Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un punto de vista positivo
O sociólogo, catedrático de Opinión Pública da Complutense, Fermín Bouza (Santiago, 1946) augura que, se as agresións ao galego continúan, pode producirse unha reacción social con efectos políticos semellantes aos do Prestige en 2002. Critica o pesimismo dalgúns sectores ante o 'disparate da derrota do 1 de marzo' e asegura que os datos electorais dan a entender que é doada unha nova derrota do PP en 2013.

----------------------------------
Que pode supoñer a manifestación do domingo 18 tal e como se está producindo a convocatoria por un espectro social e político tan amplo?

O tema da lingua é tan grave e aféctalle tanto ao futuro de Galicia que calquera actuación na súa defensa é fundamental. Ademais é un acto unitario, e o que outras cousas non lograron conségueo a lingua. Ten significación cara á lingua e cara á política. É un momento histórico, porque sempre que se fixeron estes actos tiñan un transfundo partidario e desta volta non. Esa é a diferencia.

A controversia social sobre a lingua parecía durmida e foi unha campaña electoral a que excitou a situación. Era algo esperábel ou é unha importación externa?

É importada por forzas políticas como UPyD ou organizacións como Galicia Bilingüe, que falan dunha problemática que ninguén sentía como eles a presentan. O que me parecía unha enorme desgraza agora xa non estou seguro de que fora tal. Como din os crentes en frase moi interesante, Deus escribe dereito con liñas tortas. O traballo destes grupos, en xeral de extrema dereita, foi paradoxalmente un traballo a prol da lingua, porque fixo reaccionar a toda a xente que ten no galego unha referencia importante e que estaba francamente adurmiñada. Mirando desde Madrid non me parecía que houbese un movemento con nervio abondo para darlle vigor á lingua. Había unha lexislación que malamente se cumpría, unha organización de defensa da lingua que ás veces non actuaba acertadamente e xa se vía que a lingua non ía ben. Se a este proceso lle engades o triunfo de Feixóo coas políticas lingüísticas novas que aplica chegamos á desaparición da lingua. Esta é a perspectiva que a xente non se formulaba e que Feixóo puxo negro sobre branco. A importación do problema resultou a decote un estímulo en favor do galego.

Ese intento de presentar o castelán en perigo xa se fixo en Cataluña e en Baleares. Ten máis significado político que o propiamente lingüístico?

Unha vez que destapas a caixa de Pandora dos dereitos da xente, e falar e defender a propia lingua é un dereito, aparecen máis cousas. Son asuntos complexos que a dereita entende que cuestionan a estrutura do mesmo estado. Pero son esaxeracións que nos fan dano a todos, empezando pola propia dereita. Considerar que o feito de que un país fale a súa lingua atenta contra a propia supervivencia de España é o que dramatiza absurdamente a cuestión.

É bo para o futuro do galego que non apareza como patrimonio de ningunha forza política?

A idea de que a defensa da lingua non sexa exclusivamente un tema nacionalista é positiva. O nacionalismo colleu esa bandeira, con toda a razón, porque estaba deixada da man de deus, pero é unha bandeira xusta e se o PP, como noutro tempo, se suma e o fai o PSdeG tirándose á piscina con racionalidade, é importante. Se a lingua vai unida a algo sectorial e de partido estamos perdidos. Temos que facer que o propio votante do PP se comprometa co galego e o sitúe máis alá da batalla política, que é o que algúns non acaban de entender.

No seu blog (votoconbotas.trincheradigital.com/) dicía que a reaparición, de man de Carlos Negreira, da polémica sobre o topónimo da Coruña perseguía romper a posibilidade dunha alternativa cara o 2013 entre socialistas e nacionalistas.

Falamos de mínimos e non se pode ir con ninguén que acepte algo así. Hai cousas que non son negociábeis. É mellor ir sós que mal acompañados e o tema do topónimo da Coruña ten gravidade como para rexeitar calquera alianza, que debe basearse en mínimos e ese é o máis cativo dos acordos. Sería unha salvaxada pretender volver atrás nesta cuestión. O PSOE non pasa por aí e algunhas declaracións foron produto dalgún despistado máis pendente doutro tempo que da actualidade. Non era serio e déronse conta rapidamente de que ese non era o camiño.

