Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Denuncia peperiana do tríptico do galego
Chegoume a seguinte nova por correo.Non comprobei a veracidade pero non me custa nada crela. Eu xa lle mandei o meu apoio por correo (escrito que hai no remate do artigo).

"Ás compañeiras e compañeiros traballadores do ensino en Galicias.
No centro no que son director, CEIP Isaac Peral de Ferrol, o equipo de Normalización e Dinamización Lingüística decidiu enviar ás nais e pais de alumnas e alumnos (a respecto da consulta sobre a utilización das linguas por parte da Consellería de Educación), a información do tríptico: AS LINGUAS SUMAN, promovida pola Coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que ademais contaba co apoio da ?Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo?, do ?Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña? e das ?Escolas Católicas Galicia?, entidades nada sospeitosas de ir en contra da legalidade vixente e doutro documento, asinado entre outros por A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación de Directores e Directivos de IES, AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega), CIG-Ensino (Confederación Intersindical Galega), Comités, Coordinadora de Equipas de normalizacióon Lingüística de Ferrolterra, Coordindora de Equipas Normalización Lingüística de Compostela, Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra, NEG (Nova Escola Galega), STEG (Sindicato das traballadoras e traballadores do ensino de Galiza). Sinaladas en negriña ás que directamente están relacionadas xeográficamente co CEIP Isaac Peral de Ferrol.
Nestes días tivemos coñecemento directo e indirecto de muitos centros de ensino de toda Galicia que remitiron aos pais do alumnado a mesma ou similar información, sen que iso deba alterar ? o proceso ? de enquisa antedito. Persoalmente non creo que dar información, da que teñen capacidade de ofrecela os equipos de NeDL segundo o ROC (Regulamento Orgánico de Centros, artigo 68) supoña un problema para que como cidadáns libres teñamos unha maior óptica dos temas e logo cadaquen coa súa idea?
Por todo elo e sendo denunciada a dirección do meu centro polo ?senador del Partido Popular Juan Juncal?, é polo que a aqueles que queiran e que o estimen oportuno, manifesten o seu apoio cunha forma moi sinxela, se é do voso agrado:
suscribir enviando un correo ao meu enderezo particular (luisdocampo@edu.xunta.es) co texto que segue a continuación, na páxina 2 (enviade só a páx. 2). É interesante que vaia neste formato porque a mellor opción para non malgastar papel será para mín incluir eu persoalmennte, un tras outro, os escritos de apoio, para enviarllos á Consellería se fora o caso ou a D. Juan Juncal, ou a quen corresponda, por esa vía tan moderna e democrática que é o correo electrónico que ata ten validez sen levar sinatura manifesta (caso de case toda a documentación que nos chegou sobre ?el proceso de consulta?

Xúntovos a nota de denuncia e unha posible resposta persoal a el ou aos medios.
Juncal, 16-06-09 / 16:37 h
(Galicia) POLITICA,PARTIDOS
PP denuncia colegio Ferrol reparte tríptico de A Mesa junto con encuesta
(curiosamente desapareceu o enlace ás 11.50 h. do 16 de xuño)
J. Luis Docampo Amoedo, director do CEIP Isaac Peral de Ferrol "


Eu ???..??????????????????????..???, ???????? (profesor/a, membro dun equipo directivo, claustro, ...) quero manifestar o meu apoio e solidaridade ao equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP Isaac Peral de Ferrol, e ao seu director, ante a denuncia feita polo senador do PP de Ferrol, D. Juan Juncal, por facilitar no seu centro a información do tríptico (que non promoveu nin elaborou A Mesa):
- AS LINGUAS SUMAN, promovida pola Coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, que ademais contaba co apoio da ?Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo?, do ?Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña? e das ?Escolas Católicas Galicia?, entidades nada sospeitosas de ir en contra da legalidade vixente
- - doutro documento, asinado entre outros pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e a Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra,





Asdo.:
Categoría: Galego - Publicado o 18-06-2009 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0