Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Utilidade do Galego

Se entras na ligazón que tes abaixo (ogalegoeutil) atoparás moitos manifestos de xente, sobre todo da que está fora do noso país, que conta a súa experiencia da utilidade do galego noutros paises. Hoxe en día, hai moitos rapaces galegos que xa están a ser "analfabetos funcionais" incluso en galego. Se non potenciamos a nosa lingua, estaremos, aparte doutras cousas, algo máis coxos no mundo.
As cifras cantan:

Brasil: 200.000.000 de habitantes.
Portugal: 12.000.000 "
Angola: 11.000.000 "
Moçambique: 21.000.000 "


Artigo orixinal:
http://ogalegoeutil.wordpress.com/


"Isto que estás a ler é un manifesto espontáneo, vivo, interactivo, libre de ideoloxía e afiliación política, co que os abaixo asinantes pretendemos, desde a nosa humilde experiencia no estranxeiro, desmentir o mito de que ?o galego non vale para nada? ou ?só serve dentro de Galicia?.

Todos os idiomas valen e para moito.

A nós, o galego foinos útil e segue séndonos útil nas nosas vidas e aventuras polo mundo adiante:

1. O galego facilitounos a aprendizaxe doutros idiomas: fíxonos máis sinxela a comprensión oral e escrita doutras línguas, axudounos a identificar e pronunciar noutros idiomas sons que non existen en castelán e facilitounos a aprendizaxe de novas estruturas gramaticáis.
2. A capacidade de falar galego fixo posible que nos comunicáramos con cidadáns de Portugal e Brasil (entre outras nacións posibles, que xuntas suman unha poboación de arredor de 200 millóns de persoas).
3. No estranxeiro, o feito de falar galego e polo tanto comprender o portugués deunos unha vantaxe competitiva frente a outros traballadores, xa que a nivel internacional o coñecemento de idiomas sempre é un bonus, sexa a industria que sexa.

Por estas tres razóns prácticas, concluímos, sen ningún tipo de dúbida, que o galego tamén é útil fóra de Galicia. Que non che quenten a cabeza dicindo que non."

Londres, 1 de abril de 2009

Queres asinar o manifesto? Entón envíanos unha mensaxe indicando o teu nome e se podes engade tamén a túa testemuña.

Outras ligazóns de interese, no artigo na prensa de Vieiros.


A nova na "Coz de Galicia"
Categoría: Galego - Publicado o 09-04-2009 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0