Seis meses despois da mudanza electoral, pasou a oposición xa do shock inicial? Ten sentido o pesimismo de que agora veñen outras catro lexislaturas de maiorías do PP?

Sempre quixen combater esa postura. Como dezaseis anos? No meu blog quixen dar razóns para que se entendese que iso non é así. O bipartito respondía máis ás necesidades e ao reparto da estrutura de clases en Galicia. Non había ningunha razón para que perdese e a derrota foi un disparate e supón perder catro anos. É certo que non facían caso a ninguén, que a ignorancia é total en materia de comunicación política, que se meteu a pata, pero eu digo que é moi doado gañar as eleccións en 2013.

A corrupción destapada polo caso Gürtel ocupa a actualidade política. Influirá no electorado?

Non vai cambiar o voto do electorado do PP por estes asuntos de corrupción, pero indirectamente inflúe. Porque nesas circunstancias parte dese electorado está receptivo. É o momento da gran comunicación política das outras alternativas, pero iso non quere dicir que vaian mudar de voto inmediatamente.

A oposición mudou os dirixentes despois do 1 de marzo. Ten tanta influencia como se lle dá o liderado dos partidos?

De momento, tanto en España como en Galicia, os líderes non teñen tanta importancia. A xente vota partidos políticos, PP, PSOE ou BNG, e os líderes aproximan pero non son elementos decisivos. O importante é a marca e a mensaxe partidaria. A xente é moi pouco personalista nestas cuestións.

Sempre se cita o caso de Nunca Máis, a mobilización deste domingo está dicindo algo sobre a representatividade dos partidos?

Prestige e lingua son os motivos das máis grandes mobilizacións contemporáneas en Galicia e son asuntos políticos. O Prestige deulle a gobernación ao bipartito e rompeu a maldición de que só o PP era a forza de goberno en Galicia. A lingua é importante para unha maioría da poboación, fálea ou non. Se estas mobilizacións conseguen ser moi concorridas farán callar na xente a conciencia de que algo grave está a pasar e poden ser un Prestige 2.


Ler noticia en "A Nosa Terra"
Categoría: Opinión - Publicado o 19-10-2009 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
RTVGA. DENUNCIO A MANIPULACIÓN
Milprimaveras é unha bitácora adherida á plataforma Blogues pola Lingua (BpL), unha rede de blogueiros e blogueiras en defensa do galego. Diante da nula cobertura e a evidente terxiversación e manipulación levada a cabo por parte da Radio Televisión de Galiza en relación á manifestación celebrada hoxe en Compostela en defensa do noso idioma reaccionamos cunha acción conxunta de denuncia. O texto que segue foi acordado polos integrantes desta rede blogueira para evidenciar a manipulación da TVG. Eu estaba alí coas millas fillas e decidín marchar porque non dabamos entrado. Xa na anterior manifestación de maio houbo que pedir á xente, ó igual ca esta, que abondoara a praza para que poidera entrar outros.

"O domingo 18 de outubro entre 50.000 (cifra dada pola Policía Local de Compostela) e 100.000 (cifra dada pola organización) galegas e galegos, de diferentes adscricións ideolóxicas, estratos sociolóxicos, e usos da lingua, nos manifestamos na defensa do noso idioma fronte o reiterado ataque que está a sufrir por parte do goberno da Xunta de Galiza presidido por Alberto Núñez Feijóo (PP), convocadas e convocados pola Plataforma Cidadá Queremos Galego integrada por unha diversidade plural de centos de colectivos e persoas.

