Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xuño, ou mes de San Xoán
Aquí van algúns refráns deste mes de Xuño. Polas Rías Baixas un dos que máis sona é sobre o San Xoán: "En San Xoán a sardiña molla o pan". Que ben dicindo que é cando está máis rica.

Coñeces algún máis?

Auga de San Xoán, nin palla nin gran.
Auga de San Xoán, tolle o viño e non da pan.
Auga en San Xoán, mata o viño e non fai pan.
Dálle coles por San Xoán, a quen queiras de fame matar.
En San Xoán, a fouce na man.
En San Xoán, a sardiña molla o pan.
En San Xoán, a sardiña unta o pan.
En San Xoán, pregunta a vella cando virá o verán.
En xuño co San Xoán, sinal de que empeza o verán.
Fogueira de San Xoán, que non pase cadela nin can.
Mes de San Xoán, mes de fogatas, sardiñas e pan.
No día de San Xoán, baila o sol pola mañá.
No mes de San Xoán, o sol coce o pan.
O día de San Xoán, as fogueiras acesas están.
O peixeiro trae peixes, o panadeiro trae pan, e as trasnadas, San Xoán.
O que aúna en San Xoán, ou é parvo ou non ten pan.
Polo mes de San Xoán, máis queixo que pan.
Polo San Antón, xa a galiña pon.
Polo San Xoán, a fouce na man.
Polo San Xoán, a sardiña molla o pan.
Polo San Xoán, aínda queima o toxal.
Polo San Xoán, andan coas gaitas na man.
Polo San Xoán, as once con día dan.
Polo San Xoán, comeza o verán.
Polo San Xoán, tanto viño coma pan.
Se non tes sardiñas no San Xoán, toma queixo, viño e pan.
Se San Xoán chora, a silveira non da mora.
Categoría: Ditos, refráns, enredos .. - Publicado o 01-06-2009 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0