Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Carta ó senador Juan Juncal
Carta ao senador popular Juan Juncal:
Lida a súa denuncia, nun teletipo de EFE, contra a dirección do CEIP Isaac Peral de Ferrol, creo ter dereito a respostarlla no medio onde a publicou, o Diario de Ferrol:
Por honradez persoal recoñezo que fun eu, como director, quen apoiou ao Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) do centro para que esa información fose enviada ás familias.
O señor Juan Juncal minte, ou non leu ben a información, cando dí: ?al repartir junto a esta un tríptico de A Mesa pola N.L.?. Falso: o tríptico AS LINGUAS SUMAN, foi promovido pola Coordinadora Galega de ENDL, que ademais conta co apoio da ?Área de Normalización Lingüística (NL) da Universidade de Vigo?, do ?Servizo de NL da Universidade da Coruña? e das ?Escolas Católicas Galicia? (entidades nada sospeitosas de ir en contra da legalidade vixente actual).
2ª) Se a información facilitada por nós, procedente desta Coordinadora que nos engloba, incumple algunha Lei que sexa o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia quen dea ou quite a razón pero non vostede senador.
3ª) A día de hoxe ?elegir libremente la educación de sus hijos? referirase a: ensino público, privado concertado, privado sen concertación e se hai algunha máis fágama chegar.
4ª) Respecto de "el único interés de la Xunta es cumplir su promesa y ayudar a que se alcance un consenso político y social que se ha perdido en torno al uso del gallego", pois benvido á causa do consenso. E se teñen que ?cumplir la promesa? que o fagan no Parlamento de Galicia que é onde leis e decretos fanse, modifícarse ou tíranse abaixo.
As linguas todas sen excepción, senador Juncal, son un dos maiores patrimonios da humanidade, que todos deberiamos protexer, coidar e respectar. Cando inda non se tiñan escrito, transmitíronse de pais a fillos; cando foron prohibidas, seguíronse transmitindo de pais a fillos e agora que os tempos permiten que poidamos aprendelas, falar e escribir nelas ¿porque tratar de enfrentar á sociedade con elas: as linguas suman. Sume señor Juncal e non divida.
Se o precisa para seguir denunciando envíolle os máis de 300 correos de xente do ensino de toda Galicia que compartiron o mesmo delito ca nós: ?intentar imponer una opción frente a la libertad de educación que propugna el PP y la Xunta?, según sus palabras.
E de dictarse sentencia se alguén ten disculparse que o faga: e a quen feriu ou inxuriou, no mesmo lugar e polo mesmo xeito de comunicación. Eu o farei se me toca. Tome nota vostede por se a sentencia non lle asistira. E a ferida fíxolla non só á dirección do Isaac Peral e ao Equipo de Normalización, senón a todos, profesores e pais, aos que parece querer levar a unha permanente confrontación.
Atentamente
J. Luís Docampo Amoedo, director do CEIP Isaac Peral de Ferrol
DNI 36010869E
Categoría: Galego - Publicado o 19-06-2009 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0