Os medios de comunicación públicos do noso país (a Radio Galega e maila Televisión de Galicia) non ofreceron unha información veraz que se axustase á realidade do verdadeiro impacto que tivo a mobilización, que contou cun resultado histórico en participación. Nese senso é preciso denunciar a obscena manipulación que por parte dos Servizos Informativos da TVG se quería levar a cabo, pretendendo iniciar unha conexión en directo coa manifestación, no momento xusto en que a primeira lectura do manifesto rematara, e as xentes que ateigaban a Praza da Quintana ían abandonándoa paulatinamente para permitir a entrada dos milleiros de persoas que inda non puideran entrar, e que agardaban nas Praza das Praterías e os seus arredores, e que finalmente encheron por segunda vez a Quintana. É evidente que a distorsión informativa tiña a intencionalidade de ofrecer unha imaxe minorizada dunha mobilización masiva, nun intento claro de manipulación que os milleiros de persoas presentes contestaron berrando, durante preto de dez minutos e con notábel indignación, a consigna "Televisión, manipulación", o que provocou que o equipo da TVG abandonase a praza".

Ler e ver máis.
Categoría: Galego - Publicado o 19-10-2009 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Contra vento e marea imos indo

Dicía unha das millas fillas: Papá levamos media hora aquí parados e non para de pasar xente, aínda non se vé o final da manifestación. E iso que a mín pareceume sair case dos últimos.
Gustoume que viran que si hai xente que quere o galego, pois elas viven nun contexto (Pontevedra city), tanto na rúa como na escola, que semella todo o contrario.
Tamén lle dixen, xa verás como moit@s dos que non viñeron dirán que eramos poucos, incluso na tele dirán iso. Nós non entramos na Quintana porque non poidemos, estaba ateigada. A próxima tense que facer na Praza do Obradorio, e coido que teremos o mesmo problema. Xa me gustaría que non tiveramos que manifestarnos por isto!

"Axo" que o borrador do novo decreto estalle tremendo nas mans. Ti que pensas?

Ver fotografías

Moitas máis fotografías

Vídeo da lectura do manifesto.

Discurso IMPECABLE de Xurxo Souto

Vídeo cantando o Himno Galego

Vídeo do discurso de Avelino Pousa Antelo.

Delito de amputación.

Despois da manifestación

Intereconomía.Manipulación sen vergoña.

Vídeo Televisión Manipulación

Contidos dos discursos

Esperanza de cambio. Fermín Bouza

Vídeo "Queremos Galego" definitivo (amplo resumo)

Deixovos tamén a nova da manisfestación na TVG. O "directo" deulles no lombo.




Categoría: Galego - Publicado o 18-10-2009 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
1ª acción Prolingua
Primeira acción da Plataforma Prolingua.

Esta é a primeira acción de ProLingua: levar na lapela da nosa chaqueta o símbolo do noso orgullo de termos unha lingua propia. De desexarmos que prevaleza por mil primaveras máis.

lapela: Levar a insignia co logo de ProLingua significa que non somos dos que negan a nosa lingua, dos que se avergoñan dela e non queren nin escoitala.

Desde a próxima semana os pins de ProLingua pódense encontrar nos seguintes lugares:
Libraría TRAMA de Lugo
Livraría TORGA de Ourense
Libraría NOVA de Ponteareas
Libraría LUME d'A Coruña
Libraría SISARGAS d'A Coruña
TIPO (Comercio de música ) da Rúa López Mora, 47 de Vigo
Moitas grazas a estes colaboradores de ProLiongua.

Seguimos á procura doutros lugares para poder cubrir todo o país.

Categoría: Galego - Publicado o 18-10-2009 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Coa lingua fóra
Hoxe 18 de outubro, as 12,00 h, toca manifestarse en Santiago. Se non podes asistir non deixes de manifestarte asinando aquelas plataformas que apoian ó galego, Queremos Galego, ProlinguaGalego, patrimonio da humanidade,Galego Sempre Máis GGENL (esta última se estás no ensino). Esquece os prexuizos que poidas ter de políticos, de partidos, e pensa só nese sentimento que nos une como pobo.O galego é de todos. Se non o fas, queiras ou non queiras,serás utilizado nas estatísticas dos que lles importa ben pouco o galego. Non cres? Colle a túa lapela e pona no peito.

Categoría: Música da lusofonía - Publicado o 18-10-2009 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0