Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Arandeira, mirtilo


O arando silvestre é o froito do mirtilo ((Vaccinium myrtillus L., Ericàcies). En Portugal chámaselle directamente mirtilo ó froito.
Categoría: Outono - Publicado o 26-01-2010 06:55
# Ligazón permanente a este artigo
As cinco vogais

A famosa escritora Lucía Echevarría, gañadora do premio Planeta no 2004, chegou a comentar nunha entrevista que a única palabra que tiña as cinco vogais en castelán era "murcielago".
Un sorprendido lector, non dubidou en rectificar esta infortunada aseveración, e mandou un escrito ó xornal (ABC), máis ou menos o que vedes na imaxe, pois nalgún bloque cambia o inicio do texto, chamándolle de entrada "confiturera", no canto de "mi querida señora".
Seguro que a "despistada" escritora quedou algo máis que pampa ó ver tanta palabra pentavogálica. Non si?

Se queres ver máis palabras panvogálicas ou pentavogálicas en castelán, 222, clica neste artigo de Victor Carbajo.
Categoría: Curiosidades - Publicado o 26-01-2010 05:28
# Ligazón permanente a este artigo
Amabilingua
Dende logo o efeco Feixoo está sendo abraiante para o coñecemento do inglés. Nunca tal vin tantos chistes na "súa lingua", ou polo menos a que vende. Deixovos un dos últimos que me enviaron.

The Amablingua


Xa viña sendo time de que el new president descubrise the magic solution to the cosa de la lengua no Galician Country.

The solution é o chamado ?castrapo enriquecido?, al que también chaman ?eurocastrapo?, ?triglosia feijooooana?, amablingua , ?galcasinglish? ou, na Galicia Sur, simplemente ?feixoada?.

Basically consiste en ser amables. You are moi amable, in such a way que no ofendas a nobody arround. Because the cosa es no imponer, e se ti escolles one language ?only one, ollo!- ti andas imponiéndote que nin a milk! So, first asunto: amabilidade, gentleness e, especially, never, never, never, mesmo nunca, fales only in the regional idioma.

The second cosa vén sendo a closing down das galescolas, que finally serán substituídas by ?trilingüelas? (not ?bi?, but ?tri?), to properly enseñar the new lengua.


This is, efectivamente, the solution to the cuadratura of the circle: combinar a ?soberanía lingüística? dos pais, with the deber of promoting e facer normal o galego, sin ofender a la lengua de Rosa Díaz, and also co obxectivo de trilingüizar aos nenos and little girls.


So, a nai escolle, e choose o que choose, sempre ficará happy, ya que a súa escolla is included in the eurocastrapo. In fact, this feixoada is the ?tres in one?, very inclusive and amabilismo.


At the same time, the Xunta resolverá o ?problem? educativo, sen que such a thing lle supoña un quebranto presupuestario. Efectivamente, as a matter of fact, o novo language non ten a very precise normas, and predomina a única and conocida only norma do ?tanto ten, ti vai disimulando?, que se complementa coa de ?never rained que non escampara?. Así, the teachers training is going to ser very barrato, barrato, cal carpet of magrebí.

And, by the way, if non caíches na conta, este artículo is the first one written in the new idioma. Buena luck and remember o que di the song: non te warrees, be happy, tra,la,la,la,la,la,la,la?.
Categoría: Humor - Publicado o 25-01-2010 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Que aconteceu o 23 de febreiro?
Xa sei que esta data nos recorda ó fallido intento de golpe de estado, pero aquí eu refírome a outro gran golpe, o que se lle deu despois dese día a lingua galega, cambiando o que se dixo polo que algúns están a dicir agora. Podes consultar no xornal o País o que aconteceu no artigo "Del avance a la imposición.

En menos do que canta un galo, o decreto do galego agora vixente, o 124, pasou de ser un avance a ser unha imposición.

Esta nova tamén a recolle no primeiro destes vídeos Carlos Callón, o representante da Mesa pola Normalización Lingüística.
O resumo é que o 23 de febreiro o noso governo dixo "digo" e despois pasou a dicir "Diego". Para aqueles que non me entendan, este governo insiste que o decreto vixente do galego, o 124, non foi consesuado, e resulta que existen declaracións imaxes onde xa cando practicamente estaba todo pactado, de súpeto, chega unha orde, de Madrid?, de non aprobar o decreto. Sería por iso de dicir non a todo?

Recollemos do artigo a declaración do noso presidente no periódico intereconomía: "Hemos hecho unas bases, un documento abierto, lo contrario que el anterior, que se impuso sin consultar a nadie"

A hemeroteca ten estas cousas. Hai datas que se van converter nun pesadelo, por exemplo esta última do
21 de xaneiro de 2010. Non si?

Os vídeos son do programa O Faladoiro da TVG. No programa tamén se poden ver as posicións sobre as bases do decreto do plurilingüismo das Federacións de ANPAS, tanto concertadas como públicas, da asociación de Galicia Bilingüé, e as da Mesa Pola Normalización Lingüística.


Categoría: Política - Publicado o 24-01-2010 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Festival pola lingua
> PROGRAMA DO FESTIVAL

> 1.- Poemas con Música e Piruletas. Adrián Silva e Jorge Alberte
> (músicos) con Carlos Fontes (poeta):
>
> 2.- Lola Dopico (saúda do Concello) e Xosé Abilleira (saúda por
> Queremos Galego).
>
> 3.- Laura e Marina Quintillán (violinistas e profesoras de
> Conservatorio).
>
> 4.- Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.
>
> 5.- Aíd (rap).
>
> 6.- Quico Dasilva (Descurso de Queremos Galego)
>
> 7.- Vídeo da CIG sobor da manifestación do 18 de outubro.
>
> 8.- MÚSICA TRADICIONAL A CARGO DE TNT, QUEMPALLOU E MARCELO
Categoría: Xeral - Publicado o 23-01-2010 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0