Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Eu camiño pola lingua. E ti?


Baixo o lema Eu camiño pola LINGUA, e ti? a plataforma QUEREMOS GALEGO! de Ourense, a Asociación Xuvenil Amencer e a Concellaría de Voluntariado do Concello de Ourense organizan un Camiño de Santiago de reivindicación e fomento do galego.
Este é o texto explicativo da actividade:

Somos un grupo de persoas de todas as idades, profesións, intereses, afeccións? que temos unha cousa en común: queremos galego nas aulas, na administración, nas empresas, nos xulgados, nos medios de comunicación; cos pais, cos fillos, cos amigos, cos compañeiros de traballo; para vivir, para sentir, para soñar?
E, neste ano xacobeo, tamén queremos que o galego estea no Camiño de Santiago. Por este motivo imos facer o Camiño pola lingua.
Acompáñanos. Camiñaremos pola Vía da Prata, ruta mozárabe, os días 10, 17, 24 e 31 de outubro. Se non podes vir ás catro xornadas apúntate para as que poidas.
Ao rematar cada etapa plantaremos unha árbore cunha mensaxe que sexa testemuño da nosa peregrinaxe e leremos un manifesto en catro partes, que se completará ao chegar a Compostela.

Primeira etapa. Domingo 10 de outubro
Ourense-Tamallancos-Cea. 24 km (aprox.)
Saímos camiñando ás 8:00 da mañá da parada de autobuses do Parque de San Lázaro de Ourense. Ao chegar xantaremos en Cea e, arredor das 17:00 h, un autobús traeranos de volta a Ourense.

Segunda etapa. Domingo 17 de outubro
Cea-Castro Dozón-Botos (Lalín). 26 km (aprox.)
Un autobús sae ás 8:00 da parada de autobuses do Parque de San Lázaro (Ourense) para levarnos a Cea. Desde alí, continuaremos o camiño ata chegar a Lalín. Ao rematar de xantar volvemos a Ourense en autobús.

Terceira etapa. Domingo 24 de outubro
Lalín-Silleda-Bandeira-Ponte Ulla. 24 km (aprox.)
Un autobús sae ás 8:00 da parada de autobuses do Parque de San Lázaro (Ourense) para levarnos a Lalín e, ao rematar o xantar, recolleranos en Ponte Ulla para volver a Ourense.

Cuarta etapa. Domingo 31 de outubro
Ponte Ulla-Lestedo-Santiago. 24 km (aprox.)
O autobús que nos levará a Ponte Ulla sae ás 8:00 da parada de autobuses do Parque de San Lázaro (Ourense) e, ao xantar, recolleranos en Santiago.

Inscrición
Podes inscribirte para cada etapa ata a mañá do venres anterior a cada unha, nos números de teléfono: 988 218 123 begin_of_the_skype_highlighting 988 218 123 end_of_the_skype_highlighting ou 639 519 242 ou ben na dirección electrónica amencer@amencer.org
O prezo de inscrición son 5 euros e inclúe todas as etapas. Para estudantes e parad@s é de balde.
Trae a túa equipación e o teu xantar e bebida. A equipación axeitada é a seguinte: calzado cómodo (o ideal é de goretex) que non sexa novo (pódese levar calzado de reposto por se manca), dobre calcetín, roupa cómoda, gorra (non viseira), chuvasqueiro por se chove. Nunha mochila pequena cómpre meter o xantar e bebida. Todo isto debe estar dentro dunha bolsa de plástico por se a mochila non é impermeable. Tampouco esquezas a protección para o sol.

Ver nova no bogue Medramos en Galego.

Categoría: Galego - Publicado o 18-09-2010 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0