Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Canción para cantar tódolos días
Hai que defender o idioma como sexa:

con rabia, con furor, a metrallazos.

Hai que defender a fala en loita rexa,

con tanques, aviós i a puñetazos.

Hai que ser duros, peleós, intransixentes

cos que teñen vocación de señoritos,

cos porcos desertores repelentes,

cos cabras, cos castrós e cos cabritos.

Temos que pelexar cos renegados,

cos que intentan borrar a nosa fala.

Temos que loitar cos desleigados

que desexan matala i enterrala.

Seríamos, sin fala, unhos ninguén,

unhas cantas galiñas desprumadas.

Os nosos enemigosa saben ben

que as palabras vencen as espadas.

O idioma somos nós, pobo común,

vencello que nos xungue e ten en pé,

herencia secular de cada un,

fogar no que arde acesa a nos fe.

Hai que loitar, pois, coa deserción,

cos parvos iñorantes burras quentes.

Hai que afirmar a fala con tesón,

defendela con uñas e con dentes?

Hai que darlle ó pobo a súa voz pura.

Quen nos quer sin fala quer matarnos.

¡Hai que defender a fala con mao dura

pois precisamos da fala pra salvarnos!


Manuel María, Canciós do lusco ó fusco (1970)
Categoría: Poesía - Publicado o 30-10-2009 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0