperou.
O espantallo preguntou ao paxaro:
-Por que foxen todos de min?
-Suponse que nos tes que asustar para que non comamos as vosas colleitas -respondeu o paxaro un pouco abraiado.
-Pero eu non quero asustarvos-dixo o espantallo-só quero ser o voso amigo.
O paxaro curado marchou sen contestar.
Esa noite, o espantador de paxaros, decidiu ir á casa do seu amo para dicirlle que non quería facer máis este traballo; ao entrar no cuarto onde durmía, este saíu correndo asustado.
O home foi a chamar aos veciños dicindo que o seu espantallo estaba vivo e que intentaba asasinalo e entón os aldeáns foron a buscalo.
O espantallo, asustado, correu e correu ata refuxiarse nun dos muíños do campo. Prendido polos fachos dos homes do pobo, o muíño empezou a arder. O pobre espantallo non tiña escapatoria.
O paxaro xa contara aos seus compañeiros quen lle salvou a vida, rescatándoo dunha morte segura. Ante a acción dos humanos, os corvos decidiron axudar ao noso asediado amigo...pero xa era tarde pois fora consumido polas chamas; as negras aves recolleron as cinzas e botáronas ao aire para que o espírito do seu amigo puidese voar cos paxaros. Dende ese fatídico día os corvos gardan loito polo espantallo, por iso os corvos son agora negros

Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 26-10-2009 06:24
# Ligazón permanente a este artigo
Biblioteca Dixital Mundial
Biblioteca Dixital Mundial (BDM). Reúne mapas, textos, fotos, gravacións e películas de tódolos tempos e explica en sete idiomas as xoias e reliquias culturais de tódalas bibliotecas do planeta.
Categoría: Xeral - Publicado o 25-10-2009 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Galegos na Xunta?
"Sentenza asine' no canto de 'sentenza firme', 'ría de facenda' por 'consellaría de facenda', 'órganos de ado' por 'órganos do estado', e así ata quedar parvo ...

Queres ver máis erros do exame oposición?

Por que ou para que se usa o tradutor automático na xunta?

Preguiza?

En que lingua fan os traballos?

"Bilingüístas" de nova xeración?

Pouco galego na escola?

Se xa estamos así, como estaremos co "Bilingüísmo Armónico".

Con esta "liberdade" calquera escolle o exame en galego!

Ti faríalo?.

Queres ver os comentarios que se fan en Vieiros?
Categoría: Paradoxos - Publicado o 25-10-2009 07:17
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Chinés
Curso de Chinés. Para seguilo en varias linguas, entre elas a galega, só na escrita, a fala está en inglés.
Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2009 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia Calidade
Categoría: Humor - Publicado o 24-10-2009 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [18]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0