Non sei como chamarlle, pero paréceme un pouco iluso (
O novo secretario de política lingüística). Tenme pinta de querer ter sona aínda que non sei se se arrepentirá. Será polos cartos ? A quen vai convencer? Xa non quero nin poñerlle a foto no artigo. Teño que recoñecer que deixa ben claro que houbo moitas mentiras na propaganda de GB, nas que agora anda
Maior Oreja intentando sacar partido nas eleccións europeas. Hai que salvar el idioma español! Está en peligro!
Con que tropa nos atopamos!
Deixovos unhas cantas respostas a unhas preguntas que lle fixeron nun
chateo dixital.
Dejará de estar segregado el castellano en la educación?
"O castelán non está segregado da educación."
ACLARE DUNHA VEZ QUE MODELO LINGUISTICO VAN A POÑER EN PRACTICA NA ESO E PRIMARIA. UNHA NAI PREOCUPADA .GRAZAS
"O novo decreto buscará que se coñezan os dous idiomas oficiais de Galicia por igual, e que se acade unha boa competencia nunha lingua estranxeira."
Cal cre que son as eivas do actual Decreto do galego aprobado polo goberno anterior?
"O principal problema é que non está apoiado por todas as forzas políticas."
Coñece algún mozo galego, que estudase aquí, que non manexe perfectamente a lingua española? ¿e en galego?
Non coñezo ningún rapaz(a) galegófono que non saiba falar castelán. Ao revés, si.
Por qué el bloque dice Galiza? Me gustarái conocer si hay alguna razón etimológica, lingüística.
"Historicamente, Galiza é unha forma de amplo uso na documentación medieval. Tamén foi unha forma utilizada desde o século XIX, xunto coa forma Galicia. A forma oficial, recollida na lei de símbolos da comunidade autónoma, é Galicia. Pero a forma Galiza está recoñecida, con pleno valor lingüístico , pola Real Academia Galega desde 2003. "
Cree con sinceridade que o castelán está en peligro en Galicia?
"Non."
----------------------------------------------
Que conclusións sacades vos?
Agora van ser máis galeguistas co Papa. Éche moi aghudo este Anxo. Con quen está? Seica o problema do decreto foi que non o aprobara o PP, pero por que non o aprobaron eles tamén? Pois polo do non a todo, e tamén porque tiñan medo que o Galego se recuperara algo do descalabro dos últimos anos. Que é o que ten de malo o decreto? Iso non sabe contestalo.