Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Refráns de Outubro
A lúa de outubro a sete cubre, e se chove, nove.
A lúa de Outubro sete lúas cobre, e se chove, cobre nove.
A verdura de San Simón dá pro amo e mais pro ladrón.
A verdura en outono cómea o seu dono.
Áncoras ó fondo, que chega San Simón.
As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son.
As enchentes de San Simón sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os boi
En outubro, a terra esterca e cobre.
En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa.
O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas.
O que deixa a Coresma e as festas de san Lucas, dígao a incrusa.
Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendote.s
Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.
Polo san Lucas mata o teu porco e barra a túa cuba / as túas cubas.
Polo san Lucas saben ben as uvas.
Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas.
Polo san Simón apreta o baldón.
Polo san Simón proba o viño, e o porco polo san Martiño.
Polo San Simón tapa o portelo da sazón, o da resteva non.
Polo san Simón, áncoras ó fondón.
Por San Francisco bota o liño mourisco, se o botas en San Simón nin da estopa nin estopón.
Por san Francisco, risco, risco.Por san Lucas alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas.
Por san Quintín castañas ó rolín.
Por san Simón a xeira do cogordón.
Por San Simón cada moneda vale un doblón.
Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.
Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
Por san Simón o néspero se repón.
Por san Simón, aperta o baldón.
Por San Simón, camiñar si, navegar non.
Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son.
Quen en san Miguel esterca, desde casa rega.
Quen en san Miguel planta, un ano adianta.


Notas sobre os refráns:


San Simón , 28 .
S. Miguel (10).
San Lucas é o 18..
Referido ás mareas vermellas do mexillón, que comezan nestas datas.
San Francisco, 4 de outubro.
"Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez.
Os Remedios, o segundo domingo de outubro; san Roque, o 16 de agosto.
O Pilar, 12 de outubro.
Baldón ou bandón é o tapón de cortiza ou madeira co que se tapa o burato da tapa superior dos bocois.
San Xudas, 28 de outubro.
San Quintín, 31 de outubro.
Categoría: Ditos, refráns, enredos .. - Publicado o 13-10-2010 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0