Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Eu quero estar aí!
Un poema, "Eu quero estar aí", dunha amiga, Mariné Corcoba, que busca un oco entre @s escritores para deleitarnos cos seus contos e a súa poesía. Esperemos que teña a sorte de chegar a moita xente para que poidan gozar destas letras que adozan a vida.

Os meus parabéns. É precioso. Eu tamén quero estar aí!

Ver o poema no blogue da editorial Galaxia.





Eu quero estar aí!


Cando o meu canciño viaxe en primeira clase
De Galiza a París

E cando o sol e a tormenta

Fagan xuntos caramelos de menta

E chovan enriba de ti

Cando a avoa baile un tango

E ría de contenta

¡Eu quero estar aí!

Cando o meu amigo chore

e necesite que lle faga rir

¡Eu quero estar aí!

Cando unha meiga sen conto

busque casa para vivir

e escriba cartas ao lobo

Como vai todo por aí?

Cando unha estrela despistada

Pasee sola pola estrada

e confunda a terra co ceo

ao ver a farola iluminada

¡EU QUERO ESTAR AÍ!

Categoría: Poesía - Publicado o 25-09-2009 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0