As formas non serven de nada coa mentira como aliada. Porque a verdade ?concreta? é, sinxelamente que o decreto do plurilingüismo fai fraco favor ao plurilingüismo, relegando a lingua galega a unha posición de marxinalidade e guetto. Verdade ?concreta?é, tamén, que a legalidade de tal decreto é ilegal e inxusta. Verdade ?concreta? é, si, que este decreto é un acto de incívica imposición. E verdade ?concreta? é, por suposto, que o uso da desobediencia civil por parte dos profesores que fan obxección de conciencia a este decreto, é moralmente lexítimo. Punto, e seguido...