Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A historia de dous músicos
Chegou a min unha desas moitas presentacións power point que rulan na rede cunha historia real conmovedora. Aquí vola deixo. Axiña lla mando tamén a un compañeiro que colga estas presentacións (en galego) na súa páxina. O enderezo está nos meus recomendados: "PPS en Galego".


"A historia de dous músicos"


Refírese a dous dos tres tenores - Luciano Pavarotti, Plácido Domingo e Xosé Carreras que emocionaron ó mundo cantando xuntos.
Case todo o mundo sabe da rivalidade existente entre os cataláns e os madrileños, xa que os cataláns loitan pola súa autonomía nunha España dominada por Madrid.
Pois ben, Plácido Domingo é madrileño e José Carreras é catalán.
Por cuestións políticas, en 1984, Carreras e Domingo volvéronse inimigos.
Sempre moi solicitados en todas partes do mundo, ámbolos dous facían constar nos seus contratos que só se presentarían en determinado espectáculo se o adversario non fose invitado.
En 1987, a Carreras apareceulle un inimigo moito máis implacable que o seu rival Plácido Domingo.
Sorprendeuno un diagnostico terrible: leucemia!!

A súa loita contra o cángro foi moi sufrida. Someteuse a varios tratamentos ademais do auto-transplante da médula ósea, o cambio de sangue que o obrigaba a viaxar unha vez por mes a Estados Unidos.
Nestas condicións no podía traballar e a pesar de ser dono dunha razoable fortuna, os altos custos das viaxes e do tratamento debilitaron as súas finanzas.
Cando non tivo máis condicións financieiras, tomou coñecemento da existencia dunha fundación en Madrid, cuxa finalidade única era apoiar o tratamento de leucémicos.
Sorprendendo a Plácido nunha das súas presentaciones en Madrid, Carreras interrumpeu o evento e humildemente, axeonllouse ós seus pés, pediulle desculpas e agradeceulle públicamente o que fixo.
Plácido axudouno a levantarse e con unha forte aperta selaron o inicio dunha grande amizade".
Nunha entrevista a Plácido Domingo, a periodista lle preguntaba por que había creado a fundación "Hermosa" nun momento en que, ademais de beneficiar a un ?inimigo", axudara ó único artista que podería facerlle a competencia.
A súa resposta foi curta e definitiva:

"Porque non se pode perder unha voz como esa..."

"Esta é unha historia real da nobreza humana e debería servirnos de inspiración e exemplo"...

Cando vexades unha estrela fugaz
Gárdadea no voso corazón
É o alma de alguén que conseguiu
Dar ós seus o seu amor...

Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 05-09-2009 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0