Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha estratexia difícil pero a ter en conta
Categoría: Saúde - Publicado o 29-10-2009 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
Rechamo
Falan en Roma italiano,
os gabachos en francés,
en latín falan os cregos,
os loros falan en inglés.
Catalán en Cataluña,
nas Provincias champurrá,
en Valencia valenciano
e na raia patuá.
Castellano por Castela,
pola Bética andalúz,
portugués en Lusitania,
por Galicia... aquí unha cruz.
Somentes vos, galeguiños,
que tes moleira de buxán
¿tes a menos o chamarlle
viño ó viño, pan ó pan?
Xuro a Dios que si eu fora
entre vos un día rei,
para escarmetar a todos
iba poñer esta lei:
"Todo aquel que aquí prefira
lengua allea á de seus pais,
seralle arrincada a súa
da boca pra xamais"

Xoán Manuel Pintos Villar (1811-1876) 1874
Categoría: Poesía - Publicado o 29-10-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Deitado fronte ó mar
DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...

Celso Emilio Ferreiro
"Longa noite de pedra"

Categoría: Poesía - Publicado o 29-10-2009 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
Dicionario multilingüe

Nesta ligazón WordReference.com tes a posibilidade de traducir, buscar sinónimos, noutras linguas, inglés, francés, italiano, portugués. Aquí os galegos temos a opción do portugués. "Menos mal que nos queda Portugal"
O enderezo desta ligazón tédelo tamén nos recomendados desta bitácora, como "Dicionario multilingüe"


Máis dicionarios e tradutores
Categoría: Inglés - Publicado o 29-10-2009 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
Fálase ás veces, pero aquí impresiona
Categoría: Curiosidades - Publicado o 29-10-2009 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0